"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Setembro, 2006

Luc Besson di au revoir!


O director e productor cinematográfico fráncés Luc Besson anunciou que deixa a dirección co seu décimo filme, Arthur et les minimoys, que se estreará o vindeiro decembro, para ter tempo de axudar ós demáis.

O autor de Nikita (1990), O quinto elemento (1997) e Xoana de Arco (1999) aproveitou unha entrevista para indicar que ten intención de crear unha fundación para os mozos que viven nos arrabais das cidades francesas.

O cineasta iniciou a súa andadura coma director en 1983, coa longametraxe de ciencia-ficción Kamikaze 1999: O derradeiro combate *.

Máis tarde asinou Subway: na procura de Freddy (1985), O grande azul (1998), Atlantis (1991), León. O profesional (1994) e Anxo A (2005).

A súa derradeira cinta, Arthur et les minimoys, é unha película de animación baseada nunha serie de libros escritos por el mesmo. O filme dobrado en inglés terá a Madonna e David Bowie nas voces dos protagonistas.

* Kamikaze 1999 é a súa primeira longametraxe, antes xa dirixira unha curta titulada: L’Avant dernierr,

Outras reaccións: Buchinsky (de Viver e Morrer no Cinema)

Póster de Day of the Dead


O póster do remake do clásico de Romero está tamén ilustrado con un clásico, a man dun zombi a erguerse dende a terra.

A estrea non está prevista ata o 2007.

Novo trailer de Dead or Alive

Aquí tedes o segundo trailer de Dead or Alive.

Hai que ser moi moi fan do videoxogo.

DOA: Dead or Alive

Flyboys


Cine bélico, I Guerra Mundial e combates aéreos. Que máis se pode pedir? Que estea ben feita, por favor.

Dos productores de Independence Day e O patriota chega Flyboys. E aquí o trailer para ir abrindo boca.


Un dos máis aclamados este ano no Festival de Cannes foi un filme coreano de terror, The Host (Gwoemul, mola máis o nome en coreano).

The Host conta a historia dunha criatura muntante que aparece no río Han en Seul e que vai devoran a todo aquel que atopa no seu camiño. Ademáis, a criatura rapta á filla do dono dun quiosco que vive na veira do río. Mentra os exército fracasa unha e outra vez en acabar co monstro, este home e a súa familia tentarán recupera-la súa filla.

Botádelle un ollo ao trailer.

Black Sheep


O argumento é como para non perdela: Un experimento xenético convirte ás ovellas en asasinas que aterrorizan a un pobo en Nova Celandia.

O trailer de Black Sheep tampouco deixa lugar ás dúbidas.

Uruloki tamén está ilusionado co filme.

Non confundir con The Black Sheep Affair (Bi xie lan tian). Para despexar dúbidas ver o tráiler.

As ovellas dan moito medo, como xa se demostrou en The Dark, daquela en Gales.

O Hobbit

Unha fonte da páxina de OneRing víu o calendario de New Line Cinema que planifica as rodaxes do ano que ven e segundo esta fonte víu como no calendario puña O Hobbit e que a súa posta en marcha estaba prevista para xullo do 2007.

De momento o rumor non di quen será o director, pero todo parece sinalar que en principio sería Peter Jackson. Como xa é sabido, o problema é que os dereitos están compartidos e non se sabe como acabará o conto.

Quen sabe, se fán O Hobbit o mellor se animan co Silmarillion.

Gladiator II

Ridley Scott defraudoume. Non pensei que sería capaz de levarse por este tipo de industria. Debe estar falto de pasta.

Ridley Scott dixo:

Probabelmente farei unha nova entrega de Gladiator, o problema é que Russel tiña unha presenza poderosa no filme, Maximus morre ao final

Pero claro un Gladiator sin Crowe non será Gladiator. Pero bueno, de seguro que o director Ridley Scott será quen de facer que Russell Crowe saia po-lo medio da película.

NinDavid Craig, nin Pierce Brosnan, nin Sean Connery


Pero si con tódolos demáis: Peter Sellers, Ursula Andress, David Niven, Orson Welles, Woody Allen, John Houston, Jean-Paul Belmondo

Este grupo de actores nun filme promete moito, e esta película de James Bond, que non está incluída na saga, convertea nun producto, digamos, estraño. Poderíase clasificar coma obra de arte e un clásico do cine pero moita xente preferiría esquecela.

