Zombis e baseball

14 Xuño 2006


As primeira imaxes de Battlefield Baseball (a.k.a. Battlefield Stadium) son un resumo do que imos ver neste filme xaponés: baseball, explosións e zombis.

Inda que despois de botarlle un ollo ó trailer poida semellar que estamos diante da versión en baseball de Shaolin Soccer, nada máis alonxado da realidade.

Facer unha comedia pode parecer unha cousa sinxela, pero non chega con misturar zombis, baseball e humor desquiciado de calquera maneira. E Battlefield Stadium faia en xunta-los ingredientes.

Que de que vai? Pois dun equipo xaponés de baseball de instituto, un xogador estrela cun tiro tan forte que pode matar, un equipo de zombis malos malosos, pero uns peores que outros, todos morren, todos resucitan, os malos únense ós bos para vencer ós peores e todo regado con situacións ridículas, disfraces, cancións, flashbacks lacrimóxenos e xaponeses facendo caras.

Vamos, que a peli é mala. E recordade que non me disgustou de todo Vulcano High School.

Ifrit
Crítica de Battlefield Stadium Battlefield Baseball Jigoku kôshien

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

4 respostas a “Zombis e baseball”

  1. Fagot di:

    Dios!!!! Non sei de onde sacades semellantes cousas :) Cando menos facedes sempre unha exibición de estómago audiovisual que deixa pampo a calquera.

  2. Godzilla Sama di:

    E non sabes ti ata que punto

  3. Fagot di:

    Pobriños, entre esto e a decepción de Fearless debedes de estar todos a pasar unha mala racha ;)
    Por certo que para satisfacción de tódolos frikis xa debe quedar pouco para a estrea de “Scanner Darkly” e de momento o trailer impresiona.

  4. ifrit di:

    Pois parece que inda non hai data de estrea para A Scanner Darkly no Imperio Pequeno… Haberá que seguir agardando…

    E a ver se nos próximos visionados temos máis sorte :D

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image