O destripador de Nova York
21 Marzo 2006
Antes de nada decir que este é o meu primeiro achegamento ó cinema de Lucio Fulci e que no me impresionou tanto coma esperaba (cousa que si fixo esta fin de semana Nova York baixo o terror dos zombis)
Nun visionado rápido e superficial O destripador de Nova York pode parecer un filme de detective vs. asasino en serie máis. Pero visto o visto Fulci non gusta de facer filmes do montón e por iso vai un paso máis aló en cada un das súas propostas.
Fulci investiga en cada escea os múltiples ángulos desde os que pode ser vista a acción (así podemos ver rostros reflectidos en pomos de portas e outras localizacións imposibeis). Non se conforma con darnos a entender o que fai o asasino senon que nos amosa como se recrea e mutila, coa precisión dun cirurxán, a cada unha das súas víctimas. Primeiros planos, litros de sangue, pel cortada e arrincada e berros, moitos berros.
Todo esto adornado con belas mulleres, un ambiente opresivo no que calquera pode ser culpábel, todo arrodeado de sordidez, desnudos e continuas connotacións sexuais.
Pero sen dúbida o que máis me incomoda, o que máis me pon dos nervios, é ese asasino falando como un pato. Eso si que é unha xenialidade (bizarra, pero xenialidade). Engado un novo terror á miña lista. Se de primeiro o que máis medo dá son os nenos de segundo están a xente que fala como os patos.
Un filme para pasar un rato pero que despois deixará no espectador un non sei que, un aquel, algo raro, un recelo ante os demáis, porque as imaxes de Fulci e a súa forma de contar historias está feito para non deixar indiferente a ninguén.
Ifrit

O pasado 13 de Marzo foi o 10 aniversario do pasamento do director italiano Lucio Fulci e esta entrada tiña que ter saido daquela, que foi cando se celebrou en Bizacoras esta data, pero o pésimo funcionamento de bitacoras.com nestes días non o fixo posíbel.
Critica de O destripador de Nova York El destripador de Nueva York, The New York Ripper, Lo Squartatore di New York
21 Marzo 2006 ás 5:28 am
Vaia peliculas que miras !.
Iso, que pasaba por aqui para agradecer o teu comentario no meu blogo.
Gracias.
22 Marzo 2006 ás 9:01 pm
Como non podo comentar en Chuza!, fágoo aquí aínda que non veña a conta da peli:
Parabéns pola traducción do 23hq e adiante no camiño de normalización da nosa língua.
Ingles, Danés, Chino, GALEGO, Ruso e Español. ¡Aí queda iso!
Bo traballo e, de novo, parabéns
22 Marzo 2006 ás 9:36 pm
Gracias, o servizo é moi bo e pagou a pena face-lo traballo. De feito fomo-los primeiros en remata-la traducción


Por se alguén inda non sabe de que estamos falando visitade http://www.23hq.com , un servizo para compartir fotos que foi traducido ó galego
Fidalgo, para poder comentar en Chuza! tes que rexistrarte, é moi sinxelo e rápido
22 Marzo 2006 ás 9:38 pm
E se ainda queda alguén que non sabe que é Chuza! visitade http://www.chuza.org , un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor.
Todos a chuzar!!!
24 Marzo 2006 ás 8:38 pm
Moi boas:
Non sei cómo anda o tema por ahí, pero en Brasil o asunto de Chuck Norris é un fenómeno (axudado por outro ídem, o Orkut).
Por certo, Ifrit, vostede que lle da un pouco a todo: sabe dalgún comic manga erótico que poida consultar na rede?
Gosto do xénero pero nunca profundicei. Nen, a verdade, superficialicei.
Gracias por todo e unha aperta,
Matías Bruñulf
24 Marzo 2006 ás 8:47 pm
O Orkut aquí foi un fenómeno só entre os geeks…
Noutro dos fenómenos geeks do momento (meneame.org) saíu fai pouco esta páxina http://www.etoons.org/site_v1.0/frame_etoons.html Coido que tes para profundizar dabondo
Por certo non deixe de visitar o menéame galego , Chuza! (chuza.org)
Unha aperta
13 Abril 2006 ás 2:54 pm
http://vors.info