Nesta historia de James Bond hai moitos James Bond. Tódolos axentes do MI6 son clasificados coma 007. Aparece o sobriño de JB na man de Woody Allen (xenial) e a filla que tivo o axente secreto con Matahari. Tantos personaxes fan de Casino Royale un filme rocambolesco e moi do seu tempo, onde os artefactos secretos eran do máis orixinais e «modernos» (unha persecución de automóviles en Escocia a simularon con coches de Scalextric)

O problema é que rumoréase que actualmente queren facer o mesmo nas películas da saga do axente, e dicir, que nunca houbo un só James Bond, se non que tanto Sean Connery, Roger Moore, George Lazenby, Timothy Dalton, Pierce Brosnan e agora, Daniel Craig, foron distintos James Bond en tempo real. Os demais ou se xubilaron ou foron K.I.A. A mín este invento non me gusta nada e non deberían facer máis números nunha saga que xa estropearon bastante convertendo un axente secreto nun vindiesel ou therock de pantasmadas e acción absurda.

En resumo, Casino Royale é un clásico que non lle hai que mirar nin criticar nada. Soamente disfrutar do seu visionado.

Diefer Casan

Jackie Chan forever


A volta ó mundo en 80 días é unha película para despistar. Na vida se me ocorrería alugala se non fora porque estaba moooi aburrido e, ademáis, traballaba Jackie Chan de secundario. Un filme onde se destroza o libro de Verne convertendo ó millonario inglés nun penoso inventor bobalicón non podería ser digno de visionado.

Pero a curiosidade foi máis forte e o resultado foi mellor do que esperaba. Non é un filme onde o protagonista non é Phileas, se non que o protagonista é o propio ¡Jackie Chan! Outra máis da súa filmografía, salvo que esta é moi correcta e onde o único que sobra é a estupidez do señor Fogg.

Por outra parte a película está chea de cameos con actores supercoñecidos que fai a película moi entretida e que fai botar máis dunha risa, dende Arnold Schwarzenneger como principe da India, ata o propio Sammo Hung, Judi Dench (?), John Cleese, Kengo Watanabe (?)… E mellorando a actuación de Cantinflas no filme de David Niven, Jackie demostra unha vez máis a súa habilidad nunha pelexa espectacular en China.

En resumo, unha película que me sorprendeu moito, e que anticipando algunhas gargalladas, recomendaría para algunha desas tardes para pasar un rato moi entretido cun grupo de amigos.

Diefer Casan

Ala… mierda!


P*t* cine español de merda….

Cagho en tódolos que pariron semellante merda… por facerme perde-lo tempo… por escarallar calquera mínimo respecto que tivese polas produccións desta península de miseria cinematográfica… por ser tan dados polo cu e tan chupapirolas e máis p*t*s cas ghaliñas… etc., etc., etc. P*t*s tirados incompetentes e miserables.

Salvarei a Echanove, que fai un Quevedo pasable. Salvarei a Ariadna Gil, que cumpre ben coma actriz, unha tal De Castro. Pódese ignora-lo paso de Pilar López de Ayala, posto que nin dá nin quita nada. Queda ignorada. Javier Cámara debería atrapar un pouco pero en comparación tamén é salvable. Eduard Fernández; nada que dicir. Do pobre ‘Aragorn’, pois nada. Orson Welles, Alec Guinness, Laurence Olivier, calquera dos mellores tería parecido mediocre ante tanto monte de bosta.

E agora imos ó que imos.

Eduardo Noriega. Merece tantas maldades que me limitarei a expresar un intenso desexo de dor e sufrimento para el. Pero que malo é, Cristo bendito. Ou que mal o fai. Non é relevante. Que o colguen (figuradamente, que non o imos matar polo que fixo, que é delicto) para o seu escarnio e maledicencia en público. Só unha intervención de poderes superiores pode explicar que aínda teña traballo. Argh!!

Blanca Portillo. A culpa é súa por aceptar tal papel. Que se foda. Semellante papelón. Moita televisión vai facer a partir de agora. Pero non, que en España traballan os de sempre, como se ve na película, porque non importa que sexan malos, incompetentes, inaxeitados, parvos a encher ou directamente neno-nenas que noutro lugar estarían a traballar no negocio dos tapóns de lata para envases de bebida. Se nos oitenta estaban Forqué, Resines, Maura… agora temos á xeración Siete Vidas. Puta miseria.

