Seguimos con críticas atrasadas do Cineuropa. Cigarette Burns é o título dun dos dous capítulos que firma John Carpenter en Masters of Horror, serial da cadea Showtime que reúne a 13 (qué mellor número) dos máis enxebres directores do xénero, e polo visto ten toda a traza de ir por vieiros semellantes ós clásicos de A Hora de Alfred Hitchcock e A Dimensión Descoñecida.
O capítulo en cuestión preséntanos a Norman Reedus (Blade II) no papel de frikazo gourmet do cine de terror, dono dunha sala temática de cine e especialista en atopar cintas e filmes perdidas por conta allea. Mais o último traballo é diferente, un Vincent Price impersonator (Udo Kier) encárgalle a busca de La Fin Absolue Du Monde, a filme de terror definitiva que no seu estreo (por certo, en Sitges) fixo enlouquecer ó público convertendo o pase en unha orxía de mutilación e destrucción (así como soa).
Realmente é difícil impresionar ó público en tan só nunha hora aínda que coido que o formato, por breve, tamén pode disimular algúns dos defectos e, se se conta coa pericia axeitada, a experiencia pode resultar satisfactoria. Mais honestamente, penso que Carpenter esta vez puxo o automático; se ben é certo que deixa algúns detalles de Master of Horror boa parte da trama e os diálogos son previsibles e a sensación de “eu vin isto nalgunha outra parte” non abandona ó espectador até case o final.
Pol

by miultimodia, on decembro 16 2006 @ 3:04 pm
Este é o caso máis desconcertante do Cineuropa: un só episodio dunha serie de televisión. Se ben no festival de Sitges estaba un pouco máis que xustificado (presenza de directores da serie, avance de dous episodios da nova tempada…) aqui non lle vexo moita razón… De todas maneiras, mellor que poñan algo de Carpenter que outra cousa, está claro.
Saúdos.
PD. desculpa o meu galego
by Fagot, on decembro 16 2006 @ 9:15 pm
Eu vin hai uns días “Mortuory” de Tobe Hoper que pertenece á mesma serie e foi un pelín decepcionante, sobre todo se temos en conta que Hoper é probablemente un dos directores que máis obras mestras produciu no xénero de terror.
O caso é que ás veces dá a impresión de que a “vella escola” se pasou directamente ó comercio fácil.
En canto ó de Cineuropa, está claro que é un contentor no que cabe todo.
by kuroi_yume, on decembro 17 2006 @ 10:33 am
Tobe Hopper dirigió una de las peores de la primera temporada (junto con “Chocolate” que se lleva el premio gordo), pero comentan que el nivel de la 2ª temporada va cayendo en picado edsde el principio.
De todas formas creo que la de Carpenter tiene unos hallazgos maravillosos y es una de las mejores de la 1ª temporada. Tuve el placer de volverla a ver en Sitges y fue toda una experiencia, porque el juego metacinematográfico alcanzó momentos exquisitos, la verdad.
by Pol, on decembro 17 2006 @ 1:03 pm
¿A ninguén máis ca min lle pasou o de ter visto a película antes?
miultimodia: ¡Non te tés que desculpar polo teu galego! Por certo, apúntome a recomendación do teu blog do libro de Jesús Palacios.
by Fagot, on decembro 17 2006 @ 1:29 pm
Eu estou agardando por ela nos multicines Emule
Por certo que antes me equivoquei, “Mortuory” non pertenece a Masters of Horror, confundina con “Esculturas Humanas” que tamén a vin recentemente pero paso de comentala.
by Fagot, on decembro 19 2006 @ 10:41 pm
Ui, en canto: “¿A ninguén máis ca min lle pasou o de ter visto a película antes? ”
Por dicilo dunha maneira fina, creo que este filme fai máis “homenaxes” que Scary Movie
by CINEMA FRIKI » Arquivos » Donosti. Día 1, on outubro 31 2007 @ 11:47 am
[...] E toca meterse en vea tres capÍtulos de Masters of Horrors. Os dous primeiros (The Washingtonians e The Screwfly Solution, de Joe Dante) teñen pouco de horror e son máis ben comedias sanguentas. Sen dúbida a terceira é a mellor, dirixida por Dario Argento semella un terrorífico anuncio de PETA. En Pelts Argento saca tóda-las súas armas e amósanos a súa condición de vello verde sen miramentos. Nós agradecémolo. [...]