Archives for xaneiro, 2007
Posted on 2007 under Pistas, Trailers e teasers |
31
xan
Primeiro un trailer da enésima adaptación dunha historia de Stephen King, 1408, desta volta protagonizada por dous actores benqueridos neste bló, John Cusack e Samuel L. Jackson.
E de segundo unha non recomendación, algo do chamado ‘cinema para mentes pouco inquedas’. O trailer dunha parodia parida, Delta Farce (Farsa Delta)
Posted on 2007 under Rumores |
31
xan
Disque a secuela de Casino Royale podería se-la historia curta de Ian Fleming Risico, precuela ou “postcuela” de Só para os teus ollos, un dos mellores filmes de Roger Moore no que o axente 007 ten que buscar un aparello encriptador para controlar misis que ía nun barco espía inglés afundido nas costas de Albania.
Risico conta como Bond é enviado a Italia a investigar unha rede de narcotráfico que introduce drogas no Reino Unido, con personaxes que xa foron utilizados no filme Só para os teus ollos.

Christian Bale sin ser Bruce Wayne e pilotando un A-1 Skyraider sobre Vietnam. Como mola ese actor. Métese no papel que é unha pasada, engorda, adelgaza, engorda…
Sen dúbida o máis rechamante do filme é que está dirixido por Werner Herzog.
Aquí podedes ve-lo trailer.
Aquí podedes le-lo diario do piloto do que fala o filme.
E xa para os máis frikis-bélicos aquí podedes ver fotos de avións A-1 Skyraider.
En canto á data de estrea non o temos moi claro. Rescue Dawn foi estreado no Festival de Toronto e tiña previsto estrerse tanto nos EUA coma en España no 2006, pero nalgúns sitios pon 2007. Isto cheira a ‘directo a DVD’.
Posted on 2007 under Xeral |
30
xan


Rush Hour 3 promete se-lo mesmo que as dúas anteriores partes de Hora Punta… pero alguén pide máis?
E para que vos fagades unha idea do barato que é rodar en Francia vede este video.
O director é Brett Ratner, director das dúas anteriores entregas, de X-men 3 e do primeiro capítulo dunha das sensacións da tempada, Prison Break.
Posted on 2007 under Pósters |
30
xan







Como molan as novas imaxes e teasers posters de Pirates of Caribbean: At Worlds End, a terceira parte de Piratas do Caribe. E Chow Yun-Fat está que se sae! (verémolo disparar pistolas como en O Fervedoiro?)
Posted on 2007 under Xeral |
26
xan


Aquí tedes a primeira imaxe oficial de Alien vs. Predator II: Survival of the Fittest. Dirixen o filme Greg e Colin Strause (por fin librámanos de Paul Anderson), encargados dos efectos especiais de filmes coma 300, X-Men 3, Poseidón, Aeon Flux, Os Catro Fantásticos, etc. O guión estivo a cargo de Shane Salerno, un dos guionistas de Armaggedon. Os protagonistas son Reiko Aylesworth, Steven Pasquale, John Ortiz, Johnny Lewis, David Hornsby , Gina Holden e Shareeka Epps.
Vía Worst Previews
Posted on 2007 under Críticas |
19
xan

“Non fagas dun problema científico un problema de amor” dille o doutor Snaut a Kelvin, o protagonista.
Nun futuro non moi lonxano a cosmonáutica rusa adícase a investigar un novo planeta chamado Solaris no que hai un grande e estrano océano que algunhas teorías din que funciona como un gran cerebro. Fai tempo que unha estación espacial adícase en exclusiva á solarística (a ciencia que estuda Solaris), pero un accidente provoca que dende fai algúns anos as teorías estean estancadas e mesmo haxa un retroceso.
O psicólogo Kris Kelvin é enviado á estación espacial para conversar cos tres derradeiros habitantes da estación e tomar unha decisión sobre a continuidade do proxecto de estudo de Solaris.
O escenario que se atopa Kelvin ó chegar é desolador. A estación está totalmente desatendida e parece abandoada. Un dos tres científicos morreu en estrañas consecuencias e os outros dous gardan silencio e fuxen do contacto con Kelvin. No medio deste desolador escenario Kelvin recibe a visita da súa muller Hari, morta fai dez anos. Inda que a muller non ten moitos recordos nin moitos sentimentos o doutor trátaa como se fose a súa muller. E é aquí onde empeza a problemática que sinalo no título. Inda que os doutores Snaut e Sartorius intentan explicarlle que os visitantes non son persoas reais senon creacións da intelixencia do océano de Solaris, Kelvin namórase da nova Hari e empeza a vivir nunha realidade enfermiza e febril, chea de alucinacións e continuas fuxidas da realidade. E así ata un inesperado final.
Andrei Tarkovsky, diretor do filme, é deses que pensan que unha imaxe vale máis que mil palabras e por iso o filme está cheo de evocacións e de longas esceas de paisaxes, que intentan transmitirnos non sabemos o que e deixan un aquel de desasosego e inquedanza. Preocúpase máis por amosarno-los sentimentos dos protagonistas que por explicar o que está pasando.
Solaris ten uns decorados e unhas caraterizacións (maquillaxe incluida) que xa desexarían para si moitos filmes de ciencia ficción actuais, ademáis dunhas interpretacións que non desentoan cas liñas xerais da cinta.
En definitiva Solaris é un filme de ciencia ficción dos que están ‘prohibidos’ facer agora. Non hai armas, non hai monstros, non hai persecucións, non hai cazas espaciais… pero en ningún momento (bueno, nalgún si) deixa de terte pegado á pantalla.
Deberes: le-la novela de Stanislaw Lem na que se basea a película e ve-la versión moderna interpretada por George Cloonie.
E para finalizar unha pregunta ó noso culto público. Hai algunha explicación para os cambios de cor a branco e negro que ó longo da película sucédense aparentemente de forma aleatoria? (descartados problemas co proxector ou coa cinta)
ifrit
Posted on 2007 under Críticas, Nós-rules |
16
xan

