Primeiro un trailer da enésima adaptación dunha historia de Stephen King, 1408, desta volta protagonizada por dous actores benqueridos neste bló, John Cusack e Samuel L. Jackson.
E de segundo unha non recomendación, algo do chamado ‘cinema para mentes pouco inquedas’. O trailer dunha parodia parida, Delta Farce (Farsa Delta)
by Suevo, on febreiro 2 2007 @ 11:14 am
Pois polo visto no trailer non ten mala pinta a de 1804 (inda que se nos fiaramos dos trailers, todalas peliculas serian caralludas).
Outra cousa, non sei se me pasa a min só pero na contra de vogais con tildes vexo símbolos raros no teu blog (será por iso do UTF-8)
by Suevo, on febreiro 2 2007 @ 11:17 am
onde saiu o smiley con gafotas teria que ir un 8 [UTF_8]
by cinemafriki, on febreiro 3 2007 @ 3:40 am
Suevo, coido que xa está arranxado
Non sei que pasou 
by CINEMA FRIKI » Arquivos » Sitges 07. Empezamos (Sección oficial Fantàstic), on outubro 7 2007 @ 12:57 am
[...] Para abrir unha nova produción de Guillermo del Toro, dirixida por J. A. Bayona e interpretada por Belén Rueda, Fernando Cayo e Geraldine Chaplin, entre outros. Disque é un drama con toques de terror. Vendo o tráiler parécese demasiado a Os Outros de Amenábar, pero por outra parte aparecen eses nenos con cabeza de boneco que meten bastante medo. E para cerrar unha á que xa fixemos referencia por aquí, 1408, baseada nunha novela de Stephen King e interpretada por John Cusack e Samuel L. Jackson. Pinta ben. [...]