Aventuras, acción, fantático, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series…

Un premio para todos vós

Entre os moitos vicios que ten un dos ideólogos deste conto un deles é apuntarse en todo novo invento da internet que apareza para que así as compañías e a CIA saiban ata de que cor caga. Desta maneir un bo día decidiu apuntar este bló nun dos moitos certames de premios para blós que hai no mundiño este.

O principal obxectivo do concurso é dar publicidade gratuita ó debantido xornal gratuito, inda que ó mesmo tempo os blós tamén conseguen os bits de gloria. Desta maneira temos centos de blós ligando ó xornal (que como todos sabedes é unha das maneiras de gañar importancia dentro da internet)

O concurso do primeiro ano non tiña moito senso. Consistía en quen tiña máis amigos e máis constantes. Só se podía votar cun único correo-e e unha vez ó día durante varios meses. Ó final a cousa foi un desmadre e o xurado non elixiu necesariamente entre os máis votados. Por exemplo, nós tiñamos máis votos que o (xusto) gañador, días estranhos.

Desta volta intentaron correxir erros pero sen moita fortuna. Só podían votar os participantes rexistrados, unha vez por día durante un par de meses (ou quen ten máis amigos constantes entre os participantes rexistrados)

Co sinxelo que sería facer unha persoa un voto e punto.

Este ano decidimos non facer ningunha referencia ó concurso nin pór ningunha ligazón, deixar que foran eles os que nos fixeran a publicidade a nós. Pero os amigos tamén nos fixeron publicidade.

Dende aquí dar as gracias a tódolos que nos votáchedes e ós que gustades de lernos, esperamos que siga sendo así por moito máis tempo.

Un saúdo especial para La otra chilanga (o bló zapatista co blogroll máis ecléctico de todo México)

P.D.: E logo tódo-los que temos un bló somo vagos, maleantes, ociosos, rojos, maricones, melenudos y nos huelen los pies?? A que mente pensante se lle ocorreu face-la festa de entrega de premio un xoves??

Editado: Coas présas só nos deu tempo de mirarnos o embigo. Tamén son finalistas noutras categorías dous grandes ‘pagheros’ de pro como son Uruloki (de uruloki.org) e Lord Absence (do Blog Ausente).

4 Comentarios so far »

  1. by Martin Pawley, on maio 4 2007 @ 11:02 am

     

    Pois iso, moitos parabéns.

  2. by ghanito, on maio 4 2007 @ 4:10 pm

     

    Moita sorte outra vez. Sabede que eu fun un dos que vos votou ;-)

    E mágoa que sexa un xoves, porque eu tamén estaba convidado á festa e xa tiñades outro que vos acompañara XD

  3. by Apocalipse do porco » Convidado e non podo ir, on maio 4 2007 @ 8:11 pm

     

    [...] Convidáronme á festa de entrega dos II premios 20blogs nos que quedaron como candidatos para o premio ó mellor blogue en lingua estranha (coma en días estranhos) a xentiña de cinemafriki e Andrés Milleiro pero non poderei ir ver se aquilo vai ser unha festa galega un ano mais porque se non vou traballar disque deixan de pagarme. [...]

  4. by Otra Chilanga, on maio 16 2007 @ 5:36 am

     

    Muchas gracias por su saludo, mismo que devolvemos con la mano puesta al lado izquierdo del pecho.

Comment RSS · TrackBack URI

Deixa un comentario

Nome: (Required)

eMail: (Required)

Website:

Comment:

 

About Author

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Vestibulum at arcu. Integer et risus. Morbi id tellus. Integer felis. Mauris malesuada, turpis vitae facilisis euismod, dui arcu adipiscing sem, eu vulputate leo ante in lacus. Sed porta accumsan lectus. Aenean ac sem. In consequat tempus velit. Phasellus leo enim, adipiscing a, egestas nec, pretium ut, pede. Mauris sollicitudin diam et mauris. Sed quis enim vel augue egestas lobortis. Etiam tempus ipsum vel neque.