Unha cea no inferno do máis saborosa
25 Marzo 2007Sublime. Levabamos máis dun ano agardando por ela e pagou a pena. Un ano de ver unha e outra vez o trailer e de admira-las comparacións entre os seus fotogramas e os cuadriños da banda deseñada. E por fin saciamo-la nosa sede.
O 300 de Zack Snyder é unha oda á violencia, á testosterona e ó ego desmedido. Podemos pedir algo máis? Unha adapatación fiel a tódo-los niveis coa banda deseñada, unha fotografía, unhas coreografías, unha banda sonora, todo, de sobresainte. Outro grande acerto coido que foi non elexir estrelas para os papeis principais e conseguindo de igual maneira (ou inda mellor) unhas interpretacións altamente convincentes e cunha grande forza.
Podería estar escribindo sobre as pelexas, as coreografías, o sangue, as amputacións, as mutilacións, etc. durante liñas e liñas. Todo precioso. Un verdadeiro espectáculo. A ambientación, o deseño de vestiario, o bestiario, esas ‘ghamonas’, eses freaks, ducias de frases para a memoria.
E a peli a penas ten mensaxe! Repito, podemos pedir algo máis? Bueno, si, que non fagan 301.
ifrit
Un café e unhas pastiñas no inferno e para de contar
Un dos medos que me asaltaban cando vin aparecer xuntos os nomes de Zack Snyder e “adaptación de 300” era que o filme rematara convertíndose nunha batalliña sen fin que desvirtuase a profundidade psicoloxica das súas personaxes principais: Leónidas e Ephialtes. O medo fíxose realidade e 300 convertiuse nunha batalla de dúas horas onde a adaptación da novela gráfica probablemente sexa idéntica na concepción de planos, cores e estética de personaxes pero oposta no seu contido e terriblemente inxusta coa personalidade das personaxes creadas por Frank Miller.
A obra de Miller establece un paralelismo entre o pasado de Leónidas e o de Ephialtes que vai evoluíndo a medida que avanza a historia para chegar a unha confrontación final na que todos entendemos o por que da forma de actuar de cada un deles ó tempo que asimilamos que saia quen saia vencedor, no fondo vai resultar unha derrota, unha derrota interna, unha derrota dos seus principios. No caso de Ephialtes porque contribuirá a matar ó rei que xurou honrar e no caso de Leónidas por ser o causante da rebelión dun súbdito contra si mesmo. O filme obvía esta confrontación para perderse no superficial das mortes ó tempo que elimina case que completamente ó que podería ser un dos grandes antagonistas do cinema: Ephialtes. Por contra decide conceder este papel ó rei Xerxes que na novela ten moi pouco peso e que no filme é caracterizado como unha personaxe sacada de Queer as Folk, feito este que provocou enormes gargalladas na sala durante a súa estrea.
Con todo o filme é entretido e non se pode negar que a súa espectacularidade fai que te divirtas vendo a sucesión de animaladas que se nos presenta. Incluso se poden considerar aceptables algúns dos “engadidos” sobre o texto orixinal, como os monstruíños varios que aparecen ou a historia de amor (que por outro lado non dista demasiado dalgunhas interpretadas por Meg Ryan). Esteticamente é unha preciosidade e todo o filme está cargado dunha beleza innegable.
Por tanto a sensación coa que te quedas, especialmente despois de ler a novela, é que Snyder é un técnico fantástico, cousa que xa se sabía, pero que dificilmente superaría unha mínima proba de análise de texto. A adaptación, como tal, é moi mala, e incluso o recurso barateiro de copiar bocadiños tal cual aparecen no cómic, ou a enorme cantidade de minutos de voz en off copiados do texto orixinal, perden completamente o seu sentido ó non verse apoiados por eses momentos decisivos na novela gráfica que foron suprimidos non sei con que criterio.
Así é que, xustiña, xustiña, moito alarde técnico pero pouca chicha.E aínda así tamén se ve algún que outro croma que canta que dá medo.
fagot
Lede tamén as opinións de: Viruete (de Viruete.com), Uruloki (de Uruloki.org) e Buchinsky (de VIVER E MORRER NO CINEMA)
26 Marzo 2007 ás 9:38 am
Tremenda.
26 Marzo 2007 ás 11:39 am
-> E a peli a penas ten mensaxe!
Superdacordo en todo, xa sabe. Pero esta frase, especialmente esta frase, fixo que un calafrío de identificación me recorrera enteiro.
No comic de Miller -spoiler, igual- non hai esposa emputecida por lealdade, nin colgantiño que di o que un espartano non pode verbalizar, nin historia de amor paternofilial. É aínda máis BADASS (como se dirá iso en galego?).