Con motivo de ter superado o 95% do Hangar 18 de Megadeth no Guitar Hero II fagot decidiu agasallarnos cunha análise da saga Pesadelo en Elm Street, creada por Wes Craven e protagonizada por Robert Englund no papel do carismático Freddy Krueger.
Aquí tedes este limiar para disfrutalas todas xuntas:
Pesadelo en Elm Street (Wes Craven, 1984)
Pesadelo en Elm Street II. A vinganza de Freddy (Jack Sholder, 1985)
Pesadelo en Elm Street III. Os guerreiros dos soños (Chuck Russell, 1987)
Pesadelo en Elm Street IV. Amo dos soños (Renny Harlin, 1988)
Posted on 2007 under Nós-rules, Xeral |
14
xan
Seguramente ninguén os agardaba pero xa están aquí de novo, por segunda ocasión consecutiva, os Premios CINEMA FRIKI, a oportunidade perfecta para pasar revista ó ano 2006.
Este ano cambiamos o formato dos premios. Desta volta a Academia CINEMA FRIKI propón unha serie de candidatos para cada categoría para así poder concentra-los votos, pero se non estades de acordo sempre podedes propoñe-las vosas opcións nos comentarios.

E despois de votar deixade un comentario para deixar constancia de que votáchedes, e quen sabe, ó mellor este ano tamén sorteamos un botella de LK do Mosquito.
Resultados dos Premios CINEMA FRIKI 2005
Posted on 2007 under Xeral |
7
xan

Pode que por estes lares non teñamos o CGAI pero o CGAC de vez en cando sorpréndenos con algún ciclo máis que interesante como este do que informamos aquí e que é o terceiro dos que complementan a exposición Contos dixitais.
No ciclo hai de todo como en botica e cada día presentan un tema distinto exemplificado en dous filmes. A selección vai dende cinema mudo ata propostas máis recentes cheas de efectos especiais.
Tóda-las proxeccións terán lugar na sala de proxeccións do propio CGAC e todas son de balde.
Aquí tedes o horario:
9 xaneiro
Monstros
- 19:30 h: The Fly, 1958. Kurst Newman, V.O.S.C., 94 min
- 21:45 h : Freaks, , 1932. Tod Browning, V.O., 59 min
10 xaneiro
Desdobramento. Os corpos outros
11 xaneiro
O mal animal. Un futuro non desexado
12 xaneiro
Alteracións narrativas e visuais
- 19:30 h: Cube, 1997. Vincenzo Natali, V.O.S.C., 90 min
- 21:45 h: Frau im Mond, 1929. Fritz Lang, muda, 162 min
13 xaneiro
O conto. Realidade/ficción
16 xaneiro
Realidade/ficción
- 19:30 h: eXistenZ, 1999. David Cronenberg, versión dobrada en castelán, 99 min
- 21:45 h : La Mort en direct, 1980. Bertrand Tavernier, V.O., 128 min
17 xaneiro
O ben e o mal
18 xaneiro
Alterar a natureza humana/tecnoloxía
- 19:30 h: Solaris, 1972. Andrei Tarkovski, V.O.S.C., 160 min
19 xaneiro
Corpo intervido por tecnoloxías e modelos estereotipados
20 xaneiro
Efectos especiais
21 xaneiro
- 19:30 h: Metropolis, 1927. Fritz Lang, muda, 153 min
En Santiago non teremos CGAI pero para os cinéfilos sempre estará o Cineclube de Compostela, traballando arreo.
Posted on 2007 under Pósters |
7
xan

“Comprometidos para aplastar”

“Un deus-rei debe morrer”

“Sedento de sangue espartano”

“Isto no che vai gustar”

“Esta noite ceamos no inferno”

“Unha morte preciosa”
Pouco máis hai que engadir a este espectacular despregue de imaxes e frases lapidarias.
Vía: Notas bedéfilas
Trailer de 300