Perigos de recoller un ‘autoestopista’

12 Xuño 2006


Cando descubres que o teu mellor amigo é un extraterrestre, e que todo o teu planeta vai desaparecer para deixar sitio a unha nova autoestrada, deixa de parecer importante que a túa casa estea no medio do futuro trazado dunha vía de circunvalación, ¿verdade?.

Pois isto é o que lle pasa a Arthur, un tranquilo veciño do rural inglés, que de súpeto atópase perdido nunha galaxia da que non coñece nada, a bordo dunha nave dirixida por un “motor de improbabilidade”, acompañado do seu amigo extraterrestre, a moza que pasou del nunha festa, o tipo co que marchou esta, o Presidente Galáctico Zaphod Beeblebrox, un tipo con moito estilo e un peculliar problema de personalidade, ademáis de Marvin, un androide depresivo (con voz de Alan Rickman na súa versión orixinal - im-prezionante-), mentras fuxen dos Volgon, crueis e pouco amigables burócratas posuidores da terceira peor poesía de todo o universo, na procura do mítico ordenador que lles contará cal é a pregunta definitiva sobre a vida, o universo e sobre todo (a resposta xa a teñen pero non vo-la vou contar).

Sei que a historia parece confusa, que alguén dirá “menuda parvada!”, pero podo decir, sen dúbida nen contemplación, que A Guía do autoestopista galáctico é a película máis divertida que teño visto en moito, moito tempo. Dende o seu principio, cun marabilloso tema musical a cargo dun coro de golfiños, non perde o ritmo de sorpresa e diversión en ningún momento, e cando pensas que xa tes collido o fío da historia, e que a partires de ahí vas adiviñar o que pasa despois, aparece unha nova sorpresa e outra vez a rir.

Absolutamente entretida e alcanza sen problema algún o 9´5 na Escala Godzilla de Interese Friki, e non chega máis arriba por que non presentou debidamente o formulario adecuado por triplicado, para que fose rexeitado, recurrido, aprobado, traspapelado, perdido, volto a atopar, soterrado nunha ‘turbeira’ e reutilizado coma combustible.

Adeus, e gracias polo peixe.

Godzilla-sama

Crítica de A Guía do autoestopista galáctico Guía del autoestopista galáctico The Hitchhiker’s Guide to the Galaxy

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

3 respostas a “Perigos de recoller un ‘autoestopista’”

  1. El Vaugan di:

    Gran novela y divertida película.

    Por cierto, un gusto saber de nuevo de vosotros. Nosotros los VideoAreneroS hemos vuelto para quedarnos.

    Un saludo VideoAreniL.

  2. Ghanito di:

    Non esquezades levar a toalla ó sair da casa.

  3. ifrit di:

    O 25 de maio foi o O día da Toalla :D
    http://en.wikipedia.org/wiki/Towel_Day

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image