Edward Norton en The Incredible Hulk

6 Maio 2007

Para os que non o crian (eu tampouco) despois dalgunhas especulacións sobre quen ocuparía o lugar deixado por Eric Bana, fíxose oficial que o Dr. Bruce Banner/Hulk será Edward Norton. Inda que tamén especulabase con nomes como (agarrádevos) David Duchovny, Dominic Purcell e Adrien Brody.

Titulado The Incredible Hulk, o filme terá guión de Zak Penn -autor das adaptacións cinematográficas doutros heroes da Marvel coma X-men ou Os 4 Fantásticos- e estará dirixido po-lo francés Louis Leterrier.

O filme, que comezará a rodarse este verán en Toronto, e terá un estilo máis parecido á banda deseñada e á serie de TV, arrancará coa fuxida do Dr. Banner/Hulk que tratará de escapar mentres busca a cura que evite a súa transformación. O filme verá a luz nos cines de todo o mundo en xuño do ano que vén.

Alucinante.

Publicado na categoría Actores e actrices, Pistas | Trackback | del.icio.us | Enriba

2 respostas a “Edward Norton en The Incredible Hulk”

  1. CINEMA FRIKI » Arquivos » Liv Tyler en Hulk 2 di:

    […] Norton en The Incredible Hulk Publicado na categoría Actores e actrices | Trackback | del.icio.us |Enriba […]

  2. CINEMA FRIKI » Arquivos » Tim Roth em The Incredible Hulk di:

    […] en The Incredible Hulk Publicado na categoría Actores e actrices, Pistas | Trackback | del.icio.us |Enriba […]

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image