Estrea de Risico
3 Maio 2007Vai tomando forma. O 7 de novembro do 2008 estrearase nos cines Risico (título non oficial todavía, pero segundo diversas fontes moi probábel). Repiten Daniel Craig como James Bond, Judi Dench coma M e Giancarlo Giannini coma Mathis. A trama do film continuará onde quedou Casino Royale: 007, marcado para sempre pola súa relación con Vesper, seguirá á organización que intentou asesinalo en Montenegro.
Rumores fresquiños: a derradeira chica-Paul Verhoeven (O libro negro) Carice Van Houten podería pasar a sela derradeira chica-Bond. A actriz australiana Abbie Cornish, que xa soara como actriz principal, pasaría a ter un papel secundario e o vilán sería Goran Visnjic, coñecido por todos como o doutor guaperas substituto de Clooney na serie de TV Urxencias e que xa soara tamén como posíbel James Bond.