O holocausto pop

26 Xullo 2007

o sexo débil

Estou dacordo co culto ó politicamente correcto en moitos temas. De feito, só discrepo de quenes patrocinan esta actitude en que non me gusta a súa intolerancia, os seus métodos feixistas, que introduciran o lavado de cerebro maoísta no noso mundo académico, a súa absoluta falla de humor, as súas constantes agresións ó sentido común, a súa vontade de destrui-la nosa Constitución e a súa escasa humanidade. Agás estas pequeneces, a súa idea non me parece demasiado mala.

Robert Anton Wilson; O Gatillo Cósmico III: A miña vida após a morte

Leo que a Comisión Británcia para a Igualdade Racial quere prohibir a venda de Tintín no Congo, a pésima segunda entrega do famoso reporteiro belga. Estas manobras do politicamente correcto resultan tan cansativas como parvas, ademáis de esteris no que pretenden. Vale, quizabes acaden prohibilo (inda que de momento semella que só fixeron aumenta-las súas vendas), pero entendan: toda a cultura pop, absolutamente toda, é politicamente incorrecta e merecería ser prohibida seguindo eses criterios tan curtos de miras con arraigado na profunda idiocia da sociedade borderline. A maldade oriental de Fu-Manchú (de moi británica orixe e xustificativa das pouco explicadas Guerras do Opio), a agresión sexual como leit motiv do melodrama, a idealizacion grafica do heroe como macho caucásico, o amigo negro do bo, o caníbal amazónico, a heroína delectamente torturada ou como “ghamona” lixeira de roupa, a homosexualidade reprimida como explicación do psicópata pulp, a pelexa de fémias na lama, o moza do bo, o cruel apache curta cabeleiras, o deforme como obxecto de burla, o mexicano traizoeiro, o monstro como ente aniquilábel pola súa anormalidade…

A cultura pOp alicerzase en terreos de escasa moralidade e aí está a súa grandeza. A cultura pOp non procura agradar po-los seus bos sentimentos senon po-los seus baixos instintos que definen ó ser humano. Somos así, e se oimos un freazo o unha discusión decontado parámonos a mirar que pasa. A cultura pOp é só un espello e rompelo é algo que só corresponde á bruxa mala de Brancaneves (e os Sete Ananiños, non o esquezan: tamén deberían prohibirse). A Comisión Británica para a Igualdade Racial é a bruxa e a súa prohibición a mazá envelenada. Pero o desexado Holocausto da Cultura pOp é en realidade unha tarefa imposíbel porque sempre chegará unha dominatrix nazi para bicar ó populacho e despertalo da sandez borderline.

enmascarado

En realidade estas manobras nunca procuran moldear un futuro mellor, senon borrar un pasado do que avergoñarse. Tintín no Congo, esa argumentalmente pésima mostra de liña clara europea, non é outra cousa que a impecábel plasmación gráfica do colonialismo belga de entreguerras, culpábel dun dos maiores xenocidios da historia da humanidade. Que se pretende intentando borra-las manifestacións da cultura pOp ó respecto? Facernos realmente mellores ou agocha-lo pó debaixo da alfombra? En realidade é unha manobra máis mesquiña que idealizar un mundo no que os negro son parvos e inferiores: pretenden seguir mantendo a primacía do home branco falseando o pasado. Se prohibimos Tintín no Congo borraremos da historia que algún día fomos descaradamente malos. Alguén maxina a prohibición de O nacemento dunha nación de D.W. Griffith por xustificar o Ku Klux Klan? Ou de Metrópolis de Lang por presentar metafóricamente o ideario nacionalsocialista no que o gran capital e o proletariado únense para derrotar ó pérfido xudeu? Pois que empezen por aí se teñen ovos.

De feito, elimina-la icona do negriño tontorrón rematou por resultar racialmente nefasto. Adiquei boa parte do meu longuísimo estudo sobre o Superheroe Negro (Black Super Power, máis de 36.000 palabras ó respecto que poden atopar nos Mondo Brutto 35 e 36) a explicar precisamente o tránsito desa inocente icona racista a outro mundo peor: o do iracundo negro enoxado. Coido que explicareino rápido acudindo a un exemplo (que tamén utilizou RAW para explicar outro caso semellante falando do feminismo na súa terceira entrega do Gatillo Cósmico): Rodney King, o negro salvaxemente apaleado por policías dos Ánxeles cuxa posteriro absolución xudicial (pese ás esclarecedoras imaxes) provocou a máis tremenda black riot recente. Maxinan esa mesma sentencia xudicial se a icona pop do negro seguira sendo a do negriño tonto? Non, porque o negriño tonto entenrence ós xurados. E é que a memez do politicamente correcto é o que ten: que remata resultando inda máis perversa.

riot

Xenial artigo de Lord Absence no seu bló a raíz disto. (engadimos algunha ligazón adicional) As imaxes son do seu bló e a saber de onde as tirou.

Publicado na categoría Nós-rules | Trackback | del.icio.us | Enriba

2 respostas a “O holocausto pop”

  1. absence di:

    Un honor ver mis palabras traducidas al gallego. Gracias

  2. Otra chilanga di:

    Cuando lo “políticamente correcto” se interpone con el trabajo artístico la creación está siendo llevada a un terreno pedregoso donde la libertad pierde ante la censura, pues se presupone que en principio la obra de arte pasa a ser una mercancía que habría de ser regulada bajo criterios que lo son ajenos y, en segundo término, que el “público” que la consume es imbécil o carece del más mínimo de los criterios como para dilucidar entre el discurso estético y el político.

    Saludos desde México.

Deixa unha resposta

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image