Obxecto de culto de Kevin Spacey e de moita xente máis Walden Robert Cassotto, aka Bobby Darin, foi un dos máis exitosos cantantes dos Estados Unidos triunfando en xéneros como o jazz, o pop e mesmo o folk. Beyond The Sea preséntanos a transformación do mortal Cassotto, un rapaciño do Bronx con soños de triunfo, na lenda do Copacabana capaz de facerlle sombra a Sinatra no seu terreo.
Este biopic musical é o novo traballo de Spacey tras Albino Alligator, non recomendable se o espectador non é do gusto das big bands e da música popular americana dos 60 e 70 posto que nese caso a filme pode ser toda unha tortura. Nembargantes, e como curiosidade hai que destacar o excelente traballo de Kevin Spacey interpretando tódalas cancións da banda sonora, dando boa mostra así da súa versatilidade ó igual que o seu ídolo Bobby Darin.
Pol

by An, on novembro 28 2006 @ 2:23 pm
Interesante…non sei se tomalo como un e boa pelicula ou e mellor non vela…esperarei un tempo…inda teño moito por ver
by Pol, on novembro 28 2006 @ 7:17 pm
Eu persoalmente a recomendo, pero repito, tenche que gustar ben ese tipo de música
by An, on novembro 29 2006 @ 5:17 pm
Grazas, ei probar…a ver o que sae…estou ledo de ter topado este blog
by Doc Hollyday, on decembro 10 2006 @ 2:08 pm
Ledo de atopar un blog cinéfilo.
Seguireime pasando…
Apertas