Arriscou coas cartas e gañou

18 Marzo 2007

Máis vale tarde ca nunca, ou iso din as persoas sabias. É verdade que este filme deixou as nosas carteleiras hai tempo, pero este corre para todos e non sempre se pode estar en todo.

Como fan de James Bond dende pequerrechiño, fun dos moitos que levei as mans á cabeza ó coñecer a nova apariencia do axente británico. Sean Connery sempre foi o mellor, e eu son dos que penso que Pierce Brosnan agora estaba na idade para encarnalo, pero as caprichosas productoras converteron a un espía secreto da Guerra Fría nun superheroe de acción rematando cunha grande saga.

Solución? A mesma que se fai co Windows. Reseteamos e comezamos de novo. Un experimento arriscado xa que falamos dunha antoloxía de moitos anos. Retomar o espírito das novelas de Fleming e esquecer tódolos anteriores Bond. E funcionou.

Como filme é correctísimo. James Bond é un axente infiltrado, non un heroe sacado dos filmes de Jerry Bruckheimer. A acción está moi ben levada e a xusta (aínda intento esquecer Morre outro día) e serve de comezo a unha saga que pode durar moitos anos máis.

O único que se lle pode botar en falta é ese aire bondiano que tiñan os filmes orixinais. Un Bond mullereiro e non namoradizo, fumador (bébedo, e moito), a falta dos xoguetes “Q” e aínda que Daniel Craig faino estupendamente (este é un Bond que se despeina, sangra e da e recibe “oxtias coma pans” ) sempre queda esa sensación de como sería ver a outro actor máis clásico e non a un con máis pinta de axente da Spetnaz ou da KGB que coma axente británico.

Polo demáis, moi recomendable filme para ver no cine e esperar ansiosamente unha continuación onde a evolución da personaxe sexa definitiva e no seu total esplendor.

James Bond will return with…

Diefer Casan

Publicado na categoría Críticas | Trackback | del.icio.us | Enriba

Unha resposta a “Arriscou coas cartas e gañou”

  1. An di:

    Non sei o porque, pero os filmes de bond tras velos unha vez xa me perden todo o merito :) inda asi supoño que pra gustos cores

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image