Elena Anaya. O director non debería quedar só con ela, porque se esta moza de bo ver tivese algo de sangue, non o deixaba enteiro. Cortarlle os collóns por semellante chapuza de guión e dirección, non debería quedar impune. Mira que é unha mala personaxe. De cando é nova, non falarei, que a rapaza que fai dela ó mellor non está para máis aguantar. Pero Eleniña, de Eleniña… Xa van sendo horas de que deixe de ensinar teta na pantalla, que para iso non facía falla saír de Esteso, Landa, Pajares e demais compaña.

Patética.

O director. Agustín Díaz Yanes. Fuxir. Non coñezo “en profundidade” o que fixo este exemplar antes de Alatriste. Pero nunha industria con criterio económico e de certo tino xa o terían marcado a lume coma inimigo de todo o que é rendible. Que p*t* desastre de tipo. Mirade que eu de cine sei o que sei, que é ben pouco, pero cando mesmo eu me decato de ata que punto está mal rodada unha escena, de ata que nivel está corrompido e trampeado un guión (sen ter lido libro do tal Reverte ningún), de cantos posibles foron desaproveitados en cortes innecesarios, e de que forma unha minisuperproducción foi violada e torturada ata o seu vencemento… pois mal vai a cousa. Pero que carallo que confiou tantos cartos? É a antítese de todo o que pode ser friki. De todo o que pode ser comercial e rebenta-taquillas. Merda, que se me confunden as neuronas.

P*t* lixo de película.

Mirade que teño tragadeiras. Pero ben grandes, eh. Que trago cada cousa con gusto… que non ten nome. E quería escapar do cine. Quería saír daquela sala como fose. Desexaba estar en calquera outro lugar. Non soportaba ter que comparar o infumable producto medio español con Viggo Mortensen. Pero é que non o aturaba. Superábame. Pero moito, que non un pouco nada máis. Pero con dous collóns e moito sufrimento agardei ata o fin. Por se acaso aparecía algo salvable. Que non apareceu. De feito, aínda foi a peor. Porque a rodaxe na praia debeu ser unha desas de tripa solta e que gracias. Inenarrable. Hai que sufrilo para comprendelo. Pero non llo recomendo a ninguén. Desaparecede. Non vos poñades nesa situación. Porque logo ven o dos Tercios en combate. Un quero e non podo de libro. Unha cousa tan mala que asusta de verdade. ¿Pero como carallo non viron que aquelo era lastimoso?

Lémbrame agora o roce entre Sabina e Ramoncín polo tema da manta. Pois logo disto que veñan chorando por subvencións os do cine español, que veñan. A patada nos dentes que lles había que dar sería por piedade… para cos amantes da 7ª Arte. Ó infecto escravista da SGAE correspóndelle o papel de lacaio lambecricas que chora polos cartos e defende esta producción tan española. Sabina é o sentido común de quen paga por ver algo entretido e mínimamente digno. Alatriste é insultante. Por tanta indignante pobreza mental e tanta ausencia dunha faísca sequera de bo gusto ou vergoña allea….

Se existise un xuíz imparcial na taquilla… estaríamos ante a maior hostia nunca atrapada por unha merda rodada por e con tanto español, que tiña que ser moi española esta película, por moito que non haxa máis que mediocridade e ínfulas de nada neste endogámico mundiño de (…) (…)

O Reino dos Ceos. Menos mal que de española ten o xusto (agás para a Sra. Menestra…) e será esa a parte ridícula… ou non.

Non pararía ata mañá ou pasado. Pero que outras doctas e sabias persoas completen estes comentarios. Porque son as cinco da madrugada e teño que me tranquilizar antes de ir para a cama. Menuda noite de merda. Pero de moita merda. Viscosa e fedorenta.

Normalmente tería tentado facer algo un pouco menos cru e se cadra máis coidado. Pero tendo en conta as insatisfeitas gañas de lles parti-la cara que teño… pois queda así.

E por último, non vai ser que alguén se pique e lle pida a un xuíz que lle rasque…

Q’abía vebido i no rejía, senhoría, que uno es probe pero onrado. Que no deseava d’ofender, pero el alcól lla se save…. Que la culpa es de la soziedad, que somos todos.

Incrible… De verdade. O que non a vexa non o vai crer. Pero o que a vexa vaino lamentar na súa alma inmortal.

Incrible… Máis de vinte millóns…

Incrible…

Don Vitto

Unha triste ocasión perdida

A película máis cara do cine español, unha superproducción ó estilo Hollywood, os mellores actores españois por fin reunidos, e todo isto ¿para que? Para facernos perder dúas horas e pico que teríamos aproveitado mellor vendo un documental sobre a cría do mosquito aleteador do suroeste de Manchuria, ou calquera outra cousa, porque o que nos botaron diante era infumable, pero vaiamos por partes.

