A historia volve repetirse. Alá polo 2003 arrancaba este filme como proxecto. Andaban metidos polo medio George Clooney e Steven Soderbergh, dous dos productores executivos, que tiñan entre mans a adaptación para a gran pantalla dunha novela de Philip K. Dick, autor ó que o cinema ven otorgando máis gloria que a propia literatura. Para que nos fagamos unha idea, Phillip K. Dick é o autor dos textos que serviron para adaptar os guións de Desafío total, Minority Report ou Blade Runner (inspirada no relato breve Do androids dream of electric sheep?). A estes vimbios, xa de por si interesantes, sumóuselle a aportación de Charlie Kaufman que pasaba a ser outro dos productores do filme. E non sabemos se foi cousa de Kaufman ou non pero soaba para a dirección o nome de Chris Cunningham que probablemente é un dos mellores realizadores que existen (algo que quizais é debido a que nunca perdeu o tempo facendo unha película).
O caso é que Cunningham anda tan sobrado que é quen de desestimar unha oferta da Warner para rodar un filme de tropecentosmil millóns e o proxecto foi a parar a mans de Richard Linklater que xa tiña demostrado que era capaz de afrontar con profesionalidade proxectos independentes como Tape e outros puramente comerciais como Escola de Rock. Ademais, a estética producida pola técnica de rotoscopia que Linklater incorporou a un soporífero filme titulado Walking Life convencía ós productores para esta Scanner Darkly.
A partires daquí, as cousas comezan a torcerse. O filme comeza a demorarse sen explicación aparente. Charlie Kaufman desvincúlase do proxecto e chegada a hora da estrea en España a Warner pon só 7 copias en circulación feito que semella bastante sospeitoso.
E vemos o resultado: Bodrio. Frikis de todo o mundo agardabamos algo parecido a Blade Runner e nos atopamos con algo que se parece máis a Walkin Life. A adaptación que Linklater fai do texto de Phillip K. Dick é realmente triste e un relato que polas pinceladas que deixa entrever podería dar para unha historia a medio camiño entre a acción futurista e o drama existencial queda relagada a unha paranoia indi para as pallas mentais de Sundance.
A sinopse resumida do filme é: Nun futuro corrompido polas drogas, unha multinacional infiltra a un policía de paisano nunca rede de traficantes para que investigue ós seus propios amigos. Punto é final a peli non ten nada máis. As tramas non teñen peso, o filme non ten dirección fixa, as persoaxes son planas e intrascendentes e o conflicto deber-moral está extremadamente mal contado. A acción faise soporífera e pode producir cabezadas durante varias partes do filme. O único rescatable é que conta con planos estéticamente incribles, tanto que dan para que aparezan en MARCO ou en similares mostras de arte contemporaneo. Aínda así a rotoscopia non está totalmente dominada e durante o filme vemos tamen algún que outro plano, especialmente os máis iluminados, onde o resultado é algo pobre.
En resumidas contas, a quen teña curiosidade chégalle con ver o trailer e afórrase 100 minutos de valium.
fagot
by An, on decembro 13 2006 @ 4:05 pm
Gusto de todo o cinema de animación por o mero feito do medio que usa…pero este…este tenme esperando como o cego pola vista…a ver como trasmiten o relato orixinal
by O pastor eléctrico, on decembro 14 2006 @ 12:27 pm
A min gustoume o relato de K.Dick (coma case todo o que escribiu) e o trailer pareceume esteticamente moi impactante. De todos xeitos, non tiven acceso ao filme e non sei se se estrenará por aquí. Tiño certo interese por ver o resultado, non sei se me fará falla o valium, pero terei que arriscarme.
by ifrit, on decembro 14 2006 @ 12:34 pm
Benvido O pastor eléctrico!
O filme estreouse en España o 20 de outubro… E como ben di fagot só había sete cintas a repartir entre tódo-los cines do estado…
Tes dúas opcións: ou agardar po-la versión en DVD ou pedila ó teu distribuidor de confianza p2p (emule, bitorrent…)
by Fagot, on decembro 14 2006 @ 3:47 pm
As poucas copias que hai estanse a mover polos cines “Yelmo Cineplex”, na Coruña estivo a semana pasada pero xa a quitaron. Tampouco andivo demasiado ben de público.