"Só leo este blogue para saber o que non teño que ver", Martin Pawley (días estranhos)

Archives for Xullo, 2007

«I have a favorite Bronson story. Both Bronson and the Swedish director Ingmar Bergman had the same agent, Paul Kohner, and the same publicist, the legendary Ernie Anderson. When Bergman left Sweden in a well-publicized dispute with the tax authorities, he visited Los Angeles for the first time, and asked Kohner to arrange a visit to a studio. Bronson was making an action picture at the time, and Kohner assigned Anderson to arrange a meeting between the two clients. Anderson was hesitant, because Bronson sometimes kidded him: «I know this isn’t a Bergman picture, but it may make a few bucks. «After he introduced the two men, Bergman asked him to explain the scene he was doing. «This is the scene where I get shot,» Bronson said. «I have these little squibs that explode to make it look like bullets are hitting.» «Fascinating,» said Bergman. «I never knew how they did that.» «You mean,» asked Bronson, «you don’t use machine guns in your movies?»

Roger Ebert

Tradución: «Teño unha anécdota favorita sobre Bronson. Tanto Bronson coma o director sueco Ingmar Bergman tiñan o mesmo axente, Paul Kohner, e o mesmo publicista, o lendario Ernie Anderson. Cando Bergman deixou Suecia nun ben publicitado enfrontamento coa facenda visitou Os Ánxeles por primeira vez e falou con Kohner para organizar unha visita ó estudio. Daquela Bronson estaba facendo unha película de acción, e Kohner encargoulle a Anderson que preparara un encontro entre os seus dous clientes. Anderson andaba algo nervioso porque Bronson bromeaba dicindo: «Sei que non é unha película de Bergman, pero podemos facer unha boa taquilla.» Despois de que os presentou, Bergman pediulle que lle explicara a escena que estaban rodando. «Esta é a escena na que me disparan», dixo Bronson. «Teño estas pequenas mechas que estouran e semella que as balas impactan.» «Fascinante,» dixo Bergman, «Nunca souben como facían iso.» Bronson preguntou: «Queres dicir que non usas metralletas nas túas películas?»

Pagaría a pena morrer só para ver unha peli de Bergman protagonizada por Charles Bronson (e Antonioni xa está preparando a segunda parte, mentras Michael Serrault rabia porque a el ninguén lle fai caso)

E aquí tedes máis unha mostra de por que Charles Bronson merece un ciclo de cinema (sexa no CGAC, no CGAI ou no Cineclube) E abofé que o vai ter (stay tuned!)

Vía VIVER E MORRER O CINEMA

Aquí­ vos queda a ligazón ó tráiler.

Para babexar e demáis sempre téde-los comentarios.

George Lucas está decidido a amosarnos que o mellor da nova triloxía é o que pasa entre película e película. Despois de desfrutar como ananos con Star Wars: Clone Wars, (a serie de animación) agora chega unha nova serie e desta volta en 3D, The Clone Wars, TV series.

Inda que os modelos podan chocar ó principio recordade que pasounos o mesmo ca anterior de animación. De calquera maneira esta ten un tratamento máis escuro e pinta moi ben.

Desfrutade co tráiler.

No comment

O pasado martes 24 de xullo, coincidindo coa véspera do dí­a do Apóstolo, deu comezo a preprodución por parte dePerro Verde Films e Black Marí­a Producciones da curtametraxe Santiago de Sangre. Trátase dun novo proxecto do director F. Calvelo (Con tu cara, Crisá¡lida, Go’ el) a partir dun guión de Raúl Valcárcel, a historia ten lugar en Santiago de Compostela, cunha estética fortemente inspirada nos inquedantes debuxos do mangaka xaponés Suehiro Maruo e na arquitectura da cidade. Recentemente, o proxecto ven de recibir o apoio da Consellerí­a de Cultura e Deporte. A rodaxe terá lugar antes de remata-lo ano, en formato de alta definición e posterior kinescopado, e actualmente atópase na busca do reparto principal e do equipo técnico.

Vía Tierras de cinefagia

Aquí podedes ver o tráiler de I am legend.

Recordar que o filme está baseado na novela homónima de Richard Matheson na que tamén se basearon filmes como The last man on earth, 28 días despois ou O derradeiro home… vivo (Omega Man), da que á súa vez este novo filme homenaxea ese paseo en coche que no seu día interpretara Chartlon Heston. O círculo cérrase.

I am legend, Johnny Deep en I am legend

O holocausto pop

o sexo débil

Estou dacordo co culto ó politicamente correcto en moitos temas. De feito, só discrepo de quenes patrocinan esta actitude en que non me gusta a súa intolerancia, os seus métodos feixistas, que introduciran o lavado de cerebro maoísta no noso mundo académico, a súa absoluta falla de humor, as súas constantes agresións ó sentido común, a súa vontade de destrui-la nosa Constitución e a súa escasa humanidade. Agás estas pequeneces, a súa idea non me parece demasiado mala.

