"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Abril, 2007

Maratón de Pesadelo en Elm Street. Parte 2

Pasou só un ano desde que se estreara Pesadelo en Elm Street e xa temos secuela. En 1985 estréase Pesadelo en Elm Street II que conta cun subtítulo pouco orixinal pero moi propio para a ocasión: A vinganza de Freddy.

E é que efectivamente, Freddy regresa para vingarse e vaino facer na que posiblemente sexa o filme máis “raro” na saga. O novo filme ven firmado por Jack Sholder (que un par de anos despois acadaría certo recoñecemento internacional no mundiño do xénero por dirixir Oculto) e está escrito por David Chaskin. E o certo é que se van cargar unha grande parte das “normas” establecidas na primeira parte da saga. Este feito, que podería parecer intrascendente vai obrigar a vindeiros guionistas a darlle uns cantos xiros extraños ós argumentos de posteriores filmes para que todo teña máis ou menos lóxica.

O caso é que na ficción pasaron xa 5 anos da primeira matanza en Elm Street e non queda nin rastro de Nancy nin da súa familia. O único que recoñecemos da zona é a mesma casa, que ten novos inquilinos, entre eles un mozo adolescente, Jesse (Mark Patton), que será o noso protagonista. O rapaz comeza a sufrir pesadelos no momento en que se muda á súa nova casa e pouco a pouco vai descubrindo que as paredes onde vive teñen un pasado escuro.

O filme non aporta ningunha novidade sobre o pasado de Freddy e o noso protagonista vai descubrindo o que precisa gracias a un diario de Nancy Thomson que atopou no fondo dun armario. Ata aquí, a cousa colaría, máis ou menos, o malo é que Freddy en lugar de matar ás súas victimas nos sonos como viña facendo, vaise pasar á moda da posesión e vaise dedicar a entrar e saír do corpo para matar na realidade. Esto non so vai contra o que era a personaxe, senón que vai marcar unha tendencia que terá repercusión nos posteriores filmes: a necesidade dun intermediario, por parte de Freddy, para chegar ás súas víctimas.

A esto podemoslle sumar uns cantos elementos desmadrados do filme como uns periquitos caníbales que morren por combustión espontánea, uns cadelos mutantes ou un local de ambiente, non sabemos se gay ou sadomaso, que é frecuentado polo profesor de educación física e que non entendemos moi ben que pinta un sitio así na pequena vila de Springwood. E xa postos a poñer defectos, nesta parte, vemos a peor maquillaxe de Freddy de toda a saga (xunto coa 5 que tamén ten delito).

Resumindo, un filme que estorba máis do que aporta dentro da saga dos pesadelos pero que aínda así se deixa ver. A resolución final, seguindo a estela da primeira parte, segue a ser un tanto inocente, ademáis, neste caso é pouco orixinal.

Curiosidades moi moi frikis.

  • Nesta parte temos un bo feixe de curiosidades comezando pola secuencia inicial. Vemos un autobús escolar que abre as súas portas. Nese momento podemos apreciar que o conductor do autobús é Robert Englund. Pero a cousa non remata aí, porque uns segundos despois vemos un plano desde o interior do bus onde sae o conductor de costas. Nese plano, o conductor ten o pelo loiro e bastante longo, o que contrasta co pelo curto de Englund. Esto fai que nos salte a dúbida de se se trata dun fallo de racord ou se Englund tiña máis pelo do que pensabamos.
  • Sen sair dese autobús vemos máis cousas curiosas. No fondo do mesmo vemos un figurante con pinta de flipado que ten unha radio enorme que xesticula de forma esaxerada. Se nos fixamos un pouco notaremos que nos soa a súa cara. Efectivamente: é Jack Black!!! (e non sae nos créditos).
  • Esta é a única parte de toda a saga na que non aparece a melodía orixinal que Charles Bernstein compuxo para o primeiro filme. E en canto á cantinela orixinal vemos as primeiras variacións: 1-2 Freddy viene a por ti (primeira vez que o escoitamos), 3-4 cierra la puerta “con llave” (un engadido), 5-6 coge “tu” crucifijo (outro engadido).
  • Nunha das paredes do cuarto dun dos colegas de Jesse podemos ver un poster dos Stray Cats. É do disco Built for Speed de 1982. Cando se rodou Pesadelo en Elm Street II, en 1985 a banda xa estaba oficialmente disolta.
  • Esto máis que unha curiosidade é un superlercheo para marughóns. Na primeira parte de Pesadelo en Elm Street aparece nos créditos unha auxiliar de producción chamada Rachel Talalay. A medida que van avanzando as partes da saga, esta muller vai ir ascendendo peldaños de auxiliar a axudante de aí a xefa e así sucesivamente ata ser a directora da 6ª parte. Esto deixa de manifesto que os EE.UU. son a terra das oportunidades.

Continuará…

Fagot

Rumores bondianos

Non da tempo para nada. Inda lle estou quitando o plástico envoltorio ó DVD de Casino Royale e xa nos están bombardeando con novas e rumores sobre Bond22.

