Red Trousers: The Life of the Hong Kong Stuntmen

6 Febreiro 2007

Trinta segundos en ver alguén vestido con traxe de coiro negro; corenta segundos para ver á primeira moza lixeira de roupa bailando posuida nunha discoteca con música infernal; un minuto para ver ó primeiro xefe dunha Triada; minuto e dez para ver a primeira espada; cabeza cortada antes dos dous minutos de película; artes marciais; saltos; disparos; explosións; caídas espectaculares dende tres pisos de altura; cristais rotos; fiestras, portas, tabiques e muros atravesados por corpos humanos; persecucións pasmosas; atropelos supremos; invocación dos espiritos da loita; superpoderes; loitadoras cachondas; protagonistas mazas; Robin Shou; Sammo Hung; Jackie Chan; pó; sudor; ferro… ¡¡todo esto e máis é esta superproducción que conta cos mellores especialistas de Hong-kong chamada Red Trousers!!

Por certo, non é unha película.

Robin Shou (Liu Kang en Mortal Kombat) fai este traballo co obxectivo de recoñecer o traballo dese curioso grupo de profesionais que fan que máis de medio mundo soñe e disfrute na sala escura: os dobres de acción, os especialistas, os “Stunts”.

Se é vostede unha desas persoas que disfruta coas películas de “acción”, como seguramente será se é asiduo lector de Cinema Friki, non perda detalle desta pequena perla de sabiduría en formato documental que desentraña as orixes e os métodos de traballo do colectivo de profesionais que máis accidentes recibe, e que habitualmente o fai cun sorriso e con humildade. Descubra as motivacións dun home que repite cinco veces unha caida dende tres pisos de altura sabendo que o seu nome nin sequera sairá nos créditos. Vexa a mellor caída dende unha ponte endexamáis filmada, unha escena que só pode acabar coa morte ou coa consagración. Aprenda a ser atropelado por un bólido a alta velocidade e sair ileso non unha, nin duas, senón un cento de veces…

Nada será igual tras Red Trousers.

Gran Dios del Bien y del Mal

Publicado na categoría Críticas | Trackback | del.icio.us | Enriba

9 respostas a “Red Trousers: The Life of the Hong Kong Stuntmen”

  1. La Otra Chilanga di:

    Es como abrir de nuevo la caja de Pandora; pero ahora para dejar salir lo maravilloso, lo increible, lo mágico que hay dentro suyo… recuerdo con agrado los finales de las películas de Chan mostrándonos repeticiones de las secuencias de acción, pequeños bocadillos que de seguro en Red Trousers han de ser un banquete.

  2. kuroi_yume di:

    Hay que conseguirlo… aunque sólo sea para quitarme el mal gusto que me dejó la participación de Robin Shou en “D.O.A”

  3. Caminante di:

    Estimado autor:

    Se le deja constancia (de que…)

    Las carencias del certamen convocado por 20minutos, han propiciado que muchos Blogs en competencia (con temáticas de proyección social, reflexión familiar, sexualidad, contracorriente, de libre cultura o similares ), tengan dificultades -ya no para ganar- sino para “encajar” en alguna categoría.

    En aras de compensar este problema, el equipo de La Patria Falsa ha estado trabajando durante semanas para otorgar un reconocimiento paralelo, modesto y -de cierta manera-, reivindicativo.

    Léanse por favor las bases:
    http://www.4shared.com/dir/1779772/cc47637b/concurso.html

    Este mensaje le confirma que su Blog no pasó desapercibido.

    Afectuosamente,
    Caminante.
    (Redactor de La Patria Falsa)

    PS: IMPORTANTE:

    1.Bajo ningún concepto, nuestro comentario le obliga a corresponder la visita. Acaba de leer un “hago constar”; no ha sido víctima de Spam.

    2.La notificación NO excluye/implica que su Blog sea votado en el concurso oficial. Abundar al respecto, significaría -siempre-, una exigencia de reciprocidad.

    3.Después de haber leído, borre este mensaje: Nuestra intención no es permanecer a la vista de sus lectores habituales, ni publicitar a terceros esta iniciativa.

  4. An di:

    Tenme voa pinta :P

  5. oscar di:

    Se viene una peli super friki. Se estrena el 23 de marzo. Se llama EL SINDROME DE SVENSSON. Imperdible.
    Tienes que poner algo en tu excelente blog

  6. An di:

    Pero ista e moito ou pouco recomendable :P

  7. An di:

    Seino, sonvos un pesado :)

  8. Pol di:

    Non hai fallo, An ;)

    Está ben. Ves bastantes hostias e a min sempre interesoume o mundo dos tipiños estes, aínda que nalgúns momentos fáltalle algo máis de ritmo.

  9. An di:

    Sera logo cuestion de topala :) un saudo

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image