Robert Anton Wilson; O Gatillo Cósmico III: A miña vida após a morte

Leo que a Comisión Británcia para a Igualdade Racial quere prohibir a venda de Tintín no Congo, a pésima segunda entrega do famoso reporteiro belga. Estas manobras do politicamente correcto resultan tan cansativas como parvas, ademáis de esteris no que pretenden. Vale, quizabes acaden prohibilo (inda que de momento semella que só fixeron aumenta-las súas vendas), pero entendan: toda a cultura pop, absolutamente toda, é politicamente incorrecta e merecería ser prohibida seguindo eses criterios tan curtos de miras con arraigado na profunda idiocia da sociedade borderline. A maldade oriental de Fu-Manchú (de moi británica orixe e xustificativa das pouco explicadas Guerras do Opio), a agresión sexual como leit motiv do melodrama, a idealizacion grafica do heroe como macho caucásico, o amigo negro do bo, o caníbal amazónico, a heroína delectamente torturada ou como «ghamona» lixeira de roupa, a homosexualidade reprimida como explicación do psicópata pulp, a pelexa de fémias na lama, o moza do bo, o cruel apache curta cabeleiras, o deforme como obxecto de burla, o mexicano traizoeiro, o monstro como ente aniquilábel pola súa anormalidade…

A cultura pOp alicerzase en terreos de escasa moralidade e aí está a súa grandeza. A cultura pOp non procura agradar po-los seus bos sentimentos senon po-los seus baixos instintos que definen ó ser humano. Somos así, e se oimos un freazo o unha discusión decontado parámonos a mirar que pasa. A cultura pOp é só un espello e rompelo é algo que só corresponde á bruxa mala de Brancaneves (e os Sete Ananiños, non o esquezan: tamén deberían prohibirse). A Comisión Británica para a Igualdade Racial é a bruxa e a súa prohibición a mazá envelenada. Pero o desexado Holocausto da Cultura pOp é en realidade unha tarefa imposíbel porque sempre chegará unha dominatrix nazi para bicar ó populacho e despertalo da sandez borderline.

enmascarado

En realidade estas manobras nunca procuran moldear un futuro mellor, senon borrar un pasado do que avergoñarse. Tintín no Congo, esa argumentalmente pésima mostra de liña clara europea, non é outra cousa que a impecábel plasmación gráfica do colonialismo belga de entreguerras, culpábel dun dos maiores xenocidios da historia da humanidade. Que se pretende intentando borra-las manifestacións da cultura pOp ó respecto? Facernos realmente mellores ou agocha-lo pó debaixo da alfombra? En realidade é unha manobra máis mesquiña que idealizar un mundo no que os negro son parvos e inferiores: pretenden seguir mantendo a primacía do home branco falseando o pasado. Se prohibimos Tintín no Congo borraremos da historia que algún día fomos descaradamente malos. Alguén maxina a prohibición de O nacemento dunha nación de D.W. Griffith por xustificar o Ku Klux Klan? Ou de Metrópolis de Lang por presentar metafóricamente o ideario nacionalsocialista no que o gran capital e o proletariado únense para derrotar ó pérfido xudeu? Pois que empezen por aí se teñen ovos.

De feito, elimina-la icona do negriño tontorrón rematou por resultar racialmente nefasto. Adiquei boa parte do meu longuísimo estudo sobre o Superheroe Negro (Black Super Power, máis de 36.000 palabras ó respecto que poden atopar nos Mondo Brutto 35 e 36) a explicar precisamente o tránsito desa inocente icona racista a outro mundo peor: o do iracundo negro enoxado. Coido que explicareino rápido acudindo a un exemplo (que tamén utilizou RAW para explicar outro caso semellante falando do feminismo na súa terceira entrega do Gatillo Cósmico): Rodney King, o negro salvaxemente apaleado por policías dos Ánxeles cuxa posteriro absolución xudicial (pese ás esclarecedoras imaxes) provocou a máis tremenda black riot recente. Maxinan esa mesma sentencia xudicial se a icona pop do negro seguira sendo a do negriño tonto? Non, porque o negriño tonto entenrence ós xurados. E é que a memez do politicamente correcto é o que ten: que remata resultando inda máis perversa.

riot

Xenial artigo de Lord Absence no seu bló a raíz disto. (engadimos algunha ligazón adicional) As imaxes son do seu bló e a saber de onde as tirou.

 

About Author

CINEMA FRIKI é un blogue de novas e de opinión sobre o cinema que máis nos gusta. Aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, de chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series e moito máis teñen sitio neste recuncho da internet que levamos facendo interrumpidamente dende 2005. CINEMA FRIKI fai parte da rede de blogues Vencello.