NinDavid Craig, nin Pierce Brosnan, nin Sean Connery

12 Setembro 2006


Pero si con tódolos demáis: Peter Sellers, Ursula Andress, David Niven, Orson Welles, Woody Allen, John Houston, Jean-Paul Belmondo

Este grupo de actores nun filme promete moito, e esta película de James Bond, que non está incluída na saga, convertea nun producto, digamos, estraño. Poderíase clasificar coma obra de arte e un clásico do cine pero moita xente preferiría esquecela.

Nesta historia de James Bond hai moitos James Bond. Tódolos axentes do MI6 son clasificados coma 007. Aparece o sobriño de JB na man de Woody Allen (xenial) e a filla que tivo o axente secreto con Matahari. Tantos personaxes fan de Casino Royale un filme rocambolesco e moi do seu tempo, onde os artefactos secretos eran do máis orixinais e “modernos” (unha persecución de automóviles en Escocia a simularon con coches de Scalextric)

O problema é que rumoréase que actualmente queren facer o mesmo nas películas da saga do axente, e dicir, que nunca houbo un só James Bond, se non que tanto Sean Connery, Roger Moore, George Lazenby, Timothy Dalton, Pierce Brosnan e agora, Daniel Craig, foron distintos James Bond en tempo real. Os demais ou se xubilaron ou foron K.I.A. A mín este invento non me gusta nada e non deberían facer máis números nunha saga que xa estropearon bastante convertendo un axente secreto nun vindiesel ou therock de pantasmadas e acción absurda.

En resumo, Casino Royale é un clásico que non lle hai que mirar nin criticar nada. Soamente disfrutar do seu visionado.

Diefer Casan

Publicado na categoría Críticas | | Enriba

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image