Ninja cheerleaders e Bloodrayne 2
13 Maio 2007Dentro da laboura social que levamos a cabo dende este bló hoxe queremos advertirvos de dous filmes dos que debedes fuxir sen pensalo dúas veces.
Que Hollywod está nas últimas era ben sabido por todos. Non chegaban cos seus contínuos remakes e adaptacións, que das poucas cousas orixinais que se lles ocorren é esta… ‘cousa’. Agora tócanos Ninja cheerleades (As animadoras ninja) e o seu argumento non pode ser máis típico: tres animadoras que aprenden as técnicas ninja para salvala cidade ou ó guapiño de turno.
En fin, o director da película (por chamarlle dalgunha maneira) é un tal David Presley (non deixedes de seguir a ligazón para botarlle un ollo á súa foto). E as protagonistas son: Trishelle Cannatella, Ginny Weirick e Maitland McConnell.
E non hai moito máis que dicir. Por se a alguén inda lle queda algunha dúbida aquí está o tráiler.
E aquí outra mostra máis de que a fin do mundo está preta. Chega o momento da segunda parte dun dos maiores bodrios endexamáis rodados. Falamos da segunda parte de Bloodrayne (estreouse a primeira parte en España?), baseada no videoxogo do mesmo nome e cuxo tráiler “es lo puto peor”. Os máis cultivados do lugar atoparán certos parecidos cun video-clip de Camela, inda que este era bastante mellor. Quedade con nome: BloodRayne II: Deliverance.
Avisados quedades. Non se aceptan reclamacións.
14 Maio 2007 ás 7:52 pm
Ninjas… cheerleaders… que tem de mau?
14 Maio 2007 ás 9:24 pm
Eu tampouco lle vexo ningunha pega :>