"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Maio, 2007

Primeiras imagens de Rambo IV. Facia falta faze-la? Ufff… Somentes vendo as imagens e o trailer ( ou algo ) ja temos a resposta. John Rambo é recrutado por um grupo de missionários católicos para os defender dos piratas durante umha missom em Birmânia (agora A Uniom de Myanmar). Mais, apesar dos seus esforços, som seqüestrados e Rambo terá que reunir um grupo de mercenários para os rescatar.

Vía Ain´t cool news

Dentro dum pouco os de Hollywood sorprenderan-os com COBRA 2: Cobretti Returns, ou algo assim.

Novo tailer de Transformers. Neste xa se vem os Autobots e os Decepticons em todo o seu esplendor. E, sim! na trasnformaçom de Optimo Prime ouve-se esse característico som de… de… bom, como nos desenhos animados, já sabedes kikoxu, ou algo assim.

Tráiler de War

Para comezarmos, um trailer do novo filme de Jet Li a Jason Statham (Transporter, Snatch, The Italian Job, Celllular, Call of Duty, sim, call of Duty e ,em breve, The Brazilian Job). Nom se pode dizer muito vendo estes dous actores. Apuntade, War, um filme destes de relaxar e desfrutar dumha boa enxurrada de tiros, golpes e explosons. Pagara o preço… em DVD.

Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata

Hoje celebra-se por vez primeira o I Dia do Orgulho Luso-reintegracionista jonco co IV Dia da Toalha. Parabens para todos!

Como bem sabedes em este blog somos mais reintegracionsta de coraçom que de feitos e lusos por trabalho, amizade e ligaçons (à sua direita), e por isso nom podemos deixar passar esta celebraçom que é festa, e poucas cousas há das que gostemos mais em CINEMA FRIKI que umha festa, e melhor se é com humor.

E pouca cousa mais hai que explicar. Xá hai sitios abondo onde vos explicam de que vai todo isto e como festejar.

Reintegrade-vos! Enrolhade-vos com um/umha português/esa e nom esquezades a toalha! (Nem a camisinha!)

Obrigados, fer!

A actriz australiana Nicole Kidman será a protagonista da película The Golden Compass (O compás dourado, inda que aquí o libro foi traducido coma A luz do Norte e en Portugal como Os reinos do Norte) , unha adaptación do primeiro capítulo da triloxía A materia escura, escrita por Philip Pullman. As novelas cóntanos un relato fantástico atípico, moi orixinal e complexo e dunha crueldade pouco corrente. Ademáis de Kidman tamén estarán presentes nesta adaptación Dakota Blue Richards, Paul Bettany, Clare Higgins e Adam Godley.

Kidman interpretará a unha malvada chamada Sra. Coulter e Dakota Blue Richards encarnará a Lyra, a moza na que se centra a historia. Paul Bettany fará o rol de Lord Asriel. A película contará cun orzamento de 150 millóns de dólares e estará dirixida por Chris Weitz, director de Un neno grande. As filmacións comezarán o próximo 4 de setembro no Reino Unido. Tédelo poster… A ver que sae ¿Outra Narnia?

Neste primeiro capítulo, Luces do Norte, Lyra creceu no Jordan College, e as súas correrías de nena son o escándalo dos doctos centíficos de Oxford. Aínda de apariencia inxénua e despistada, a nena moi pronto descubre un dos secretos mellor gardados nos sotos da impresionante mansión e lánzase á aventura para salvar a vida de Lord Astriel, un enigmático cabaleiro que ten fama de gran explorador e home de ciencia que cruzou as fronteiras do país. Armada de valor e con a axuda dun extraño artiluxio que lle permite coñecer as intencións do inimigo, Lyra emprende unha viaxe que a levará ós xeos árticos e ó descubrimento dunha cidade máxica suspendida no aire, entre as luces da aurora boreal. Alí saberá por fin quénes son os seus pais e cal será o destino final das sús aventuras.

Imaxes de Babylon A.D.

