Trailer dos Transformers

24 Decembro 2006

Transformers

O fandom está dividido, unha metade está ilusionada con esta nova revisión da franquicia dos robots tranformabeis e a outra metade opina que poderían chamala Os Robots Xigantes Transformabeis en Vehículos Vidos do Espazo e sería o mesmo (inda que a película tamén lles ten boa pinta) No que están todos de acordo é que sen a dobraxe sudamericana non vai selo mesmo.
Vede o trailer dos Transformers e opinade por vós mesmos.

A estrea nos EUA o 4 de xullo do 2007.

Un par de cartaces novos, Transformers

Publicado na categoría Trailers e teasers | Trackback | del.icio.us | Enriba

Unha resposta a “Trailer dos Transformers”

  1. CINEMA FRIKI » Arquivos » Os robots transformables vidos do espazo di:

    […] Non hai que negar que houbo certa ilusión ó saber que ían a trasladar á grande pantalla estes robots de Cybertron e, sobre todo, coas novas tecnoloxías, podería ser un resultado moi prometedor. Pero vendo as numerosas “adaptacións-fracasos” de Hollywood sempre fomos con certa precaución. Logo chegaron os bocetos das personaxes, con Autobots e Decepticons angulados e cheos de apéndices picudos e Megatron transformado nunha nave espacial. Nese momento xa andaba con certo medo desta adaptación e esas libertades que se toman estes directores de hoxe en día, pero serían aceptables se estaban ben introducidos no filme e, ademáis, os Transformers pasaron por diferentes fases polo que sería medianamente aceptable. E entón chegou a personaxe que debería ser a máis importante da película: Optimus Prime, e o pobre foi degradado a un camión “tuneado” e con lapas. ¿Por qué? ¿Acaso o filme vai dirixido ó mesmo público da trioloxía de A Todo Gas, ou Torque, ou Persecución Extrema? ¿O público ianqui é tan descerebrado? É difícil de responder. Máis tarde chegaron os trailers e certa esperanza rexurdiu (ou polo menos certo voto de confianza, aínda que solo fora polos cartos investidos). […]

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image