"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)


Fearless é o derradeiro traballo de Jet Li no mundiño das artes marciais e o cine de acción, ou alomenos iso dixo él. Así que un agarda unha boa ración de elegantes coreografías destroza-extras dos creadores de Tigre e Dragón e Hero. Así que ademáis do anterior comezas a imaxinar grandiosos escenarios, unha fermosa fotografía e un lixeiro tono épico-melancólico propio das grandes historias, ese ritmo capaz de levarte tranquilamente cara un estado anímico sensible e emocionado. E o resultado final é: decepción.

Non digo que a película estea mal, non digo que non sexa un traballo digno de culmina-la carreira dun gran actor de artes marciais. O que estou a decir, sinxelamente, é que eu saín decepcionado do cine. Por suposto, na parte das artes marciais non hai discusión algunha, son impresionantes, con ese estilo marcado, propio do cinema de Hong Kong, pero nalgunha das esceas resulta demasiado obvio o auxilio do ordenador na destrucción do entorno (perde absolutamente en comparación ca pelexa no restaurante de Tigre e Dragón). No apartado da historia temos unha personaxe principal que en principio fai pensar que están a conta-lo punto de vista do malo (algo que tampouco estaría mal), pero que por suposto recapacita e cambia de actitude despois dunha traxedia (efecto Darth Vader, agora estou no lado escuro, agora non). E no que se refire á fotografía, moito poderían ter aplicado de Tigre e Dragón e Hero, porque aquí non temos esas grandes paisaxes, sempre tan acordes co estado anímico da personaxe ou tan evocadoras de lugares remotos e fantásticos, aquí o que temos é máis efectos dixitais (vale que recrea-lo Pekín de primeiros de século ía ser complicado, pero as maquetas seguen a ser unha grande axuda).

E por suposto, queda o gran lastre da película; cando outras obras levan unha certa carga filosófica, máis ou menos adaptada ó público occidental, ou dan unha gran importancia ó mundo sentimental dos protagonistas, esta cinta o que parece levar é un ladrillo ideolóxico dictado pola dirección do partido, ó mellor ca intención de reforza-los sentimentos nacionalistas da diáspora chinesa, e que deixa bastante claro que os únicos cos que se poderían entender serían os xaponeses (xa discutimos dabondo po-las Memorias dunha geisha, agora ímonos levar ben).

En fin, unha película que prometía moito, que tiña moitas posibilidades, pero coa que non cheguei a conectar, non é que me aburrira de todo, pero dende logo, non foi das mellares que teña visto últimamente, e iso, para tratarse da despedida de Jet Li, resulta decepcionante (case diría que me entretivo máis O Único). Para moi fanáticos sempre queda a opción de vela saltando as esceas de non-acción, ou non, ó mellor vos gusta, eu só estou a da-la miña opinión, vos veredes.

Vémonos nos cines.

Godzilla sama
Crítica de Fearless Huo Yuan Jia Fok Yuen Gaap Legend of a fighter

2 Comments

  1. by Don Vitto, on Xuño 24 2006 @ 3:58 a.m.

     

    Que che solten recados ideol

  2. by Don Vitto, on Xuño 24 2006 @ 4:03 a.m.

     

    Por certo, o da foto

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.