Unhas imaxes da próxima película de Vin Diesel, Babylon A.D. O filme está dirixido por Mathieu Kassovitz, director de Gothika e Os Ríos de Cor Púrpura. Os protagonistas son Vin Diesel, Michelle Yeoh, Gérard Depardieu, Mark Strong, Charlotte Rampling, Jamel Debbouze, Mélanie Thierry e Radek Bruna,entre outros.

A película está baseada na novela Babylon Babies escrita por Maurice Dantec, e cóntanos unha historia futurista que transcurre nun futuro non moi lonxano, onde un mercenario chamado Toorop (Vin Diesel) é o protagonista. Este ten o encargo de levares ata Canadá a unha muller portadora dun novo virus feito por enxeñería xenética. Unha especie de contrabando de armamento biolóxico, sómentes que en «envase humano». Toorop verase inmerso en pelexas e diferentes situacións de perigo. Teremos a comerciais vendendo os seus produtos a guerrilleiros musulmás da China, sectas relixiosas fanáticas, ciborgs, etc.

Babylon A.D.

Magneto, o spin-off

David S.Goyer, guionista da saga de Blade e de Batman Begins, entre outras, será o director do spin-off que se realizará sobre a personaxe de Magneto. Desta volta a carga principal do guión recaerá en Sheldon Turner, guionista de A matanza de Texas: A orixe.

Esta nova adaptación será unha precuela da triloxía de X-Men, e contaranos as orixes de Magneto, Erik Magnus Lehnsherr. Veremos como Erik salva á súa familia dos nazis tras ser capturados e enviados ó campo de concentración de Auschwitz. Na película aparecerá o Profesor Xabier, como soldado das forzas aliadas que liberaron os campos de concentración. Magneto e o profesor coñécense despois da guerra e entablan amizade ó ver que teñen en común os seus especiais poderes, pero as súas diferenzas pronto os convertirán en inimigos.

Vía: IGN

Liv Tyler en The Incredible Hulk

Liv Tayler será Betty Ross tralos rumores que situaban a Jessica Biel interpretando á personaxe na nova adaptación de Hulk, The Incredible Hulk.

Nesta nova película perseguirán a Hulk por tódolos lados, mentras Banner trata de atopar unha cura para a súa mutación. A película comezará a rodarse no verán en Toronto e será dirixida polo francés Louis Leterrier. Parece que nos queren poñer un Hulk totalmente novo sen moita conexión co de Ang Lee. Unha aposta arriscada. Esperemos que funcione.

Edward Norton en The Incredible Hulk

Imaxes e deseños de Iron Man


Seguramente xa o veríades en multitude de sitios máis pero aquí tedes unha imaxe e un deseño de Iron Man (O Home de Ferro).

O filme semella que non pinta mal do todo, pero iso é moito dicir con esta xente de Hollywood. Polo menos garantimos unha boa chea de efectos especiais.

E teñen unha páxina web… ou algo.

Teaser póster de Iron Man

Dentro da laboura social que levamos a cabo dende este bló hoxe queremos advertirvos de dous filmes dos que debedes fuxir sen pensalo dúas veces.

Que Hollywod está nas últimas era ben sabido por todos. Non chegaban cos seus contínuos remakes e adaptacións, que das poucas cousas orixinais que se lles ocorren é esta… ‘cousa’. Agora tócanos Ninja cheerleades (As animadoras ninja) e o seu argumento non pode ser máis típico: tres animadoras que aprenden as técnicas ninja para salvala cidade ou ó guapiño de turno.

En fin, o director da película (por chamarlle dalgunha maneira) é un tal David Presley (non deixedes de seguir a ligazón para botarlle un ollo á súa foto). E as protagonistas son: Trishelle Cannatella, Ginny Weirick e Maitland McConnell.

E non hai moito máis que dicir. Por se a alguén inda lle queda algunha dúbida aquí está o tráiler.

E aquí outra mostra máis de que a fin do mundo está preta. Chega o momento da segunda parte dun dos maiores bodrios endexamáis rodados. Falamos da segunda parte de Bloodrayne (estreouse a primeira parte en España?), baseada no videoxogo do mesmo nome e cuxo tráiler «es lo puto peor». Os máis cultivados do lugar atoparán certos parecidos cun video-clip de Camela, inda que este era bastante mellor. Quedade con nome: BloodRayne II: Deliverance.
Avisados quedades. Non se aceptan reclamacións.

