"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Cigarette Burns

Seguimos con críticas atrasadas do Cineuropa. Cigarette Burns é o título dun dos dous capítulos que firma John Carpenter en Masters of Horror, serial da cadea Showtime que reúne a 13 (qué mellor número) dos máis enxebres directores do xénero, e polo visto ten toda a traza de ir por vieiros semellantes ós clásicos de A Hora de Alfred Hitchcock e A Dimensión Descoñecida.

O capítulo en cuestión preséntanos a Norman Reedus (Blade II) no papel de frikazo gourmet do cine de terror, dono dunha sala temática de cine e especialista en atopar cintas e filmes perdidas por conta allea. Mais o último traballo é diferente, un Vincent Price impersonator (Udo Kier) encárgalle a busca de La Fin Absolue Du Monde, a filme de terror definitiva que no seu estreo (por certo, en Sitges) fixo enlouquecer ó público convertendo o pase en unha orxía de mutilación e destrucción (así como soa).

Realmente é difícil impresionar ó público en tan só nunha hora aínda que coido que o formato, por breve, tamén pode disimular algúns dos defectos e, se se conta coa pericia axeitada, a experiencia pode resultar satisfactoria. Mais honestamente, penso que Carpenter esta vez puxo o automático; se ben é certo que deixa algúns detalles de Master of Horror boa parte da trama e os diálogos son previsibles e a sensación de “eu vin isto nalgunha outra parte” non abandona ó espectador até case o final.

Pol

7 Comments

  1. by miultimodia, on Decembro 16 2006 @ 3:04 p.m.

     

    Este

  2. by Fagot, on Decembro 16 2006 @ 9:15 p.m.

     

    Eu vin hai uns d

  3. by kuroi_yume, on Decembro 17 2006 @ 10:33 a.m.

     

    Tobe Hopper dirigi

  4. by Pol, on Decembro 17 2006 @ 1:03 p.m.

     
  5. by Fagot, on Decembro 17 2006 @ 1:29 p.m.

     

    Eu estou agardando por ela nos multicines Emule 😉

    Por certo que antes me equivoquei, “Mortuory” non pertenece a Masters of Horror, confundina con “Esculturas Humanas” que tam

  6. by Fagot, on Decembro 19 2006 @ 10:41 p.m.

     

    Ui, en canto: “

  7. by CINEMA FRIKI » Arquivos » Donosti. D, on Outubro 31 2007 @ 11:47 a.m.

     

    […] E toca meterse en vea tres capͭtulos de Masters of Horrors. Os dous primeiros (The Washingtonians e The Screwfly Solution, de Joe Dante) te

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.