Tódo-los días son o Día do traxe de gorila

25 Marzo 2007

“Pasou o día pasou a romería”, como dí miña nai. Aínda que pasara o Día do Traxe de Gorila non quería deixar pasar esta data tan sinalada para facer a miña pequena aportación do mundo gorilesco e cinéfago, pero coma sempre, o tempo é unha amante moi caprichosa.

Pois a miña referencia ó traxe de gorila é unha breve aparición no filme Octopussy onde Roger Moore, coma James Bond, escóndese nun traxe de gorila no tren do circo, logo de espiar ós malos de turno e que o impresionante Gobinda (Kabir Bedi) atravesa cun sabre ó intuir algo.

Ese é o meu graniño de area para este gran día. James Bond coma gorila.

Diefer K’san

Publicado na categoría Bizarro | Trackback | del.icio.us | Enriba

Unha resposta a “Tódo-los días son o Día do traxe de gorila”

  1. An di:

    Tamen sae un na pelicula o guateque se me lembro ben :P

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image