Jackie Chan forever

12 Setembro 2006


A volta ó mundo en 80 días é unha película para despistar. Na vida se me ocorrería alugala se non fora porque estaba moooi aburrido e, ademáis, traballaba Jackie Chan de secundario. Un filme onde se destroza o libro de Verne convertendo ó millonario inglés nun penoso inventor bobalicón non podería ser digno de visionado.

Pero a curiosidade foi máis forte e o resultado foi mellor do que esperaba. Non é un filme onde o protagonista non é Phileas, se non que o protagonista é o propio ¡Jackie Chan! Outra máis da súa filmografía, salvo que esta é moi correcta e onde o único que sobra é a estupidez do señor Fogg.

Por outra parte a película está chea de cameos con actores supercoñecidos que fai a película moi entretida e que fai botar máis dunha risa, dende Arnold Schwarzenneger como principe da India, ata o propio Sammo Hung, Judi Dench (?), John Cleese, Kengo Watanabe (?)… E mellorando a actuación de Cantinflas no filme de David Niven, Jackie demostra unha vez máis a súa habilidad nunha pelexa espectacular en China.

En resumo, unha película que me sorprendeu moito, e que anticipando algunhas gargalladas, recomendaría para algunha desas tardes para pasar un rato moi entretido cun grupo de amigos.

Diefer Casan

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

Unha resposta a “Jackie Chan forever”

  1. Marcus di:

    A peli é unha trapallada, pero para min é gloriosa a aparición de Sammo Hung, especialmente porque fai do Dr. Wong Fei Hung, personaxe que tamén interpretaron en moitas películas Jackie Chan (El Mono Borracho en el Ojo del Tigre) ou Jet Li (Érase una vez en China). Tamén botei unhas risas coa auto-parodia de Schwarzenneger.

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image