26 Marzo 2007 ás 11:51 am
A adaptación da novela de Miller deixa moito que desexar.
26 Marzo 2007 ás 1:36 pm
Aí está a diferenza entre a crítica de fagot e a miña crítica, eu non lin o cómic…
E agora que fago? léoo ou non o leo?
26 Marzo 2007 ás 2:47 pm
leo home leo que esta de morte, eu teño certo reapro a vela e que non me guste, xa se vera
Saudos
26 Marzo 2007 ás 3:09 pm
Merece a pena lelo, especialmente agora porque cando xa disfrutaches a peli o comic vaiche saber mellor que se o tiveses lido antes.
Pd: Hai que ter coidado porque agora estase a vender unha adaptación do comic que coincide coa versión do filme.
26 Marzo 2007 ás 3:23 pm
Ifrit, tes que ler XA o comic.
‘Nuff said!
26 Marzo 2007 ás 6:14 pm
O comic está bastante de puta madre, sip! Eu lin metade antes de ver a peli, metade despois… e a verdade é que quedei bastante contento coa adaptación. Foron fieis a moitas partes do comic como storyboard e mantiveron bastante o guión orixinal, engadindo iso si moitas cousas (o toque feminino, o politiqueo, o constante énfase en que os espartanos son “homes libres”, a dramática relación pai-fillo, etc) e quitando algunha outra, en xeral para encher metraxe, facer a película máis dixerible ao público de cine e meterlle algo máis de mensaxe. A min iso paréceme xenial, creo que as adaptacións deben ser máis ca unha simple fotocopia. O cine e o comic son mundos diferentes, e os dous 300 destacan cada un no seu.
(Diola, que falangueiro estou hoxe.)
26 Marzo 2007 ás 6:38 pm
Estou dacordo Snob en que o cinema e o comic son mundos distintos o que pasa é que en toda adaptación o que se soe buscar é a esencia do “material adaptado” e neste caso non creo que se conseguira.
E en caso contrario se prescindes da esencia do relato adaptado, suponse que é para melloralo que tampouco creo que se conseguira.
Por outra banda tampouco creo que teña máis mensaxe que o orixinal senón máis recheo.
En todo caso eu sigo a decir que me divertín véndoa e que se me pasou o tempo voando pero que se fixo unha mala lectura do texto orixinal.
(Eu tamén estou falangueiro
27 Marzo 2007 ás 2:00 am
Hola! Atopei o teu blog e me pareceu moi interesante. Eu ó certo é que aínda non vin a película, así que non podo xulgar se fai unha boa adaptación ou mala do comic. De todos modos, penso que non é tarefa fácil levar a Frank Miller ó cine - salvo casos como Sin City, que na miña opinión, o fixeron con nota-
27 Marzo 2007 ás 10:13 am
Eu lin o cómic, pero non vin a peli… e medo me estades dando. A priori os tráilers estaban que te cagas pero, claro está, ensinan o que queren que vexas.
En fin, haberá que darlle unha oportunidade. A ver con Watchmen o que fai.
Un saúdo e felicidades polo Blog.
27 Marzo 2007 ás 10:36 am
Joder, normalmente coincido con Uruloki pero creo que me paso ó lado Viruete
De tódolos xeitos creo que esa crítica centrada nos estereotipos gais e nas alteracións históricas paréceme algo reduccionista ademáis de prexuizosa.
Non vos perdades tampouco esta:
http://poderfriki.blogspot.com/2007/03/300-sin-prisioneros-sin-piedad-sin.html
29 Marzo 2007 ás 2:51 pm
Fagot, non me amoles, de certo estase bendendo unha adpatación da pelicula…pois a min pareceume menos plano o comic
29 Marzo 2007 ás 3:45 pm
O máis importante da crítica de Viruete é: “Así que todos saldrán contentos del cine, como hice yo”
30 Marzo 2007 ás 4:10 pm
Non entendo o que queres dicir An ¿?
E sí eu tamén creo que se pasa ben.
31 Marzo 2007 ás 1:10 pm
Gosto do nobo xeito do caderno
un saudo
Fagot, digo si de certo se esta bendendo unha adaptación do filme o comic? por que para min o orixinal era bo pero o filme …perde un pouco
2 Agosto 2007 ás 6:30 pm
Despois de tantas adaptacións fallidas de comics, facía tempo que non me sentía tan indentificado cunha película.
¿Pra cando unha adaptación de “Las 7 vidas del Gavilán”, ou mesmo do “Incal”?. Creo que poderían ser grandes películas.