Segundo a MTV a cantante pop Jamira podería ser unha chica Bond22, disque no casting de Casino Royale xa ‘impresionara’ ós productores (non sei por que, a Barbara Broccoli non creo, ou si. Hui, que pillabana…)

Outra que se rumorea que podería ser chica Bond22 é Abbie Cornish.

Un rumor que pode se-la BOMBA. Sir Sean Connery déixase querer e podería voltar á saga Bond. Declarou que lle gustaría interpretar un papel na próxima peli, por un módico prezo, declarou despois. Podería ser moi interesante ver a Bond-Connery de vilán (xa o vimos en Os Vengadores) contra Bond-Craig. Iso tería moi boa pinta.E para rematar algo un pouco máis certo. O 4 de abril re-inaugurouse o 007stage nos estudios Pinewood. Agora só falta que empezen a traballar. Unha curiosidade, na páxina do estudio podedes ver tóda-los filmes que se rodaron alí, entre eles A espía que me amou e Aliens e ata a saga Tomb Raider ou a escena de Venecia en Casino Royale.

Fai uns dí­as que completei un dos momentos máis frikis da miña vida ó tocar con éxito o 95% das notas do Hangar 18 de Megadeth no Guitar Hero II. Así­ que non se me ocorreu mellor forma de celebralo que unha megamaratón dunha das sagas de terror máis importantes de tódolos tempos: Pesadelo en Elm Street.

Rememoremos para quen non coñeza estas cousas. A comezos dos 80 o cinema de terror está no seu máximo esplendor. Os finais dos 70 deixaron títulos míticos para o xénero como A matanza de Texas (1974) ou Halloween (1978) e os 80 van arrancar con cousiñas tan serias como Venres 13 (1980) ou Posesión infernal (1981). Por tanto, panorama máis que propicio para contar historias de mortos a tutiplén. A época coincide tamén cunha etapa de crise económica para algúns estudios. É o caso de New Line (quen o diría) que pese a distribuir Posesión infernal (Evil Dead), está flitearndo coa quebra. Nestas chegou por alí Wes Craven (‘aguililla’ profesional) cun guión debaixo do brazo. Craven xa tiña boa sona en Hollywood por ter dirixido en 1977 un título mítico de recente remake: Os outeiros teñen ollos. O seu novo proxecto era algo máis ambicioso e levaba como título: Pesadelo en Elm Street (A nightmare on Elm Street). O título sobre o papel xa era suxerente xa que tiñminiscencias da rúa onde asasinaron a Kennedy. Pero o forno non estaba para bolos así que se facía o filme debería rodalo con catro cadelas. E fixoo. E en 1984 nacía a que probablemente sexa a mellor saga de cine de terror que existe.

Pesadelo en Elm Street.

Vemos aparecer as mans dun tipo nun taller moi macabro. O ghichiño en cuestión ponse a afiar uns coitelos e a cousa comeza a prometer. Acto seguido vemos a unha loira en camisón andando por lugares extraños e unha voz metalizada que a acosa. “Esta palma”, dicimos todos. Pero non. Trátase dun pesadelo. O caso é que xa estás enganchado. Pouco despois, diálogo de situación un tanto enganoso:

Rob: “Tina, esta mañá espertei cunha erección e o teu nome escrito na pel”.

Tina: “Hai 4 letras no meu nome Rob, non creo que teñas espacio suficiente para 4 letrasï”.

Rob: “Hei Tina, sen ofender ou pártoche a boca”.

Reacción moi propia que parece indicarnos certas similitudes coas outras sagas da época, Venres 13 (Friday the 13th) e Halloween, onde a máxima é: “foder mata”. Pero non. Pronto descubriremos que o que aquí mata é durmir. Esta idea, “se morres no pesadelo, morres na realidade” deu lugar a unha das mellores campañas de máketing da época. Frases como “durmir mata” ou “se durmes non espertarás” fixeronse moi populares na época. O mesmo que o nome de Fred Krugger, posteriormente Freddy (para os colegas) e que aparece mencionado por primeira vez na xa célebre cancionciña que recitan unhas nenas loiras xogando á corda: “9-10 ¿onde está Fred?”. Unha cantinela que irá mudando de letra a medida que vai avanzando a saga, posiblemente polos diferentes tradutores utilizados para a dobraxe.

O caso é que case den darnos conta percibimos que a prota do filme non é Tina (Amanda Wyss á que despois veríamos en multitude de series desde Cheers a Walker Texas Ranger) senón Nancy Thomson (Heather Langenkamp) e o seu mozo Glen (Johnny Depp que debutaba con este filme), que serán os encargados de ter que lidiar con Freddy (Robert Englund, que naquel momento nos descolocou a todos por ter a súa imaxe asociada ó entrañable Willie de V).

O que ven despois é un filme fantástico. As mortes dos adolescentes vanse sucedendo a medida que vamos descubrindo pequenos detalles sobre a historia persoal de Fred Krugger. Ó parecer, Freddy é un asasino de nenos que despois de saír libre no xuizo foi axusticiado polos pais dos nenos da pequena localidade de Springwood. Agora, Freddy volve nos pesadelos adolescentes para vingarse matando ós fillos de quenes o asasinaron.

