"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xuño, 2006


Os remakes fannos recorda-los clásicos (que en moitos casos non coñecemos). Neste caso unha nova versión do clásico de 1973 The wicker man (O home de vimbio). Unha impactante película dun policia que investiga a desaparición dunha nena nunha illa escocesa na que ainda se celebran oscuros ritos celtas.

Esta nova versión está dirixida por Neil LaBute e conta no seu reparto con Nicolas Cage, Ellen Burstyn, Leelee Sobieski e Molly Parker.

Aquí van unhas fotos.

A estrea no grande-imperial o 1 de setembro.

Vía Rotten Tomatoes (nova), JoBlo (imaxes)

Spielberg en World of Warcraft

Inventar un rumor é ben sinxelo. E este di que Steven Spielberg dirixirá a adaptación do xogo en internet de estratexia World of Warcraft.

Do millón de rumores que inventan algún chegará a ser verdade.

Vía Cinema Blend

Magnum P.I.

O proxecto de levar a serie Magnum P.I. á pantalla grande está botando a andar. De momento empezan os rumores sobre os actores que poderían interpretar a Thomas Magnum, interpretado na serie por Tom Selleck.

Os actores dos que se fala en principio son ben distintos: George Clooney e Ben Affleck.

De momento non se sabe nada de quenes interpretarán a TC, Rick ou a Higgins.

“Oh, meu Deus!”

Vía Cinema Blend


Fearless é o derradeiro traballo de Jet Li no mundiño das artes marciais e o cine de acción, ou alomenos iso dixo él. Así que un agarda unha boa ración de elegantes coreografías destroza-extras dos creadores de Tigre e Dragón e Hero. Así que ademáis do anterior comezas a imaxinar grandiosos escenarios, unha fermosa fotografía e un lixeiro tono épico-melancólico propio das grandes historias, ese ritmo capaz de levarte tranquilamente cara un estado anímico sensible e emocionado. E o resultado final é: decepción.

Non digo que a película estea mal, non digo que non sexa un traballo digno de culmina-la carreira dun gran actor de artes marciais. O que estou a decir, sinxelamente, é que eu saín decepcionado do cine. Por suposto, na parte das artes marciais non hai discusión algunha, son impresionantes, con ese estilo marcado, propio do cinema de Hong Kong, pero nalgunha das esceas resulta demasiado obvio o auxilio do ordenador na destrucción do entorno (perde absolutamente en comparación ca pelexa no restaurante de Tigre e Dragón). No apartado da historia temos unha personaxe principal que en principio fai pensar que están a conta-lo punto de vista do malo (algo que tampouco estaría mal), pero que por suposto recapacita e cambia de actitude despois dunha traxedia (efecto Darth Vader, agora estou no lado escuro, agora non). E no que se refire á fotografía, moito poderían ter aplicado de Tigre e Dragón e Hero, porque aquí non temos esas grandes paisaxes, sempre tan acordes co estado anímico da personaxe ou tan evocadoras de lugares remotos e fantásticos, aquí o que temos é máis efectos dixitais (vale que recrea-lo Pekín de primeiros de século ía ser complicado, pero as maquetas seguen a ser unha grande axuda).

E por suposto, queda o gran lastre da película; cando outras obras levan unha certa carga filosófica, máis ou menos adaptada ó público occidental, ou dan unha gran importancia ó mundo sentimental dos protagonistas, esta cinta o que parece levar é un ladrillo ideolóxico dictado pola dirección do partido, ó mellor ca intención de reforza-los sentimentos nacionalistas da diáspora chinesa, e que deixa bastante claro que os únicos cos que se poderían entender serían os xaponeses (xa discutimos dabondo po-las Memorias dunha geisha, agora ímonos levar ben).

En fin, unha película que prometía moito, que tiña moitas posibilidades, pero coa que non cheguei a conectar, non é que me aburrira de todo, pero dende logo, non foi das mellares que teña visto últimamente, e iso, para tratarse da despedida de Jet Li, resulta decepcionante (case diría que me entretivo máis O Único). Para moi fanáticos sempre queda a opción de vela saltando as esceas de non-acción, ou non, ó mellor vos gusta, eu só estou a da-la miña opinión, vos veredes.

