"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Fai uns dí­as que completei un dos momentos máis frikis da miña vida ó tocar con éxito o 95% das notas do Hangar 18 de Megadeth no Guitar Hero II. Así­ que non se me ocorreu mellor forma de celebralo que unha megamaratón dunha das sagas de terror máis importantes de tódolos tempos: Pesadelo en Elm Street.

Rememoremos para quen non coñeza estas cousas. A comezos dos 80 o cinema de terror está no seu máximo esplendor. Os finais dos 70 deixaron títulos míticos para o xénero como A matanza de Texas (1974) ou Halloween (1978) e os 80 van arrancar con cousiñas tan serias como Venres 13 (1980) ou Posesión infernal (1981). Por tanto, panorama máis que propicio para contar historias de mortos a tutiplén. A época coincide tamén cunha etapa de crise económica para algúns estudios. É o caso de New Line (quen o diría) que pese a distribuir Posesión infernal (Evil Dead), está flitearndo coa quebra. Nestas chegou por alí Wes Craven (‘aguililla’ profesional) cun guión debaixo do brazo. Craven xa tiña boa sona en Hollywood por ter dirixido en 1977 un título mítico de recente remake: Os outeiros teñen ollos. O seu novo proxecto era algo máis ambicioso e levaba como título: Pesadelo en Elm Street (A nightmare on Elm Street). O título sobre o papel xa era suxerente xa que tiñminiscencias da rúa onde asasinaron a Kennedy. Pero o forno non estaba para bolos así que se facía o filme debería rodalo con catro cadelas. E fixoo. E en 1984 nacía a que probablemente sexa a mellor saga de cine de terror que existe.

Pesadelo en Elm Street.

Vemos aparecer as mans dun tipo nun taller moi macabro. O ghichiño en cuestión ponse a afiar uns coitelos e a cousa comeza a prometer. Acto seguido vemos a unha loira en camisón andando por lugares extraños e unha voz metalizada que a acosa. “Esta palma”, dicimos todos. Pero non. Trátase dun pesadelo. O caso é que xa estás enganchado. Pouco despois, diálogo de situación un tanto enganoso:

Rob: “Tina, esta mañá espertei cunha erección e o teu nome escrito na pel”.

Tina: “Hai 4 letras no meu nome Rob, non creo que teñas espacio suficiente para 4 letrasï”.

Rob: “Hei Tina, sen ofender ou pártoche a boca”.

Reacción moi propia que parece indicarnos certas similitudes coas outras sagas da época, Venres 13 (Friday the 13th) e Halloween, onde a máxima é: “foder mata”. Pero non. Pronto descubriremos que o que aquí mata é durmir. Esta idea, “se morres no pesadelo, morres na realidade” deu lugar a unha das mellores campañas de máketing da época. Frases como “durmir mata” ou “se durmes non espertarás” fixeronse moi populares na época. O mesmo que o nome de Fred Krugger, posteriormente Freddy (para os colegas) e que aparece mencionado por primeira vez na xa célebre cancionciña que recitan unhas nenas loiras xogando á corda: “9-10 ¿onde está Fred?”. Unha cantinela que irá mudando de letra a medida que vai avanzando a saga, posiblemente polos diferentes tradutores utilizados para a dobraxe.

O caso é que case den darnos conta percibimos que a prota do filme non é Tina (Amanda Wyss á que despois veríamos en multitude de series desde Cheers a Walker Texas Ranger) senón Nancy Thomson (Heather Langenkamp) e o seu mozo Glen (Johnny Depp que debutaba con este filme), que serán os encargados de ter que lidiar con Freddy (Robert Englund, que naquel momento nos descolocou a todos por ter a súa imaxe asociada ó entrañable Willie de V).

O que ven despois é un filme fantástico. As mortes dos adolescentes vanse sucedendo a medida que vamos descubrindo pequenos detalles sobre a historia persoal de Fred Krugger. Ó parecer, Freddy é un asasino de nenos que despois de saír libre no xuizo foi axusticiado polos pais dos nenos da pequena localidade de Springwood. Agora, Freddy volve nos pesadelos adolescentes para vingarse matando ós fillos de quenes o asasinaron.

A tensión do filme vai ascendendo ata a esperada confrontación final entre Freddy e Nancy que vista con certa distancia resulta un tanto inocente. Sen embargo, e pese a que o clímax final pode parecer algo forzado, é con diferencia o filme da saga que mellor soubo envellecer.

O filme inclúe tamén unha secuencia final que deixa a historia aberta e que marcaríaa tendencia en todo o cine do xénero. Esta marca de estilo, que xa vimos con anterioridade en filmes como Halloween, remataría por converterse nun estandar dentro do cine de terror. A gran aportación de Pesadelo en Elm Street é que a secuencia incluida a maiores non ten unha continuidade temporal. É dicir, está feita co propósito de suxerir unha continuidade da historia con total independencia do argumento antes contado.

Curiosidades moi frikis.

  • Freddy Krugger é unha das personaxes da historia do cinema que máis beneficios reportou ó seu creador: Wes Craven. De feito, Wes Craven só dirixiu o primeiro filme da saga e non volveu a dirixir á súa creación máis rendible ata 10 anos despois, en 1994 cando dirixe a séptima parte da saga: O novo pesadelo, de Wes Craven.

  • Un dos actores de reparto que aparecen no filme é John Saxon (pai de Nancy) ó que vimos en multitude de produccións tanto en filmes, series ou tv movies destas das tres da tarde.

  • Hai un figurante que dí algo así como: “Deus podería encerrarme nunha casca de noz e considerarme o rei do universo se non tivese terribles pesadelos“. Este home é John Richard Petersen, un actor que non nos soa de nada pero que curiosamente detectamos que apareceu como figurante en varios filmes de gran éxito, aínda que normalmente non aparece nos créditos. De feito, se alguén se fixa, poderedes ver que é un dos espectadores da final do campionato de karate en Karate Kid.

Continuará…

fagot

1 comentario

  1. by CINEMA FRIKI » Arquivos » Marat, on Xaneiro 16 2008 @ 1:51 a.m.

     

    […] Pesadelo en Elm Street (1984) […]

Comment RSS

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.