Imaxes de Babylon A.D.

24 Maio 2007

Unhas imaxes da próxima película de Vin Diesel, Babylon A.D. O filme está dirixido por Mathieu Kassovitz, director de Gothika e Os Ríos de Cor Púrpura. Os protagonistas son Vin Diesel, Michelle Yeoh, Gérard Depardieu, Mark Strong, Charlotte Rampling, Jamel Debbouze, Mélanie Thierry e Radek Bruna,entre outros.

A película está baseada na novela Babylon Babies escrita por Maurice Dantec, e cóntanos unha historia futurista que transcurre nun futuro non moi lonxano, onde un mercenario chamado Toorop (Vin Diesel) é o protagonista. Este ten o encargo de levares ata Canadá a unha muller portadora dun novo virus feito por enxeñería xenética. Unha especie de contrabando de armamento biolóxico, sómentes que en “envase humano”. Toorop verase inmerso en pelexas e diferentes situacións de perigo. Teremos a comerciais vendendo os seus produtos a guerrilleiros musulmás da China, sectas relixiosas fanáticas, ciborgs, etc.

Babylon A.D.

Publicado na categoría Pistas, Xeral | Trackback | del.icio.us | Enriba

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image