Vémonos nos cines.

Godzilla sama
Crítica de Fearless Huo Yuan Jia Fok Yuen Gaap Legend of a fighter

O resto da serie non está tan mal

Un par de cartaces novos

Para todos aqueles que andan un pouco despistados ou non miran máis páxina de cinema que esta (algún haberá) aquí traemos un par de cartaces noviños do trinque (ou case)


O primeiro un ‘pastelazo’ da nova película de Superman, Superman Returns.

E de segundo un teaser póster da agardada (?) película en imaxe real dos Transformers.

Teaser trailer de Superman Returns, Teaser trailer de Superman Returns (fake), Superman voando, Lois Lane en Superman Returns, Novas imaxes de Superman Returns, Mallas azuis, Superman Returns

Transformers

Zombis e baseball


As primeira imaxes de Battlefield Baseball (a.k.a. Battlefield Stadium) son un resumo do que imos ver neste filme xaponés: baseball, explosións e zombis.

Inda que despois de botarlle un ollo ó trailer poida semellar que estamos diante da versión en baseball de Shaolin Soccer, nada máis alonxado da realidade.

Facer unha comedia pode parecer unha cousa sinxela, pero non chega con misturar zombis, baseball e humor desquiciado de calquera maneira. E Battlefield Stadium faia en xunta-los ingredientes.

Que de que vai? Pois dun equipo xaponés de baseball de instituto, un xogador estrela cun tiro tan forte que pode matar, un equipo de zombis malos malosos, pero uns peores que outros, todos morren, todos resucitan, os malos únense ós bos para vencer ós peores e todo regado con situacións ridículas, disfraces, cancións, flashbacks lacrimóxenos e xaponeses facendo caras.

Vamos, que a peli é mala. E recordade que non me disgustou de todo Vulcano High School.

Ifrit
Crítica de Battlefield Stadium Battlefield Baseball Jigoku kôshien

Santo en la venganza de la momia


Unha vez máis o mundo divídese en dous, os que viron unha película de Santo e os que non. As súas películas son das que fan pensar e replantexar a túa vida. Nada volve se-lo mesmo despois de semellante experiencia.

El Santo, El Enmascarado de Plata, é unha lenda da loita libre mexicana que estendeu a súa presenza ó cinema dando lugar a disparatadas películas que do despropósito que son dan a volta e chegaron a converterse en verdadeiras perlas pop dun puño (do puño de El Santo, claro)

O filme comeza cun combate entre El Santo e El Rebelde Rojo contra unha parella de loitadores italianos que lle queren arrebata-lo título e ó mesmo tempo desenmascaralo para ve-la súa identidade. Golpes imposibeis, chaves de imaxinativos nomes, un público de quince persoas que fai por un estadio ateigado, un cento de veces a piques de ser derrotado sen escapatoria… pero El Santo nunca perde. Todo isto en a penas (!) quince minutos.

Despois disto queda demostrado que El Santo é unh grande loitador querido po-lo pobo, así que quen mellor (?) que el para protexer unha expedición ó máis profundo da selva mexicana en busca dun tesouro. E así temos montada unha grandísima expedición á que non lle falta de nada. A saber: un profesor tolo, afoutos aventureiros, un cociñeiro de alta cociña, “belas” mulleres, porteadores a esgalla e, como non, El Santo.

A selva é inexpugnábel, pero ten unha estrada que os leva ata unha aldea onde intimida a un velloco para que el e o seu neto de oito anos lles fagan de guías (O peiteado deo rapaz é do melloriño) E así, a pesar do medos atávicos de guías e porteadores, chegan a unha paraxe paradisíaca cas súas pedras de cartón pedra, o seu lago-piscina e demáis.

