En Stardust atopamos un pobo, Muro, que fai linde entre a campiña inglesa e o reino de Faerie. Nel vive Tristran Thorn, un mozo produto do cruce entre un humano e unha elfa qu se atoparon na noite na que, unha vez cada sete anos, celébrase unha feira á que acuden habitantes de ambo-los dous mundos. Unha promesa feita nun momento de paixón a moza máis bonita do lugar levará a Tristran a atravesa-lo muro que dá nome ó pobo e a internarse no país das fadas na procura dunha estrela fuga caída. No seu camiño atoparán ós seres máis extraordinarios, tanto benévolos coma maléficos, e progresará nas súas aventuras á maneira dos contos de fadas, sendo recompensado (ou non) po-las súas boas accions segundo a particularísima lóxica de Faerie, e gañando no proceso coñecementos sobre si mesmo e a súa especial herdanza compartida…”
Aqueles que pensen que este filme é outro amago de cinema de aventuras ó estilo de Narnia ou Unha ponte cara Terabithia, pero sen nenos protagonistas, ou que só é un filme máis de efectos especiais e con actores como Michelle Pfeiffer ou Robert De Niro en papeis meramente alimenticios é que non teñen memoria.
Neil Gaiman puxo uns bos vimbios, haberá que agardar para ver se lles quedou un bonito cesto. De momento teremos que contentarnos co tráiler.
Deixa un comentario