Orlando Bloom e o Coche Fantástico
4 Setembro 2006

Unha vez máis volven os rumores dunha película sobre a mítica serie O Coche Fantástico. De sempre David Hasselhoff quixo facer unha película da serie que lle deu sona. Agora anda a buscar un actor novo para que interprete ó fillo de Michael Knight. Desta volta tentouno cun dos actores máis de moda, Orlando Bloom, pero este dixo que nunca foi moi fan da serie e que pasa do tema.
David, sigue buscando. Quen será o próximo en ser tentado para conduci-lo coche que fala?
Vía CinemaBlend
Publicado na categoría Rumores | | Enriba
11 Setembro 2006 ás 3:37 pm
Esto es casi peor que lo de Justin Timberlake como el Joker…