Xusto ó lado atópanse as ruínas aztecas e a tumba do sacerdote sobor do cal existe unha maldición para os que ousen profanar a súa soterrada e perfectamente iluminada momia. E aquí comeza o desastre. E non vou contar moito máis. A momia empeza a matar a todo ‘quisqui’ cunhas técnicas abraiantes, unha mobilidade de quedar pampo e uns efectos… bueno, efectos. O final é claro e meridiano, pero tampouco o vou contar.

En definitiva. Santo en la venganza de la momia é un filme para disfrutar o lado máis bizarro da vida, cuns diálogos sen sentido ningún, un despregue técnico cutre cutre (como mostra dicir que un dos cambios de escena máis usado é o de mover rapidamente a cámara cara un lado e que disfrutado a cámara lenta amósanos parte do equipo técnico e do estudo de gravación), uns personaxes e unhas actuacións de Goya. Vamos, unha historia cos ingredientes que triunfan nas superproducións de hoxe.

Altamente recomendábel. Na lista de pendentes agárdanos Santo y Blue Demon contra Drácula y el Hombre Lobo.

Ifrit

Crítica de Santo en la venganza de la momia


Cando descubres que o teu mellor amigo é un extraterrestre, e que todo o teu planeta vai desaparecer para deixar sitio a unha nova autoestrada, deixa de parecer importante que a túa casa estea no medio do futuro trazado dunha vía de circunvalación, ¿verdade?.

Pois isto é o que lle pasa a Arthur, un tranquilo veciño do rural inglés, que de súpeto atópase perdido nunha galaxia da que non coñece nada, a bordo dunha nave dirixida por un “motor de improbabilidade”, acompañado do seu amigo extraterrestre, a moza que pasou del nunha festa, o tipo co que marchou esta, o Presidente Galáctico Zaphod Beeblebrox, un tipo con moito estilo e un peculliar problema de personalidade, ademáis de Marvin, un androide depresivo (con voz de Alan Rickman na súa versión orixinal – im-prezionante-), mentras fuxen dos Volgon, crueis e pouco amigables burócratas posuidores da terceira peor poesía de todo o universo, na procura do mítico ordenador que lles contará cal é a pregunta definitiva sobre a vida, o universo e sobre todo (a resposta xa a teñen pero non vo-la vou contar).

Sei que a historia parece confusa, que alguén dirá “menuda parvada!”, pero podo decir, sen dúbida nen contemplación, que A Guía do autoestopista galáctico é a película máis divertida que teño visto en moito, moito tempo. Dende o seu principio, cun marabilloso tema musical a cargo dun coro de golfiños, non perde o ritmo de sorpresa e diversión en ningún momento, e cando pensas que xa tes collido o fío da historia, e que a partires de ahí vas adiviñar o que pasa despois, aparece unha nova sorpresa e outra vez a rir.

Absolutamente entretida e alcanza sen problema algún o 9´5 na Escala Godzilla de Interese Friki, e non chega máis arriba por que non presentou debidamente o formulario adecuado por triplicado, para que fose rexeitado, recurrido, aprobado, traspapelado, perdido, volto a atopar, soterrado nunha ‘turbeira’ e reutilizado coma combustible.

Adeus, e gracias polo peixe.

Godzilla-sama

Crítica de A Guía do autoestopista galáctico Guía del autoestopista galáctico The Hitchhiker’s Guide to the Galaxy

Estamos de volta!


A todo o mundo lle vén ben un descanso e iso é o que debeu pensar o Ordenador Central de CINEMA FRIKI que estivo case un mes fora de combate.

E neste mes e pico de inactividade na rede pasaron moitas cousas, pero non imos a resumilas aquí que hai outras páxinas nas que vos informar. O único importante a salientar é que este mes de inactividade foi o que máis visitas recibimos, así que se nos importaran os números deixaríamos de escribir ou falaríamos da WWE (quen sabe, ó mellor un día destes…)

Así que hai que engadir unha nova efeméride a este luns, ademáis de se-lo Día dos namorados no Brasil, o 82º cumpreanos de George Bush, o 41º cumpreanos de Vicky Vette, o 106º aniversario do nacemento de Manuel María e o 3º da morte de Gregory Peck.

E menos ‘rollo’ e máis cinema!

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.