"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Decembro, 2006

Transformers

O fandom está dividido, unha metade está ilusionada con esta nova revisión da franquicia dos robots tranformabeis e a outra metade opina que poderían chamala Os Robots Xigantes Transformabeis en Vehículos Vidos do Espazo e sería o mesmo (inda que a película tamén lles ten boa pinta) No que están todos de acordo é que sen a dobraxe sudamericana non vai selo mesmo.
Vede o trailer dos Transformers e opinade por vós mesmos.

A estrea nos EUA o 4 de xullo do 2007.

Un par de cartaces novos, Transformers

Grind House

Grind House

Aquí chega o último de Tarantino e Rodríguez. Alucinante. Estes dous saben o que nos gusta. E revivindo a Kurt Russell no seu mellor momento! Non ten desperdicio (ou tamén podemo dicir que é todo desperdicios) Para mostra un xenial trailer.
Pero o que realmente sabe cousas de Grind House é uruloki, mirade aquí e máis aquí.

A estrea no EUA será o 6 de abril do 2007.

Eragon

Don Vitto está feito un vago e di que opina o mesmo que Nacho Gay en El Confidencial de Eragon, e Diefer Casan di: «Amén, irmán!»

Cigarette Burns

Seguimos con críticas atrasadas do Cineuropa. Cigarette Burns é o título dun dos dous capítulos que firma John Carpenter en Masters of Horror, serial da cadea Showtime que reúne a 13 (qué mellor número) dos máis enxebres directores do xénero, e polo visto ten toda a traza de ir por vieiros semellantes ós clásicos de A Hora de Alfred Hitchcock e A Dimensión Descoñecida.

O capítulo en cuestión preséntanos a Norman Reedus (Blade II) no papel de frikazo gourmet do cine de terror, dono dunha sala temática de cine e especialista en atopar cintas e filmes perdidas por conta allea. Mais o último traballo é diferente, un Vincent Price impersonator (Udo Kier) encárgalle a busca de La Fin Absolue Du Monde, a filme de terror definitiva que no seu estreo (por certo, en Sitges) fixo enlouquecer ó público convertendo o pase en unha orxía de mutilación e destrucción (así como soa).

Realmente é difícil impresionar ó público en tan só nunha hora aínda que coido que o formato, por breve, tamén pode disimular algúns dos defectos e, se se conta coa pericia axeitada, a experiencia pode resultar satisfactoria. Mais honestamente, penso que Carpenter esta vez puxo o automático; se ben é certo que deixa algúns detalles de Master of Horror boa parte da trama e os diálogos son previsibles e a sensación de «eu vin isto nalgunha outra parte» non abandona ó espectador até case o final.

Pol

A Scanner Darkly

A Scanner Darkly

A historia volve repetirse. Alá polo 2003 arrancaba este filme como proxecto. Andaban metidos polo medio George Clooney e Steven Soderbergh, dous dos productores executivos, que tiñan entre mans a adaptación para a gran pantalla dunha novela de Philip K. Dick, autor ó que o cinema ven otorgando máis gloria que a propia literatura. Para que nos fagamos unha idea, Phillip K. Dick é o autor dos textos que serviron para adaptar os guións de Desafío total, Minority Report ou Blade Runner (inspirada no relato breve Do androids dream of electric sheep?). A estes vimbios, xa de por si interesantes, sumóuselle a aportación de Charlie Kaufman que pasaba a ser outro dos productores do filme. E non sabemos se foi cousa de Kaufman ou non pero soaba para a dirección o nome de Chris Cunningham que probablemente é un dos mellores realizadores que existen (algo que quizais é debido a que nunca perdeu o tempo facendo unha película).

O caso é que Cunningham anda tan sobrado que é quen de desestimar unha oferta da Warner para rodar un filme de tropecentosmil millóns e o proxecto foi a parar a mans de Richard Linklater que xa tiña demostrado que era capaz de afrontar con profesionalidade proxectos independentes como Tape e outros puramente comerciais como Escola de Rock. Ademais, a estética producida pola técnica de rotoscopia que Linklater incorporou a un soporífero filme titulado Walking Life convencía ós productores para esta Scanner Darkly.

A partires daquí, as cousas comezan a torcerse. O filme comeza a demorarse sen explicación aparente. Charlie Kaufman desvincúlase do proxecto e chegada a hora da estrea en España a Warner pon só 7 copias en circulación feito que semella bastante sospeitoso.

E vemos o resultado: Bodrio. Frikis de todo o mundo agardabamos algo parecido a Blade Runner e nos atopamos con algo que se parece máis a Walkin Life. A adaptación que Linklater fai do texto de Phillip K. Dick é realmente triste e un relato que polas pinceladas que deixa entrever podería dar para unha historia a medio camiño entre a acción futurista e o drama existencial queda relagada a unha paranoia indi para as pallas mentais de Sundance.

A sinopse resumida do filme é: Nun futuro corrompido polas drogas, unha multinacional infiltra a un policía de paisano nunca rede de traficantes para que investigue ós seus propios amigos. Punto é final a peli non ten nada máis. As tramas non teñen peso, o filme non ten dirección fixa, as persoaxes son planas e intrascendentes e o conflicto deber-moral está extremadamente mal contado. A acción faise soporífera e pode producir cabezadas durante varias partes do filme. O único rescatable é que conta con planos estéticamente incribles, tanto que dan para que aparezan en MARCO ou en similares mostras de arte contemporaneo. Aínda así a rotoscopia non está totalmente dominada e durante o filme vemos tamen algún que outro plano, especialmente os máis iluminados, onde o resultado é algo pobre.

En resumidas contas, a quen teña curiosidade chégalle con ver o trailer e afórrase 100 minutos de valium.

fagot

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.