"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Abril, 2006


Unha vez máis a Televisión de Galicia sorprendeunos cun ciclo de películas sobre un mesmo actor (ainda que este ciclo xa é unha repetición), sendo neste caso o de Louis de Funès.

Concretamente o ciclo baséase no feixe de películas que este actor cómico francés fixo sobre a xendarmería francesa na tranquila e turística vila de Saint-Tropez, lugar de aventuras e desventuras deste pobre xendarme.

As películas emitidas foron:

Non vou esfarelar película a película, posto que levaría demasiado tempo e moito espazo facelo, e un é traballador pero non tanto. Simplemente dicir que as máis características son as catro primeiras películas, posto que manteñen a prácticamente todolos personaxes con excepción da última, na cal a filla de Cruchot xa non aparece. Nas dúas últimas entregas xa desaparecen certas personaxes sendo sustituidas por outras que particularmente non encaixan de todo ben.

En canto ás películas, que se pode dicir. Unha serie de películas para que Louis de Funès saque o seu mellor repertorio, ante o cal o espectador só pode facer unha cousa, rir ou aburrirse. Xa que tendo en conta que isto foi un ciclo de cine francés o mellor a alguen non lle gusta, para gustos son cores.

So dicir que eu rin ata non poder máis, por iso o meu aplauso para a Televisión de Galicia por este ciclo cultural de cine francés ofrecido ó publico.

Inversorr,
asasino da ortografía, e mercenario da gramática

Louis de Funès era medio galego, xa que a súa nai, Leonor Soto Reguera, era de Ortigueira. O seu pai, avogado de profesión, Carlos Luis de Funes y de Galarza, era andaluz.
Crítica do Ciclo «O Xendarme»

Comando G


Boas de novo, aquí outra vez, facendo unha critica. Antes de nada, teño que maldecir moi profundamente ós centros comerciais (sobre todo a lugares coma Alcampo ou Hipercor) por poñer á venda certos artículos. Como dicilo. Certo día paseaba eu tranquilamente mirando uns discos de música cando no apartado de DVD vin o que vin, a serie completa de Comando G. Foi irresistible. Collela e pasar por caixa.

Eu persoalmente no recordaba nada desta serie, e iso que son o máis vello deste grupiño (quen me chame avó córtolle o carallo. Literalmente). E ó ve-la serie soamente puiden facer unha cousa, disfrutar coma un neno cun xoguete novo. E a serie non é que teña moito máis que cinco mozos con poderes especiais.

Comando G! Tiny, Keyop, Jason, Mark e Princesa, cinco valentes mozos orfos con poderes especiais, encargados dunha importante misión: protexernos dos constantes ataques alieníxenas de Spectra, un planeta que esgotou os seus recursos naturais e pretende invadir a terra e outros planetas da Federación Intergaláctica. Por iso, o Xefe Supremo de Spectra e o seu lugartenente Zoltar envian continuos ataques con monstruosos inxenios mecánicos, destruindo todo ó seu paso.
Ás ordes do profesor Anderson, xefe de seguridade da Federación Intergaláctica e baixo a vixiancia constante do robot Zark-7 e mailo seu fiel can mecánico Roberto-1 dende o centro Neptuno, os protagonistas combatirán ós invasores de Spectra unha e outra vez.
Comando G!!, sempre cinco, actuando coma un. Entregados, inseparables, invencibles.

Particularmente creo que o verdadeiro heroe é o robot Zark-7, que coma robot que é sabeo todo, ten solucións para todo, etc. En fin, que sen el o Comando G estaría perdido en máis dunha ocasión.

Por certo unha das cousas que me matan, literalmente (sic), son eses pantalóns de campá totalmente sesenteros (dende o punto de vista actual claro esta).

Inversorr,
asasino da ortografía, e mercenario da gramática

Crítica de Comando G

Initial-D. A película


Para aqueles que non o coñezan, Initial D é un manga ambientado no mundo das carreiras clandestinas nos pasos de montañas xaponeses, e tanto éxito tivo, que a súa versión en anime non tardou en chegar, e a partires de ahí, a película.

O protagonista da historia, en tóda-las súas versións, é Takumi, un mozo de instituto un tanto aparvado, que para sorpresa dos seus amigos, todos eles pilotos, resulta ser un conductor excepcional, capaz de sacar o máximo rendemento do seu vello coche, sendo quen de deixar atrás a máquinas moito máis potentes e modernas. Pero claro, cando levas repartindo tofu por esas mesmas estradas dende os trece anos, é facil que lle teñas collido o truco….

Por desgracia para todo-los que vimos e nos viciamos da serie, a película, feita en Taiwan, non respecta a metade dos personaxes, cambiándolle-los nomes, a relación entre eles, o carácter, etc, e simplemente ignora a outros, polo que perde parte do seu atractivo, e o puco que mantén débello a que reproduce moi fielmente os escenarios e os coches. Por todo o demáis poderían ter collido outro título e ninguén relacionaría este crime ca serie orixinal.

En todo caso sempre podemos optar por un «visionado selectivo” da película, saltando de carreira en carreira, que é o único interesante da cinta, e menos mal que están ben feitas, con algún plano interesante.

Resumindo, na Escala Godzilla de Interés Friki: un 6, e gracias ás carreiras, que se non…

Godzilla-sama

Crítica de Initial-D

Unha historia chinesa de pantasmas


Un mozo recadador de impostor chega a unha vila para cumprir co seu traballo, pero ninguén lle quere dar aloxamento, por iso remata pasando a noite nun templo abandonado, no que coñece a un estraño monxe taoísta, e cae namorado dunha misteriosa moza, que resulta ser unha pantasma que fai ás veces de cebo para un espírito maligno e que se alimenta da forza vital dos homes

Este é o argumento de Unha historia chinesa de pantasmas, unha película made in Hong Kong de finais dos oitenta, producida por Tsui Hark, e con máis directores de artes marciais que artísticos ou de fotografía, e non teño moi claro por que, que escenas de acción non hai moitas.

Así temos unha fermosa historia de amor, con seres e poderes sobrenaturais, maxia chinesa desa que se fai lanzando pergamiños co feitizo escrito, e todo metido no medio con escenas case cómicas, ou sen case, protagonizadas nas máis das veces polo parvo do recadador.

Hoxe en día, dende logo, non é que chame a atención polos seus efectos, nin pola historia nin por nada, pero é unha boa “comedia de acción”, que xa vira de pequeno, e que non puiden resistir cando a vin na estantería dos DVDs.

Puntuación na Escala Godzilla de Interés Friki: 7´5, porque ten o xusto de aire clásico, o xusto de boa película, e o xusto de mito persoal da infancia.

Godzilla-sama

¿Teremos cumprida crítica da segunda e da terceira parte? ¿E da versión animada? ¿E da versión erótica?
Crítica de Unha historia chinesa de pantasmas Una historia china de fantasmas A Chinese Ghost Story Sinnui yauwan

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.