Magneto, o spin-off

13 Maio 2007

David S.Goyer, guionista da saga de Blade e de Batman Begins, entre outras, será o director do spin-off que se realizará sobre a personaxe de Magneto. Desta volta a carga principal do guión recaerá en Sheldon Turner, guionista de A matanza de Texas: A orixe.

Esta nova adaptación será unha precuela da triloxía de X-Men, e contaranos as orixes de Magneto, Erik Magnus Lehnsherr. Veremos como Erik salva á súa familia dos nazis tras ser capturados e enviados ó campo de concentración de Auschwitz. Na película aparecerá o Profesor Xabier, como soldado das forzas aliadas que liberaron os campos de concentración. Magneto e o profesor coñécense despois da guerra e entablan amizade ó ver que teñen en común os seus especiais poderes, pero as súas diferenzas pronto os convertirán en inimigos.

Vía: IGN

Publicado na categoría Directores, Pistas | Trackback | del.icio.us | Enriba

6 respostas a “Magneto, o spin-off”

  1. odemo di:

    “Magneto o spin (off))
    Parece umha brincadeira de físicos XD XD

  2. ifrit di:

    Pois, iso, que só vas rir ti :/

  3. O demo me leve » Hieróglifo Físico-Fílmico di:

    […] Inspirado por Cinemafriki. […]

  4. An di:

    Ten boa pinta, a ver como a resolven o final :) unha aperta

  5. Suso Rubio di:

    Pois a min caeme ben o Magneto e os seus esbirros é o enemigo perfecto para o Xavier este

  6. Grifit di:

    Seeeeeeeeeeee!!!!!
    Amo a los X-Men y sus peliculas (excepto la ultima, MUERE BRETT RATNER!!!)
    Y sabia de los spin-off pero crei que alguno terminaria cancelado porque no habia escuchado noticias, el de Magneto es el que mas espero, amo a Magneto

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image