O deseño de producción é impecable, a recreación de vestiario, escenarios, e todo tipo de ambientación está en altísimos niveis de calidade, unha inmellorable axuda ós actores para meterse no papel e na historia, por iso resulta máis incomprensible todavía o que fixeron. E con isto rematamos as cousas boas.

O argumento é totalmente inexistente, non hai unha liña conductora que axude ó espectador a conectar cas personaxes, a entendelas e aprecialas, ou desprecialas O único que temos é unha sucesión inconexa de episodios costumbristas que dan unha idea da vida no século XVII, e punto. Para iso non facían falta vinte millóns de euros, seguro que na dúas poñen algún documental máis fiable e barato.

A dirección e montaxe son outro lastre, vale, eu non terei unha carreira como cineasta, e non serei máis ca un afeccionado, pero incluso eu sei cando teño que parar de botar lixo no caldeiro, porque a esta película lle sobran bastantes minutos, e os outros están moi mal aproveitados, pero claro, cando no tes un fío que che guíe, é lóxico que te perdas.

Os actores son outro caso aparte ¿Realmente viven disto? Se son tan bos como para engana-los productores e que os contraten, ¿por que despois o fan tan mal na película? Salvando a Juan Echanove, facendo de Quevedo, o resto son unha mafia de aproveitados que dalgunha maneira conseguiron facerse co control do mundiño artístico ou que no seu momento fixeron un bo papel e agora viven de rendas, non aportando nada máis que o seu nome, porque interpretación, a verdade, non é que aportaran moita (non me vou extender agora con cada un deles, iso déixollo a outros, pero deixarei claro unha vez máis que Eduardo Noriega nunca me pareceu un bo actor, e agora xamáis mo vai parecer).

Mención especial merece o amigo Viggo Mortensen, engadido na producción para meter unha estrela de renome internacional, aporta a única persoaxe creíble de toda esta tropa, e o seu esforzo para eliminar o seu acento porteño resulta encomiable, pero fai que en ocasións o tal Alatriste pareza bébedo, ou cando menos de resaca, de todas formas coido que non tiña que ter tomado tantas molestias, ó fin e o cabo, un Alatriste arxentino teríalle engadido algo de gracia ó asunto, e así polo menos poderíamos finxir que estabamos ante unha mala comedia.

Despois temos o asunto das “escenas obligatorias”, esas que non aportan absolutamente nada ó inexistente guión, pero que hai que meter porque tocan, como o protagonista é soldado (aínda que pasa máis tempo en Madrid que no frente), pois metemos unha escena de batalla “campal”, ó final, con calzador, e co persoal xusto para formar un cadro dos Tercios e uns cantos franceses cos que baterse, de forma que cubrimo-la cuota de “espectacularidade” de forma moi lamentable, e como estamos nunha producción española, parece que non podemos esquecer a escena de destape, así que tumbamos ahí a Elena Anaya ensinando teta e listo. Pois para iso non facían falla vinte millóns de euros, señores! Que as de Esteso e Pajares saían moito máis baratas e aportaban o mesmo!. Certo é que neste apartado temos que admitir a nosa benevolencia con outras produccións, e lembro agora, por exemplo, a recente The Fast and The Furious 3. A Todo Gas. Tokyo Race, pero é que incluso unha gañanada coma esa parece unha xoia do cine en comparación, e dende logo tiña moitas menos pretensións.

En fin, agardo que o público sexa cauto e non vaia ver unha producción tan dañina, se iso supón que o cine español volve ás historias “de autor”, intimistas e introspectivas, que só van a ver os catro culturetas de turno, pois vale, cada un ó que sabe facer, que deixen ós taquillazos españois para Santiago Segura e os seus amiguetes, que alomenos presume claramente de humor casposo, rancio e escatológico, e non engana a ninguén, porque o tal Díaz Yanes, co beneplácito e a beizón do pai da criatura, Perez-Reverte, parecía prometer unha película de aventuras, de capa e espada ó estilo clásico, e non, definitivamente iso no foi o que apareceu na pantalla.

