Spiderman faise EMO
7 Maio 2007E así remata a triloxía. Pero sen dúbida haberá máis.
Pero empecemos po-lo principio, e o principio deste filme foi do mais cutre, os créditos mistúranse con espellos nos que vemos anacos dos filmes anteriores. Sen dúbida non estará nesta lista de Uruloki (non o din atopado)
E despois disto xente gorda. Gorda? Si, gorda, moi gorda. Estabamos na terceira ringleira de butacas. Nunca máis.
E a partir de aí pasa de todo. O filme é longo pero pásase ben sen facerse pesado hai tempo para que pase de todo. Hai momentos para a acción desmadrada, para a comedia hilarante, para o pasteleo romántico, para o drama social, para o musical… E non, tranquilos, non hai Secret Wars. O simbionte é un extraterrestre pero sen máis historia.
A cousa non é tan esaxerada como en X-Men 3 pero si que hai historias e personaxes de máis para algo tan sinxelo como debería ser un filme de superheroes. Non digo que sobren, pero si que intenta contar demasiadas cousas.
Non sei falando con quen díxome que lle gustara este filme porque era máis o Spiderman da banda deseñada que nas dúas anteriores entregas. E agora que o penso vimos pouco a Spiderman, ou máis ben escoitamos pouco a Spiderman. O filme ben podía terse chamado Peter Parker. E pódovos asegurar que na terceira ringleira de butacas as escenas de acción son de todo menos espectaculares.
Relendo o ata agora escrito poida semellar que non gustei de Spiderman 3, pero non foi así. Gustei dos viláns, un Home de Area xenialmente caracterizado e cuns efectos de luxo, un Veleno (Venom) máis pegañento que nunca e outra vez salienta-los FXs e por último un Trasno Verde máis cortante que nunca (supoño que as pelexas po-los aires e as persecucións vistas dende calquera outro sitio serían de quita-lo alento)
Tamén ten momentos que quedarán no noso material xenético friki, como… bueno, agora non recordo ningún, pero háinos.
O que non nos tería importado é que o filme se tivera chamado J. Jonah Jameson. Este si que é un personaxe con personalidade! Dos que se fai querer!
O filme remata como rematan tódo-los filmes, cos títulos de créditos. Desta volta acompañados por tres cancións a cada cual menos ó xeito.
E as críticas rematan recomendando ou non recomendando. E eu recomendo a calquera que gustara das dúas primeiras que vexa esta terceira, que non quede sen vela. E por suposto, recomendo coller un mellor sitio que a terceira ringleira de butacas.
ifrit
7 Maio 2007 ás 11:29 pm
pois a min pareceume bastante feble, aburrida por momentos, a pior das tres… é certo que ten cousas que están ben, concordo co de JJ, coa caracterización do home de area (ainda que o momento no que colle do caixón a camisola de cenefas é un pouco puf!), os efectos especiais moi ben, pero ten cousas moi ridículas de dios, e persoanaxes que case sobraban porqu eapenas aportaron á trama; e acabei dándolle a razón ao meu compañeiro de piso en que Tobey Maguire nunca foi o actor axeitado para ese papel…
e tamén sobra muito un momento exaltación da bandeira estadounidense… en fin e en resumo, a pesares dalgunha risa aburrinme bastante.
para min, a mellor das tres foi a segunda, certamente.
9 Maio 2007 ás 11:48 am
jajajaja
no quiero leer todo el post hasta que no la vea (e igual tardo un poco en hacer ambas cosas) pero el título es genial, jejejeje
(a no ser que EMO signifique algo en gallego!!)
9 Maio 2007 ás 10:32 pm
homedeareia, concordamos en case todo, pero eu nunca me cheguei a aburrir
yume, no te preocupes, EMO significa http://en.wikipedia.org/wiki/Emo_%28slang%29
14 Maio 2007 ás 7:22 pm
Levo umha semana pensando em se gostei do filme ou nom… é difícil concho.
Eu nom sou um seareiro de Spiderman (E logo da última amnésia-reinício já nim penso em enganchar-me) e tenho bem aceitado que os direitores nom podem levar os quadrinhos para o ecram linha a linha.
Fazendo umha listagem: A peli tem acçom, nom tanta como outros filmes de superherois pero tem, tem humor e boas interpretaçons (Nom os actores principais, pero tem…)
Que sobram? Muitas cousas, Venom sobra por completo, está metido a forças e com muito cuspe (Homem, claro que nom podes meter a Trama das Secret Wars, e tampouco como na série animada - com Dormammu e o Barom Mordo!!-) e seguro que por petiçom do estudio para deitar FX no filme, duas voltas da trama romántica que é taaaam feble…
A mim Tobey Maguire nom me desagrada como Spiderman… Peter Parker sempre foi um pipiolo, um lampom de bom coraçom e muito seso pero pouca sociabilidade. O ridículo das suas cenas como EMO-parker estam bem traidos: Com ou sem simbionte segue a ser um pouco ridículo, poudo engraçadp. Isso racha co tópico-típico de que a versom “má/egoista/predadora sexual” só muda de peiteado ou deixa crescer cavanhaque e já esta….
14 Maio 2007 ás 9:28 pm
odemo, coido que estamos todos nas mesmas… Non saimos dando chimpos e subindo po-las paredes pero tampouco nos aburrimos