Póster de The Golden Compass

24 Maio 2007

A actriz australiana Nicole Kidman será a protagonista da película The Golden Compass (O compás dourado, inda que aquí o libro foi traducido coma A luz do Norte e en Portugal como Os reinos do Norte) , unha adaptación do primeiro capítulo da triloxía A materia escura, escrita por Philip Pullman. As novelas cóntanos un relato fantástico atípico, moi orixinal e complexo e dunha crueldade pouco corrente. Ademáis de Kidman tamén estarán presentes nesta adaptación Dakota Blue Richards, Paul Bettany, Clare Higgins e Adam Godley.

Kidman interpretará a unha malvada chamada Sra. Coulter e Dakota Blue Richards encarnará a Lyra, a moza na que se centra a historia. Paul Bettany fará o rol de Lord Asriel. A película contará cun orzamento de 150 millóns de dólares e estará dirixida por Chris Weitz, director de Un neno grande. As filmacións comezarán o próximo 4 de setembro no Reino Unido. Tédelo poster… A ver que sae ¿Outra Narnia?

Neste primeiro capítulo, Luces do Norte, Lyra creceu no Jordan College, e as súas correrías de nena son o escándalo dos doctos centíficos de Oxford. Aínda de apariencia inxénua e despistada, a nena moi pronto descubre un dos secretos mellor gardados nos sotos da impresionante mansión e lánzase á aventura para salvar a vida de Lord Astriel, un enigmático cabaleiro que ten fama de gran explorador e home de ciencia que cruzou as fronteiras do país. Armada de valor e con a axuda dun extraño artiluxio que lle permite coñecer as intencións do inimigo, Lyra emprende unha viaxe que a levará ós xeos árticos e ó descubrimento dunha cidade máxica suspendida no aire, entre as luces da aurora boreal. Alí saberá por fin quénes son os seus pais e cal será o destino final das sús aventuras.

Publicado na categoría Pósters | Trackback | del.icio.us | Enriba

Unha resposta a “Póster de The Golden Compass”

  1. Fran di:

    Ola! Sen animo de molestar, pero creo que a mellor traducción de “compass” é brúxula.

    Por certo, en canto os actores que participan tamen sae Daniel Craig.

    Un saudo.

    :^)

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image