Resumindo: unha película pomposa, grandilocuente, fachendosa, pretenciosa e derrochadora, pero sen argumento ningún que lle permita selo, un desperdicio absoluto de tempo e recursos, nada recomendable nin para piratear, salvo que teñas moito ancho de banda que usar e non se che ocurra nada que poñer no eMule, iso supoñendo claro está, que xa teñas descargado todo o porno existente en internet, ou as retransminsións íntegras de Eurovisión, ou calquera outra cousa, porque nunca, xamais na miña vida vira unha película que merecese de forma tan absoluta o térmo «atroz». En serio, non vaiades vela, non merece a pena, e se ides, logo non veñades a protestar, nos xa vos avisamos.

Godzilla-sama

Le tamén as críticas de Martin Pawley (de días estranhos), Rafa Marín (de Crisei) Ed e Big Corrosco (de abuse magazine) ou Nacho Gay (no elconfidencial)

Heroes do ceo


Heroes do ceo é unha peli francesa de avións coma as de antes. ¿Unha mezcla de Top Gun, Águias de Aceiro e Rambo? Buf!

Botádelle un ollo.


Aquí podedes ve-lo trailer. Ten unha pinta bárbara. Esperemos que non sexa moi sentimentaloide, pero non creo que nos neguen unhas boas escenas de acción bélica.

A páxina de Flags of Our Fathers.

Decir que a parte xaponesa xa nos se vai chamar Lamps Before the Wind, senon Red sun, black sand.

Flags of Our Fathers
Lamps Before the Wind

Máis cartaces de Saw 3



Máis na páxina web.

Como para poñerse malo con estas enfermeiras.

Haberá Saw 3
Cartace de Saw III

Chega a escuridade real


Poucas películas causaron tal espectación. E ó decir poucas refírome a ningunha. Ninguén espera nada dun filme baseado nun videoxogo, e con razón, vendo os antecedentes da grande pantalla hollywoodienses onde o único referente co seu homónimo de consola era o seu título. Ver Street Fighter (aberración para a vista), Mortal Kombat (o único salvable son as artes marciais non tan de moda por aquela), Tomb Raider (Angelina Jolie é Lara Croft), Resident Evil (sempre sobrou Milla Jojovich), Alone in the Dark (no comment), Doom (plana) e, xa á volta da esquina, a perpetración de Dead or Alive, a cal soamente aporta un incentivo para ir a vela… ou dous, según se mire. Por iso cando digo que este filme causou espectación, foi que dende o trailer xa tiñas a sensación de que esta non ía ser unha máis.

Todo o mundo que disfrutou co xogo (ou non), xa dende a introducción víase que era especial, esa música e esa atmósfera de misterio e chea de preguntas sen resolver. Por iso no trailer vímonos identificados porque cada fotograma era unha imaxe real do xogo. A aparición da Cabeza Pirámide non fixo máis que impacientarnos na estrea.

En canto o filme, sempre co medo no corpo dun fracaso coma as súas antecesoras, suspiramos aliviados nada máis comezar a película e oir a mandolina que tanto recordabamos. Todo, todo é correcto. Unha maxiestraliedade en levar un xogo á grande pantalla. Cada pequeño elemento levado a realidade, incluído as tomas da cámara, tan inquietnates e as veces tan mareantes, o Zippo, a néboa, Cibyl, as enfermeiras (impresionante), a sirena de aviso, a choiva na escuridade, os servizos na escola, as notas e pistas ciscadas, unha banda sonora inquietante… En resumo, Silent Hill. Quen xogou a esta marabilla non quedará defraudado.

O único que se lle podería recriminar é o típico dos filmes ianquis, que teñen que explicar todo, por iso non queda en ningún momento ningún cabo solto, polo que perde un pouco de misterio. Compre dicir que tamén serve para a xente que nunca tocou unha consola poida seguir o argumento, pero creo que non a van disfrutar ó mesmo nivel que os que acabaron o xogo algunha vez. Sean Bean xenial, aínda que un pouco curta a súa aparición. Quedaría moi ben como protagonista principal, igual que no videoxogo, pero é un detalle que non é moi salientable. E o único que me chocou é a «moralexa» final, que non parece moi correcta neste mundo actual, pero que non está mal ó fin e ó cabo.

Para rematar, esta adaptación do xogo de Konami, rompeu unha racha da mala fama destas adaptación, e pon de manifesto que cando están implicados a propia xente que ó crearon o cambio é radical. Moitas adaptacións poderían tomar exemplo, coma vimos en Sin City ou veremos en 300 (onde Frank Miller participa activamente).

Silent Hill non drefraudará a ninguén e a súa atmósfera atraparanos a todos…


Diefer Casan

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.