O Jackie Chan xaponés

21 Agosto 2006


Pouco pódese dicir de City Hunter para a xente que xa a viu. Póde ser unha obra mestra dentro da filmografía de Jackie Chan ou quedar esquecida dentro do seu gran repertorio.

O filme segue o mesmo guión de tódalas súas películas. Espectaculares coreagrafías marcadas cun humor san e entretido. A diferencia é, que esta vez, Jackie métese no papel do detective xaponés de City Hunter, polo que ten que pasar á grande pantalla todas esas animacións do manga e da serie de animación. Polo que a min respecta, isto converte as actuacións dos personaxes demasiado esaxeradas e ás veces ridículas, pero tamén, un se vai acostumando según transcorre a acción.

Polo demáis todo ten un aire manga. Dende os martelos de 5 Ton. ata a ansia do personaxe polas mulleres guapas e unha fame interminable. Entre todo cabe destacar a mítica secuencia dos combates de Street Fighter (¡Aprende Van Damme!), o xogador-lanzador de naipes en plan Gambito e o grupo musical co seu tema tan… “impactante”.

Un filme máis do incombustible Jackie Chan, que espero que siga na mesma liña e que nos poida dar ese tipo de películas que nunca gañarán un Oscar, pero que tanto nos gustan.

Diefer Casan

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image