Hana yori mo naho
9 Novembro 2006Coido que existen dúas ideas preconcibidas sobre as películas xaponesas, xa que ou ben son de valerosos samurais que non temen á morte ou pertencen ó xénero do novo terror sicolóxico (Ringu, Ju-On). Hana (Hirozaku Kore-eda) non cumpre co estereotipo e aínda que está máis relacionada coa primeira das clasificacións cómpre dicir que é desde unha perspectiva irónica e desmitificadora da vida do samurai.
‘Soza’ (Junichi Okada), herdeiro do clan Matsumoto, é o responsábel de vinga-la morte de seu pai a pesares de ser pouco hábil coa espada e máis dado a tarefas intelectuais. Instalado nun arrabal de Edo na procura do asasino de seu pai, remata converténdose en parte da fauna do suburbio, algo totalmente impropio nun samurai do seu rango, e finalmente cuestionando o por que da súa vinganza.
É salientable unha película destas características polo seu carácter iconoclasta e más tendo en conta que procede dun páis altamente conservador e tan tradicional coma Xapón. Quizais a súa longura (127 min) desloce un chisco a historia pero é indubidábel o seu valor. Cabe destacar a súa fermosa banda sonora e a presenza de Asano Tadanobu (Zatoichi) nun pequeno pero importante papel no devir da película.
Pol