Feliz día do traxe de gorila

4 Febreiro 2007

“Nunca é tarde se o gorileo é bo”, ese podía ser un dos lemas de CINEMA FRIKI, ese bló onde as cousas van máis despacio que en palacio.

O 31 de xaneiro gran parte da burroesfera celebraba o Día do traxe de gorila, unha das celebracións fundacionais de Bizácoras.

Durante este día (o ano pasado foi unha semana enteira) os blós máis subculturais que te podas botar á cara gaban as marabillas da xente vestida de gorila e dos gorila en xeral, xa sexa en banda deseñada, filmes, libros, cancións ou o que sexa.

A orixe de todo este alegre sinsentido é unha banda deseñada de Don Martín que podedes recordar aquí.

E xa sabedes: “los brazos hacia arriba, los brazos hacia abajo… como los gorilas! uh, uh, uh!!”

Publicado na categoría Bizarro, Nós-rules | Trackback | del.icio.us | Enriba

Unha resposta a “Feliz día do traxe de gorila”

  1. CINEMA FRIKI » Alucinações Sexuais de um Macaco di:

    […] seguir tóda-las respostas a este artigo através da semente RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou un rastro dende o teu propiositio. […]

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image