
Ouveos (Aullidos en castelán, The Breed no orixinal) é a última producción de Wes Craven. Desta volta será un dos seus pupilos, Nick Mastendrea, o que senta na cadeira de director.

Un grupo de amigos voa ata unha illa deserta para pasa-la fin de semana. Noutros tempos a illa fora ocupada por unha unidade especial de investigación canina. Pronto descubren que este fermoso refuxio convertiuse no seu peor pesadelo.
A que xa vos están entrando as ganas de ir vela de cabeza? Engadide a este subxugante argumento artistas da talla de Michelle Rodríguez, Taryn Manning ou Oliver Hudson e xa tedes unha idea case completa do que vos podedes atopar neste terrorífico filme de terror. Por se ainda non estades convencidos aquí tedes o trailer.

Segundo as notas de prensa o máis salientábel do filme son os cans. Uns cans especiais adiestrados que levaron o maior traballo da rodaxe.
Ouveos é unha película típica de verán adolescente perfecta para ir coa moza e pouco máis.
by Fagot, on agosto 3 2006 @ 7:55 pm
Outro remake?
Non sei se é así, en todo caso vaia mesiños que levamos entre “La niebla”, “la profecía”, “las colinas tienen ojos” etc, etc.
by ifrit, on agosto 3 2006 @ 8:23 pm
Pois non, esta non é un remake…
E das que citas inda se salva Os outeiros teñen ollos
by Fagot, on agosto 4 2006 @ 11:31 am
Eso escoitei, de todas formas estamos chegando a un punto no que aínda que se salven xa se convertiron nunha falta de respeto. É todo un enorme plaxio consentido no que se pagas unha determinada cantidade tes dereito a apropiarte das ideas de outro e facelas propias para a posteridade. A gran cantidade e a desfachatez dalgunhas produccións están facendo que algo a priori tan interesante como a revisión de mitos se convirta nunha estafa consentida polo público que segue a producirlles beneficios a determinados usureiros da arte que mercantilizan productos alleos. En fin, que me quento
by ifrit, on agosto 5 2006 @ 1:43 pm
Estou de acordo contigo. A maioría dos remakes son innecesarios en esencia e en resultado… Ademáis de que a maioría das películas revisadas son relativamente recentes… Máis lles valía facer unhas boas remasterizacións e repoñelas para que todo o mundo as vira como é mandado.
Recomendo ler http://crisei.blogalia.com//historias/42020
by Fagot, on agosto 6 2006 @ 2:55 pm
Moi bo ese blog. Non o coñecía (a dicir verdade non é que coñeza moitos) e entretivenme bastante con algunhas críticas e cos comentarios. Por certo que me pareceu surrealista o club de frikifans que ten Shayamalan pululando por alí, eu pensaba que a situación non era tan grave.
by ifrit, on agosto 6 2006 @ 4:30 pm
Por se alguén non sabe quen é Rafael Marín http://es.wikipedia.org/wiki/Rafael_Mar%C3%ADn