Canto dano fixo Initial D nas nosas novas e fráxiles mentes
29 Xullo 2006
Cando un pensa en facer unha crítica deste tipo de películas, o primeiro que pensa é en non repetir demasiadas veces o término “atroz”, para que non perda forza nin significado, pero claro, quedamos sen sinónimos igual de contundentes e expresivos.
Pero vaiamos por partes, antes de entrar no cine xa tiñamos claro que iamos ver unha película con máis testosterona ca Floyd Landis, e por se quedaba algunha dúbida, a gran cantidade de malotes na cola e na sala é máis ca suficiente para despexalas, esperemos que ningún deles copie as maneiras dos protagonistas.
Dentro de The Fast and The Furious 3. A Todo Gas. Tokyo Race, hai tres partes que debemos diferenciar claramente:
- 1. Argumento: prácticamente inexistente e apenas relevante, non é mais ca unha excusa para pasar ás outras dúas partes
2. Mozas: Por suposto, tan neumáticas coma os propios coches, con pouca roupa e axustada, é decir, ensinando cacha, tal e como lle gustan a Shin-chan e a nós.
3. Bugas: moitos, variados e tuneados ate o inferno, alomenos no que a pintura se refire, porque desta xa pasan de dar as poucas explicacións que aparecían na primeira parte sobre mecánica.
Sobre o que constitúe a parte principal da película, as carreiras en sí mesmas, tampouco é que engada gran cousa, a verdade é que a montaxe, intentando ser espectacular, non chega a máis que mareante, e contínuamente da a impresión de estar no medio dun accidente, así que cando chega o accidente de verdade, apenas percibes a diferencia, salvo algún plano a cámara lenta intercalado.
En canto a actuacións, non hai moito que decir, por non decir que os cameos fan olvidar por completo ós protagonistas, ese Sonny Chiba, ou o gran Keiichi Tsuchiya, o verdadeiro e único Rei do Derrape, nunha aparición que os máis fans deste mundiño, e de certa serie de anime, deberían recoñecer, por non falar da gran sorpresa final, que por suposto, non vou desvelar aquí, teredes que sufrir toda a película para velo.
En fin, unha pequena obra de entretemento, que pasará sen pena nin gloria pola nosa carteleira, e que só deixa unha reflexión neste pouco humilde crítico: “canto dano fixo Initial D nas nosas novas e fráxiles mentes”, quen poida entender, que entenda.
Godzilla-sama
2 Agosto 2006 ás 11:26 pm
Pois eu son masoca e teño gañas de vela…
(¿Ou era Cars?)
2 Agosto 2006 ás 11:27 pm
Non damos feito bo de ti…
3 Agosto 2006 ás 8:37 am
Se resulta inevitable que a vexas, alomenos agarda a que saia en DVD, e a ser posible pirateada (comentario válido pra ás dúas opcións, coa colaboración do comité mundial antidisney)
3 Agosto 2006 ás 7:52 pm
Entre esto e bombardeos varios, a gasolina non para de subir.
Habería que poñer multas serias por despilfarrar recursos e por atentar contra a cultura universal.