Gwoemul (The host)

13 Novembro 2006

The Host

O novo traballo de Joon-ho Bong (Memories of Murder) é este thriller fantástico con reivindicacións ecoloxistas que despois de arrasar completamente nos cines de Corea do Sul (12 millóns de espectadores en tan só un mes) chega a Europa. Sinceramente non creo que consiga nin a metade de espectadores en todo o continente, quizais porque non se lle dea a suficiente promoción ou polos prexuizos do público sobre o cinema asiático en xeral.

O primeiro que hai que dicir é que non é unha película de terror asiático ó uso, e atreveríame a dicir que nin sequera é de terror. Ten momentos que te fan revolver no asento, outros moi cómicos e irónicos e outros incriblemente tenros. Os efectos especiais de Orphanage (O día de mañá) soberbios, e a banda sonora, outra sorpresa. Todo isto contado dun xeito áxil e nada aburrido pese as dúas horas de proxección. Quizais o único punto escuro sexa o comezo da filme, un pouco ‘ridículo’ para o meu gusto, pero despois das pertinentes averigüacións ten agora un pouco máis de sentido.

En conclusión, esperemos que as ameazas de remake por parte de Hollywood non consigan botar a perder tan boa filme.

Pol

Publicado na categoría Críticas, Festivais | Trackback | del.icio.us | Enriba

5 respostas a “Gwoemul (The host)”

  1. Uruloki di:

    Entro para comentar e descubrir o novo deseño. Quero darvos a miña máis sincera nora boa. No tocante o film, unha pequena delicia, infinitamente superior a moitísimos productos americanos. Máis orixinal, máis divertida, e capaz de combinar humor con dramatismo.

    Un saudo.

  2. Gran Dios del Bien y del Mal di:

    Moi ben esta nova páxina. A ver se dura. Moitos ánmos. Nada máis..

  3. An di:

    Memories of murder e unha pelicula do melloriño que vin ( para o meu gusto) penso que pode ser unha boa lanzadeira para este filme, so teñen que saberlle dar un empurron no sentido adecuado. Un moi bo blog, deixo nota del nos meus faboritos :)

  4. kuroi_yume di:

    Junto con “Children of Men”, lo mejor que he visto estrenado este año…
    (Uruloki me matará, pero aún no he visto “El Laberinto del Fauno”, y no la puedo incluir en el saco, jejeje)

  5. cinemafriki di:

    Nosotros también te vamos a matar, kuroi :) Mira que no haber visto El laberinto! Últimamente estamos echados a perder y no escribirmos la crítica, pero nos gustó a todos y con nota :)

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image