A tensión do filme vai ascendendo ata a esperada confrontación final entre Freddy e Nancy que vista con certa distancia resulta un tanto inocente. Sen embargo, e pese a que o clímax final pode parecer algo forzado, é con diferencia o filme da saga que mellor soubo envellecer.

O filme inclúe tamén unha secuencia final que deixa a historia aberta e que marcaríaa tendencia en todo o cine do xénero. Esta marca de estilo, que xa vimos con anterioridade en filmes como Halloween, remataría por converterse nun estandar dentro do cine de terror. A gran aportación de Pesadelo en Elm Street é que a secuencia incluida a maiores non ten unha continuidade temporal. É dicir, está feita co propósito de suxerir unha continuidade da historia con total independencia do argumento antes contado.

Curiosidades moi frikis.

  • Freddy Krugger é unha das personaxes da historia do cinema que máis beneficios reportou ó seu creador: Wes Craven. De feito, Wes Craven só dirixiu o primeiro filme da saga e non volveu a dirixir á súa creación máis rendible ata 10 anos despois, en 1994 cando dirixe a séptima parte da saga: O novo pesadelo, de Wes Craven.

  • Un dos actores de reparto que aparecen no filme é John Saxon (pai de Nancy) ó que vimos en multitude de produccións tanto en filmes, series ou tv movies destas das tres da tarde.

  • Hai un figurante que dí algo así como: “Deus podería encerrarme nunha casca de noz e considerarme o rei do universo se non tivese terribles pesadelos“. Este home é John Richard Petersen, un actor que non nos soa de nada pero que curiosamente detectamos que apareceu como figurante en varios filmes de gran éxito, aínda que normalmente non aparece nos créditos. De feito, se alguén se fixa, poderedes ver que é un dos espectadores da final do campionato de karate en Karate Kid.

Continuará…

fagot

Tráiler de Stardust

En Stardust atopamos un pobo, Muro, que fai linde entre a campiña inglesa e o reino de Faerie. Nel vive Tristran Thorn, un mozo produto do cruce entre un humano e unha elfa qu se atoparon na noite na que, unha vez cada sete anos, celébrase unha feira á que acuden habitantes de ambo-los dous mundos. Unha promesa feita nun momento de paixón a moza máis bonita do lugar levará a Tristran a atravesa-lo muro que dá nome ó pobo e a internarse no país das fadas na procura dunha estrela fuga caída. No seu camiño atoparán ós seres máis extraordinarios, tanto benévolos coma maléficos, e progresará nas súas aventuras á maneira dos contos de fadas, sendo recompensado (ou non) po-las súas boas accions segundo a particularísima lóxica de Faerie, e gañando no proceso coñecementos sobre si mesmo e a súa especial herdanza compartida…”

Aqueles que pensen que este filme é outro amago de cinema de aventuras ó estilo de Narnia ou Unha ponte cara Terabithia, pero sen nenos protagonistas, ou que só é un filme máis de efectos especiais e con actores como Michelle Pfeiffer ou Robert De Niro en papeis meramente alimenticios é que non teñen memoria.

Neil Gaiman puxo uns bos vimbios, haberá que agardar para ver se lles quedou un bonito cesto. De momento teremos que contentarnos co tráiler.

Rodaxe de Blood: The Last Vampire

Nestes últimos dí­as comezou a rodaxe da adaptación ó cine do manga Blood, The Last Vampire. En realidade non é unha adaptación do manga, se non unha secuela deste multiverso composto po-lo manga (debuxado por Benkyo Tamaoki), unha pelí­cula de anime (Blood, The Last Vampire), unha serie de 52 capí­tulos (Blood+), tres novelas (de Mamoru Oshii) e un videoxogo para a PS2 (The Blood+, Battle Rondo of Twin Wings) que contan historias complementarias.

A rodaxe de Blood: The Last Vampire lévase a cabo en Bos Aires e será estreada nos cines o próximo ano 2008. O filme está sendo dirixido por Ronny Yu. Interpretando á protagonista Saya temos a Jun Ji-hyun, protagonista doutros filmes como Siworae (da que Sandra Bullock e Keanu Reeves fixeron o remake A casa do lago) e My Sassy Girl, da que antes ou despois veremos un novo remake. Tamén poderemos ver a Allison Miller no papel de Alice Mckee.

Aquí tedes os pósters internacionais de Os 4 Fantásticos: O rexurdir de Estela Prateada.

A estrea terá lugar o 10 de agosto de 2007.

Bond 22

Xa temos data para a estrea de Bond 22 (este é o nome de traballo do proxecto): 7 de novembro de 2008. Inda que a última hora pode variar algún día por estratexia comercial, xa que ese mes estrerase Madagascar 2 (que terá que ver unha cousa coa outra? Eles saberán)

O máis seguro é que a saga de Bond volte rodarse nos estudios Pinewood UK, en troques de Praga, xa que están a ser reconstruidos despois do incendio que os destruiu en xullo do 2006.

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.