Rumores bondianos
22 Abril 2007Non da tempo para nada. Inda lle estou quitando o plástico envoltorio ó DVD de Casino Royale e xa nos están bombardeando con novas e rumores sobre Bond22.
Segundo a MTV a cantante pop Jamira podería ser unha chica Bond22, disque no casting de Casino Royale xa ‘impresionara’ ós productores (non sei por que, a Barbara Broccoli non creo, ou si. Hui, que pillabana…)
Outra que se rumorea que podería ser chica Bond22 é Abbie Cornish.
Un rumor que pode se-la BOMBA. Sir Sean Connery déixase querer e podería voltar á saga Bond. Declarou que lle gustaría interpretar un papel na próxima peli, por un módico prezo, declarou despois. Podería ser moi interesante ver a Bond-Connery de vilán (xa o vimos en Os Vengadores) contra Bond-Craig. Iso tería moi boa pinta.E para rematar algo un pouco máis certo. O 4 de abril re-inaugurouse o 007stage nos estudios Pinewood. Agora só falta que empezen a traballar. Unha curiosidade, na páxina do estudio podedes ver tóda-los filmes que se rodaron alí, entre eles A espía que me amou e Aliens e ata a saga Tomb Raider ou a escena de Venecia en Casino Royale.
3 Maio 2007 ás 10:56 pm
[…] como posíbel James Bond. Publicado na categoría Actores e actrices, Rumores | Trackback | del.icio.us |Enriba […]