Unha historia chinesa de pantasmas

16 Abril 2006


Un mozo recadador de impostor chega a unha vila para cumprir co seu traballo, pero ninguén lle quere dar aloxamento, por iso remata pasando a noite nun templo abandonado, no que coñece a un estraño monxe taoísta, e cae namorado dunha misteriosa moza, que resulta ser unha pantasma que fai ás veces de cebo para un espírito maligno e que se alimenta da forza vital dos homes

Este é o argumento de Unha historia chinesa de pantasmas, unha película made in Hong Kong de finais dos oitenta, producida por Tsui Hark, e con máis directores de artes marciais que artísticos ou de fotografía, e non teño moi claro por que, que escenas de acción non hai moitas.

Así temos unha fermosa historia de amor, con seres e poderes sobrenaturais, maxia chinesa desa que se fai lanzando pergamiños co feitizo escrito, e todo metido no medio con escenas case cómicas, ou sen case, protagonizadas nas máis das veces polo parvo do recadador.

Hoxe en día, dende logo, non é que chame a atención polos seus efectos, nin pola historia nin por nada, pero é unha boa “comedia de acción”, que xa vira de pequeno, e que non puiden resistir cando a vin na estantería dos DVDs.

Puntuación na Escala Godzilla de Interés Friki: 7´5, porque ten o xusto de aire clásico, o xusto de boa película, e o xusto de mito persoal da infancia.

Godzilla-sama

¿Teremos cumprida crítica da segunda e da terceira parte? ¿E da versión animada? ¿E da versión erótica?
Crítica de Unha historia chinesa de pantasmas Una historia china de fantasmas A Chinese Ghost Story Sinnui yauwan

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image