"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Xa tiñamos advertencias, xa sabíamos de que ía a cousa, e que non tiña nada que ver co mítico videoxogo, xa nos deramos conta de que nin tan sequera aparecía un Baldwin entre o reparto ó que botarlle as culpas, e inda así, xuntámonos na casa, ‘repantingámonos’ nos sofás, e puxémonos a ver… isto.
A cousa empeza ben, cunha parrafada de minuto e pico “para poñerte en antecedentes”, e que fai que o resto da peli sexa todavía máis predecible e innecesaria, pois xa explica de onde veñen os monstros malos e de onde vai saír o heroe. Así que poderíamolo ter deixado aí, pero seguimos adiante.
Logo ven un flashback no que se reitera a orixe do protagonista, como foxe dos malos, a súa traumática infancia e non sei que máis. Novamente innecesario e tan tópico que case podemos ir predecindo as frases que se van decir. E poderíamolo ter deixado aí, pero seguimos adiante.
Porque tamén temos a espectacular e innecesaria persecución en coche, atravesando mercados e todo iso, cunha non menos innecesaria pelexa, tan carente de ritmo e pouco creíble que a intentaron adornar con efectos dixitais “guais”, e aínda a cagaron máis. Por non falar da moito máis innecesaria e incrustada escena de cama, que non se xustifica de forma algunha, nin mostra cacha dabondo como para ser disculpable. (¿Podemos sacar cabezas fendidas á metade pero ela segue co suxeitador posto? Por favor ¿en qué mundo vivimos?) E poderíamolo ter deixado aí, pero seguimos adiante.
Despois temos a sempre presente axencia secreta do goberno, da que o protagonista, por suposto, formou parte no seu tempo, e que para adicarse á investigación de fenómenos paranormais leva máis artillería que os marines e, por suposto, saben empregala con mortífera eficacia (está claro que o adestramento de combate entra no plano de estudos da facultade de parapsicoloxía). En serio, non me estrana que despois os ianquis teñan que recurtar os fondos para educación se teñen que dotar de tales medios a tódalas axencias secretas que teñen, non hai orzamento que aguante. E poderíamolo ter deixado aí, pero seguimos adiante.
Agora é cando nos metemos co desenrolo da película, e xorden as inevitables cuestións: ¿por qué, oh Deuses, se xa tiñamos a película de Doom, tiveron que facer esta?¿trátase acaso da típica coincidencia de proxectos similares por estudios diferentes?¿é un intento de aproveitar unha moda sobre un xénero concreto?¿é que ninguén do estudio foi capaz de ver o desastre que se lles viña enriba?¿Quosque tandem, Uwe Boll, patientia nostra avutere?
En fin, xa non queda moito máis que decir. Cine intrascendente, dese para pasa-la tarde cos amigos, facendo comentarios graciosos e sen facerlle moito caso, que non o merece, porque o único que realmente me gustou da película é a canción dos títulos de credito I wish i had an angel de Nigthwish, e para iso xa teño o disco, e aforro o ‘pestiño’ este que realmente fai que un se pregunte se non tiñan nada máis en que meter os cartos, aínda que fose a adaptación do Tetris.

Godzilla sama

Le tamén a crítica de: Uruloki (de uruloki.org)

2 Comments

  1. by CP, on Novembro 7 2006 @ 2:43 p.m.

     

    Enhorabuena por el cambio, el usar wordpress vale la pena, es lo mismo por lo que me cambie yo. Por cierto, a ver si actualizais el enlace, que lleva al viejo Hegemonia, XD.

  2. by ifrit, on Novembro 7 2006 @ 3:26 p.m.

     

    Feito a eito! Ligaz

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.