Beyond The Sea

27 Novembro 2006

beyond-the-sea-2.jpg

Obxecto de culto de Kevin Spacey e de moita xente máis Walden Robert Cassotto, aka Bobby Darin, foi un dos máis exitosos cantantes dos Estados Unidos triunfando en xéneros como o jazz, o pop e mesmo o folk. Beyond The Sea preséntanos a transformación do mortal Cassotto, un rapaciño do Bronx con soños de triunfo, na lenda do Copacabana capaz de facerlle sombra a Sinatra no seu terreo.

Este biopic musical é o novo traballo de Spacey tras Albino Alligator, non recomendable se o espectador non é do gusto das big bands e da música popular americana dos 60 e 70 posto que nese caso a filme pode ser toda unha tortura. Nembargantes, e como curiosidade hai que destacar o excelente traballo de Kevin Spacey interpretando tódalas cancións da banda sonora, dando boa mostra así da súa versatilidade ó igual que o seu ídolo Bobby Darin.

Pol

Publicado na categoría Bandas sonoras, Críticas, Festivais | Trackback | del.icio.us | Enriba

4 respostas a “Beyond The Sea”

  1. An di:

    Interesante…non sei se tomalo como un e boa pelicula ou e mellor non vela…esperarei un tempo…inda teño moito por ver

  2. Pol di:

    Eu persoalmente a recomendo, pero repito, tenche que gustar ben ese tipo de música ;)

  3. An di:

    Grazas, ei probar…a ver o que sae…estou ledo de ter topado este blog :D

  4. Doc Hollyday di:

    Ledo de atopar un blog cinéfilo.
    Seguireime pasando…
    Apertas

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image