Malditos bastardos!

El si que sabía collela pistola

Pois iso, que ó final non nos deron o premio do xornal ese. Semellante ofensa só pode ser satisfeita cun poema que exprese o noso pesar:

As rosas son vermellas,
as margaridas de outras cores.
O teu blog é unha merda.
Mardito roedore.

E recordade que este bló ten unha versión traducida letra a letra ó catalán.

Editado: O noso home na capital do imperio pequeno agradece a barra libre.

Si, así como o ledes. A xuízo. De que se lles acusa? Pois de gustarlles o cinema, de compartir cultura, de facer as cousas ben, de preguntar ó autor da obra, de face-las cousas sen gañar un can… Uns verdadeiros criminais sen corazón.

Os feitos e máis detalles aquí.

Vía: chuza!

Spiderman faise EMO

E así remata a triloxía. Pero sen dúbida haberá máis.

Pero empecemos po-lo principio, e o principio deste filme foi do mais cutre, os créditos mistúranse con espellos nos que vemos anacos dos filmes anteriores. Sen dúbida non estará nesta lista de Uruloki (non o din atopado)

E despois disto xente gorda. Gorda? Si, gorda, moi gorda. Estabamos na terceira ringleira de butacas. Nunca máis.

E a partir de aí pasa de todo. O filme é longo pero pásase ben sen facerse pesado hai tempo para que pase de todo. Hai momentos para a acción desmadrada, para a comedia hilarante, para o pasteleo romántico, para o drama social, para o musical… E non, tranquilos, non hai Secret Wars. O simbionte é un extraterrestre pero sen máis historia.

A cousa non é tan esaxerada como en X-Men 3 pero si que hai historias e personaxes de máis para algo tan sinxelo como debería ser un filme de superheroes. Non digo que sobren, pero si que intenta contar demasiadas cousas.

Non sei falando con quen díxome que lle gustara este filme porque era máis o Spiderman da banda deseñada que nas dúas anteriores entregas. E agora que o penso vimos pouco a Spiderman, ou máis ben escoitamos pouco a Spiderman. O filme ben podía terse chamado Peter Parker. E pódovos asegurar que na terceira ringleira de butacas as escenas de acción son de todo menos espectaculares.

Relendo o ata agora escrito poida semellar que non gustei de Spiderman 3, pero non foi así. Gustei dos viláns, un Home de Area xenialmente caracterizado e cuns efectos de luxo, un Veleno (Venom) máis pegañento que nunca e outra vez salienta-los FXs e por último un Trasno Verde máis cortante que nunca (supoño que as pelexas po-los aires e as persecucións vistas dende calquera outro sitio serían de quita-lo alento)

Tamén ten momentos que quedarán no noso material xenético friki, como… bueno, agora non recordo ningún, pero háinos.

O que non nos tería importado é que o filme se tivera chamado J. Jonah Jameson. Este si que é un personaxe con personalidade! Dos que se fai querer!

O filme remata como rematan tódo-los filmes, cos títulos de créditos. Desta volta acompañados por tres cancións a cada cual menos ó xeito.

E as críticas rematan recomendando ou non recomendando. E eu recomendo a calquera que gustara das dúas primeiras que vexa esta terceira, que non quede sen vela. E por suposto, recomendo coller un mellor sitio que a terceira ringleira de butacas.

ifrit

Que tería pasado se Tarantino coñecese antes a Tila Tequila que a Uma Thurman? Estarían os fans pedindo máis Kill Bill coma posesos?

E xa postos debería aparecer en toda adaptación de anime ou de manga que se faga.

Novo tráiler de O ultimátum de Bourne

Uns opinan que a serie vai gañando con cada entrega, mentras outros pensan que con esta terceira parte só se intenta explotar unha vez máis o produto.

Botádelle un olló ó novo tráiler e opinade por vós mesmos.

Do que estamos seguros é que teremos a nosa ración de espionaxe, persecucións de coches e acción sen pretensións de gañar un Oscar.

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.