A habitación perdida
1 Maio 2007O pasado domingo estreouse en cuatro A habitación perdida, unha miniserie de ciencia-ficción e drama de tres capítulos dobres.
Esta miniserie xira ó redor dos obxectos, obxectos cotidiáns que teñen certos poderes, uns máis utis que outros. Todos estes obxectos proceden dunha habitación dun motel localizado nun lugar indeterminado. O obxecto principal na serie é a chave, abrindo calquera porta coa chave chegas á habitación do motel e dende a habitación podes abrir e aparecer en calquera sitio onde haxa unha porta.
Ó redor dos obxectos existen varias teorías que misturan deuses, explicacións do universo, fallos na física e outros moitos. E como non, ó redor dos obxectos xurden multiples intereses dende sectas e ordes que os buscan para destruilos ou atoparse con Deus ata coleccionistas e xente que busca o seu poder.
En medio de todo isto atópase sen comelo e sen bebelo o protagonista, Joe Miller, un detective da policía que recibe a chave e nun momento ve como a súa filla pequena desaperece dentro da habitación indo a parar a non se sabe onde (tódo-los obxectos que entran na habitación e non pertencen a esta desaparecen, persoas incluidas, se non están coa chave dentro, claro).
Agora deberá busca-la forma de atopala nunha realidade recén descuberta e movéndose nun mundo no que non se pode fiar de ninguén.
Despois de ve-lo primeiro capítulo dobre non me queda outro remedio que recomendala. O guión está moi ben construido, a acción está moi ben levada (a duración afórranos ter que aguantar palla), os actores están á altura, hai sangue, mortes cruentas, humor negro…
Haberá que seguir vendo os outros dous capítulos, pero mantendo como mínimo o nivel do primeiro conseguirá converterse nunha serie de ciencia ficción moi recomendábel.
Ás veces tamén se agradece que non nos queiran marear capítulo tras capítulo, e tempada tras tempada, dando voltas ó mesmo e facéndoo todo un lío.
ifrit
1 Maio 2007 ás 9:45 pm
Vaia, alédame saber que non fun a única persoa que veu a serie o domingo (e que gustou dela). Non sabia que tiña tan poucos episodios pero tes razón, así non poden enredar moito o argumento (dixeron que habia sobre 100 obxectos, imaxina, 5 ou 6 temporadas podian facer
1 Maio 2007 ás 10:18 pm
E combinando obxectos pódense atopar novos poderes, facendo probabilidade o número de tempadas aumenta
Esperemos que a crítica ó final da serie sexa igual de bo.
2 Maio 2007 ás 11:11 am
Eu tamén estou a velo aínda que de maneira ilegal vía emule. Fáltame por ver o último capítulo e salvando algunhas cousiñas é bastante boa.
Coincido co que dis das series que non acaban nunca, como Lost ou Prison Break. Penso que o público comezará a pedir outro tipo de tramas máis cortas e sinxelas como, no meu caso, Heroes, que ainda que ten varias tempadas non van estirar as tramas principais.
Saúdos.
3 Maio 2007 ás 7:41 am
Eu xa a rematei gracias á “borriquiña de internet”. Ten intriga, ten xiros e personaxes interesantes. Penso que é complicado seguir facendo sucesivas tempadas dado o tipo de trama, pero cousas máis raras se viron.
Eu creo, a verdade, que se tiñan que empezar a plantexar en serio as teleseries como “películas longas”, con presentación, nó e desenlace. E deixarse de exprimir á galiña dos ovos de ouro.
3 Maio 2007 ás 9:30 am
A verdade é que non está mal a serie. E agora que rematei de ver a segunda tempada de Prison Break, pois creo que é unha digna candidata á miña adicción.
E dicides que en USA xa rematou a primeira tempada?
Terei que buscala nos medios “alternativos” para vela (só vin os capítulos que puxo “Cuatro”)
3 Maio 2007 ás 10:19 am
Un bo exemplo do que comentades é Prison Break. Estaba pensada como mini-serie de 12 capítulos e subiron ata 22 mais logo unha segunda tempada e unha terceira. A verdade é que o que podía ser unha grande serie vai quedar a saber en qué…
3 Maio 2007 ás 1:33 pm
Pareceume unha serie moi artificial a ver o que vai dando de si. Miña noraboa por seres finalistas en 20 blogs, vexo que non me trabuquei moito o votar
un saudo
3 Maio 2007 ás 3:22 pm
A verdade e que a série está curiosa, e eestou mui tentado de ponhe a mula a trabalhar
3 Maio 2007 ás 4:17 pm
Grazas pola recomendación, xa a baixei da rede.
E parabéns pola nominación no de 20 minutos.
Ainda vai estar ben o concurso e todo
3 Maio 2007 ás 8:32 pm
Enhorabuena por la nominación, XDD.
Ya nos veremos en algún estreno de cine, un viernes por la noche, XD.