Publicado en 2007 por cinemafriki en Rumores |
19
Xuñ
E tremede… se vos gustou o filme erótico festivo orixinal non vos perdades isto. Robert Rodríguez será o encargado de dirixir o remake de Barbarella, película que protagonizou Jane Fonda en 1968 (aquí a crítica de Diefer K’San).
Dino de Laurentiis será un dos productores da película. Sábese que Rodríguez xa se encontra traballando no guión xunto con Neal Purvis e Robert Wade, que xa se encargaron do guión de Casino Royale.
Publicado en 2007 por cinemafriki en Rumores |
19
Xuñ

Esta vez parece que vai en serio. Tras multitude de rumores, parece que finalmente si haberá unha nova película de He-Man. Joel Silver, productor da triloxía Matrix, Ghost Ship, A casa de cera, V de Vendetta, etc. xa se encontra traballando para realizar unha nova película de He-Man. Justin Marks xa está traballando no guión.
Polo momento descoñécese quen interpretará á personaxe principal. ¿Mellorará o filme anterior (Masters do Universo) de Dolph Lundgren? Para ter o tempo que ten é un filme moi correcto, para o meu gusto.
Publicado en 2007 por cinemafriki en Pistas, Rumores |
19
Xuñ

Xa hai web de Batman: Dark Knight, bueno, web ou algo así, xa que soamente poderemos ver o novo logotipo e aínda que xa non estamos en eleccións invítannos a votar a Harvey Dent coma fiscal do distrito. Din que a peli vaise guiar polo guión do comic O Longo Halloween polo que se é certo isto vai pintar moi ben.
Polo menos o comic comeza así «I believe in Harvey Dent»
Publicado en 2007 por cinemafriki en Actores e actrices, Pistas |
19
Xuñ

Já há mau para The Increible Hulk. Tim Roth interpretará a Emil BLonsky, um agente do KGB que se expom à mesma radiaçom que Bruce Banner mais ao contrário de este, Blonsky nom poderá voltar o seu estado de humano umha vez que se convertu em Abominaçom.
Edward Norton en The Incredible Hulk, Liv Tyler en The Incredible Hulk
Publicado en 2007 por cinemafriki en Directores, Pistas, Rumores |
19
Xuñ
«Quando nasceu o anho nasceu a anha» Steven Spielberg e Peter Jackson produziram e dirigiram umha adaptaçom de Tintín. Dirigiram trés filmes baseadas nas aventuras do personagem de comic Tintin para DreamWorks Animation. Selecionaram tres histórias de entre os 23 livros de Tintín e cada um dirigirá umha película.
Publicado en 2007 por cinemafriki en Actores e actrices, Rumores |
19
Xuñ


Ainda nom estrearom a segunda parte do s 4 Fantástico e Tim Story ja declarou que possívelmente Panteira Negra seja um dos maus da terceira entrega da saga….
Rumerejam que o actor Djimon Hounsou (Gladiator, A Illa, Diamantes de Sangue) poderia encarna-lo e um dos possíveis títulos seria Fantastic Four Rise of the Black Panther.
Publicado en 2007 por cinemafriki en Pósters, Trailers e teasers |
19
Xuñ

Umha boa nova. Parece que em Cannes se fijo oficial o projecto de levar ao ecram El Capitán Trueno e o encarregado será o director Pau Vergara, coa supervisom do mesmo criador do comic, Victor Mora. Tem um orçamento de 15 milhons de euros e fai varios meses que se empezou. A sua estrea prevê-se para o verão do 2009.
Aquí enriba está o cartaz e aquí o teaser trailer (ainda que a mim soa-me mais a um vídeo de Prince of Persia que o dum heroi espanhol). Esperemos que nom seja outro Alatriste… triste.