"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Chega a escuridade real


Poucas películas causaron tal espectación. E ó decir poucas refírome a ningunha. Ninguén espera nada dun filme baseado nun videoxogo, e con razón, vendo os antecedentes da grande pantalla hollywoodienses onde o único referente co seu homónimo de consola era o seu título. Ver Street Fighter (aberración para a vista), Mortal Kombat (o único salvable son as artes marciais non tan de moda por aquela), Tomb Raider (Angelina Jolie é Lara Croft), Resident Evil (sempre sobrou Milla Jojovich), Alone in the Dark (no comment), Doom (plana) e, xa á volta da esquina, a perpetración de Dead or Alive, a cal soamente aporta un incentivo para ir a vela… ou dous, según se mire. Por iso cando digo que este filme causou espectación, foi que dende o trailer xa tiñas a sensación de que esta non ía ser unha máis.

Todo o mundo que disfrutou co xogo (ou non), xa dende a introducción víase que era especial, esa música e esa atmósfera de misterio e chea de preguntas sen resolver. Por iso no trailer vímonos identificados porque cada fotograma era unha imaxe real do xogo. A aparición da Cabeza Pirámide non fixo máis que impacientarnos na estrea.

En canto o filme, sempre co medo no corpo dun fracaso coma as súas antecesoras, suspiramos aliviados nada máis comezar a película e oir a mandolina que tanto recordabamos. Todo, todo é correcto. Unha maxiestraliedade en levar un xogo á grande pantalla. Cada pequeño elemento levado a realidade, incluído as tomas da cámara, tan inquietnates e as veces tan mareantes, o Zippo, a néboa, Cibyl, as enfermeiras (impresionante), a sirena de aviso, a choiva na escuridade, os servizos na escola, as notas e pistas ciscadas, unha banda sonora inquietante… En resumo, Silent Hill. Quen xogou a esta marabilla non quedará defraudado.

O único que se lle podería recriminar é o típico dos filmes ianquis, que teñen que explicar todo, por iso non queda en ningún momento ningún cabo solto, polo que perde un pouco de misterio. Compre dicir que tamén serve para a xente que nunca tocou unha consola poida seguir o argumento, pero creo que non a van disfrutar ó mesmo nivel que os que acabaron o xogo algunha vez. Sean Bean xenial, aínda que un pouco curta a súa aparición. Quedaría moi ben como protagonista principal, igual que no videoxogo, pero é un detalle que non é moi salientable. E o único que me chocou é a “moralexa” final, que non parece moi correcta neste mundo actual, pero que non está mal ó fin e ó cabo.

Para rematar, esta adaptación do xogo de Konami, rompeu unha racha da mala fama destas adaptación, e pon de manifesto que cando están implicados a propia xente que ó crearon o cambio é radical. Moitas adaptacións poderían tomar exemplo, coma vimos en Sin City ou veremos en 300 (onde Frank Miller participa activamente).

Silent Hill non drefraudará a ninguén e a súa atmósfera atraparanos a todos…


Diefer Casan

Comments are closed

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.