Ficcións e alteracións da realidade no CGAC
7 Xaneiro 2007Pode que por estes lares non teñamos o CGAI pero o CGAC de vez en cando sorpréndenos con algún ciclo máis que interesante como este do que informamos aquí e que é o terceiro dos que complementan a exposición Contos dixitais.
No ciclo hai de todo como en botica e cada día presentan un tema distinto exemplificado en dous filmes. A selección vai dende cinema mudo ata propostas máis recentes cheas de efectos especiais.
Tóda-las proxeccións terán lugar na sala de proxeccións do propio CGAC e todas son de balde.
Aquí tedes o horario:
9 xaneiro
Monstros
- 19:30 h: The Fly, 1958. Kurst Newman, V.O.S.C., 94 min
- 21:45 h : Freaks, , 1932. Tod Browning, V.O., 59 min
10 xaneiro
Desdobramento. Os corpos outros
- 19:30 h: The Hunger, 1983. Tony Scott, V.O.S.C., 100 min’
- 21.45 h: Dr. Jekyll and Mr. Hide, 1920. John Robertson, muda, 80 min
11 xaneiro
O mal animal. Un futuro non desexado
- 19:30 h : Planet of the Apes, 1968. Franklin Schaffner, V.O.S.C., 112 min
- 21:45 h : White Zombie, 1932. Victor Halpering, V.O., 67 min
12 xaneiro
Alteracións narrativas e visuais
- 19:30 h: Cube, 1997. Vincenzo Natali, V.O.S.C., 90 min
- 21:45 h: Frau im Mond, 1929. Fritz Lang, muda, 162 min
13 xaneiro
O conto. Realidade/ficción
- 19:30 h: Die Abenteuer des Prinzen Achmed, 1926. Lotte Reiniger e Carl Koch, muda, 65 min
- 21:45 h: Pleasantville, 1998. Gary Ross, versión dobrada en castelán, 126 min
16 xaneiro
Realidade/ficción
- 19:30 h: eXistenZ, 1999. David Cronenberg, versión dobrada en castelán, 99 min
- 21:45 h : La Mort en direct, 1980. Bertrand Tavernier, V.O., 128 min
17 xaneiro
O ben e o mal
- 19:30 h: La Belle et la bête, 1946. Jean Cocteau, 90 min
- 21:45 h: Nosferatu, 1922. Murnau, muda, 85 min
18 xaneiro
Alterar a natureza humana/tecnoloxía
- 19:30 h: Solaris, 1972. Andrei Tarkovski, V.O.S.C., 160 min
19 xaneiro
Corpo intervido por tecnoloxías e modelos estereotipados
- 19:30 h: Eduardo Manostijeras, 1990. Tim Burton, versión dobrada en castelán, 103 min. O filme Eduardo Manostijeras proxectarase a continuación da curtametraxe Vincent (Tim Burton, 1982).
- 21:45 h: Dr. Strangelove, or How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb, 1964. Stanley Kubrick, V.O.S.C., 94 min
20 xaneiro
Efectos especiais
- 19:30 h: The Invisible Man, 1933. James Whale, V.O.S.C., 70 min
- 21:45 h : 2001: A Space Odissey, 1968. Stanley Kubrick, V.O.S.C., 139 min
21 xaneiro
- 19:30 h: Metropolis, 1927. Fritz Lang, muda, 153 min
En Santiago non teremos CGAI pero para os cinéfilos sempre estará o Cineclube de Compostela, traballando arreo.
8 Xaneiro 2007 ás 12:13 am
Qué pasada de títulos. Cunde, cunde, non sei se terei tempo para velas, polas prácticas e iso, pero apuntábame xa!!!!!!
8 Xaneiro 2007 ás 6:07 pm
Pois xa está, organizamos saída cultural coma na escola
11 Xaneiro 2007 ás 4:20 pm
Hola, estoy revisando tu blog. Me tomaré un tiempo para hacerlo con ánimo de votar por ti en 20 minutos. Te invito, igualmente, a mi blog. http://carloscuentero.blogspot.com/